Buscar en ficheiros TMX

De Proxecto trasno

Buscar en ficheiros TMX

O Proxecto Trasno leva poñendo a disposición pública ficheiros TMX con compendios de traducións para unha chea de proxectos de tradución de software libre desde hai algún tempo. O conxunto destes ficheiros TMX é o maior conxunto de traducións de software dispoñíbel actualmente.

Para poder realizar buscas en ditos ficheiros hai que seguir o seguinte:

 $ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done


Nota: Hai que ter en conta que é posíbel que por despiste non todos os arquivos sexan tar.gz. Non é raro que algún arquivo sexa un zip.

Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde:

 $ grep -A 5 "guillemet" *.tmx

Onde guillemet vén sendo o texto a buscar nos ficheiros. Este texto pode ser unha frase.

A opción -A permite indicar cantas liñas de contexto posteriores á liña onde se atopa o texto a buscar se mostrarán. En caso de que no contexto posterior non se poida ver a tradución só será necesario aumentar dita cantidade para mostrar máis liñas.

Tamén é posíbel buscar empregando expresións regulares:

 $ egrep -A 5 "open window[s]?" *.tmx

A anterior orde busca aparicións de "open window" e de "open windows".

Ferramentas persoais