Coordinación do desenvolvemento do corrector Hunspell de galego

De Proxecto trasno

(Redirixido desde "Corrector Hunspell")

Ir a «Corrector Hunspell de galego».

Índice

Esta páxina ten por obxectivo servir de punto de encontro para os contribuidores do corrector Hunspell de galego. Para información xeral sobre o corrector, véxase a páxina en trasno.net.

O código fonte do corrector Hunspell de galego está aloxado en GitHub.

Para aprender a traballar co código fonte co corrector, véxase a Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego.

Informar de erros e propoñer melloras

A mellor forma de informar de erros e propoñer melloras é a través do proxecto de GitHub, que permite conversar facilmente e deixar un rastro fácil de consultar para a posterioridade.

Se por algún motivo non se desexa usar GitHub, pódense usar algunhas das seccións de embaixo nesta páxina.

Erros e propostas pendentes

Nota: Aquí calquera que queira anotará erros detectados ou propostas de mellora do corrector. Unha vez valorado polos desenvolvedores, anotaranse noutro espazo da folla ou aplicaranse e indicarase.

Palabras correctas marcadas coma incorrectas

Palabras incorrectas marcadas coma correctas

Nota: Antes de engadir un erro deste tipo, asegúrese de que de verdade é un erro. Unha palabra pode non ser correcta como adxectivo ou substantivo pero si ser unha forma válida dun verbo. Por exemplo: diferencia - verbo, diferenza - substantivo. Se pensa que a palabra, aínda que tecnicamente correcta, debería marcarse como incorrecta porque é máis frecuente que apareza nun contexto no que é incorrecta que nun contexto no que é correcta, achegue a palabra á tarefa de prohibición de palabras.

Suxestións

Nota: Este espazo é para suxestións xenéricas e xerais. Engada as suxestións de parellas de palabras á lista da Galipedia en vez de a esta páxina (por exemplo: «árbol → árbore»). Teña en conta que só poden engadirse suxestións, non poden eliminarse (sen, por regra xeral, eliminar outras útiles) ou cambiar a orde das suxestións existentes.

Erros e propostas sen fontes

Os seguintes erros e propostas aínda non se corrixiron ou aplicaron no corrector, a falta dunha fonte que os apoie, dado que non están contemplados no dicionario da Real Academia Galega.

Debe achegarse unha fonte para eliminalos da lista:

  • Ou ben unha fonte que apoie a súa validez; nese caso o termo engadirase ao corrector, xeralmente nun módulo para termos da fonte en cuestión que o valida.
  • Ou ben unha fonte que condene a súa validez; nese caso, o corrector actualizarase para fornecer suxestións para o termo.

Se coñece algunha fonte pro-RAG que apoie ou condene a validez de algún destes termos, non dubide en facérnolo saber.

Pode engadir vocabulario a partir de aquí.

Véxase tamén

Ferramentas persoais