Corrector Hunspell de galego

De Proxecto trasno

Índice

Esta páxina é o punto de referencia para a documentación relacionada co corrector Hunspell de galego.

Para información xeral sobre o corrector, véxase a páxina en trasno.net.

Instalar

A continuación explícase como instalar o corrector Hunspell de galego nos diferentes aplicativos e sistemas operativos compatíbeis.

Aplicativos

Sistemas operativos e distribucións

  • Ubuntu
    Instala o paquete hunspell-gl-es.
  • Debian
    Instala o paquete hunspell-gl-es.
  • Chakra
    Instala o paquete hunspell-gl dos repositorios oficiais.

Descargar as fontes

A última versión do código fonte do corrector Hunspell de galego pode descargarse de GitHub.

Tamén hai versións máis estables dispoñíbeis en SourceForge.

Para construír o corrector a partir das fontes, é necesario ter instalada a ferramenta «scons». O código fonte inclúe instrucións máis detalladas sobre como construír o corrector a partir das fontes.

Contribuír

Ferramentas persoais