Nomes de signos tipográficos e ortográficos

De Proxecto trasno

Índice

Ortográficos

< . > 
punto
< ; > 
punto e coma
< : > 
dous puntos
< … > 
elipse
é un único signo tipográfico, correspondese cos tres puntos (...) suspensivos
< , > 
coma ou vírgula
< ^ > 
acento circunflexo
< ´ > 
acento agudo (á é í ó ú)
< ` > 
acento grave (à è ì ò ù)
< ¨ > 
diérese (ï ü)
< ¿ > < ? > 
signo de interrogación
o signo de apertura < ¿ > non se emprega en galego
< ¡ > < ! > 
signo de admiración
o signo de apertura < ¡ > non se emprega en galego
< ' > 
apóstrofo
en matemática < ' > minuto de ángulo
< - > 
guión
< '…' > 
comiñas simples ou inglesas, non vale comiña
en matemática < ' > minuto de ángulo
< "…" > 
comiñas duplas ou inglesas duplas
en matemática < " > segundo de ángulo
< «…» > 
comiñas latinas
as que se deben empregar en galego

Notas:

  • Algúns deles son combinábeis, como < ?! > ou duplicabeis < !!!>
  • Despois de < ? > e de < ! > non se pode usar < . >

Tipográficos

< (…) > 
paréntese(s)
< […] > 
corchete(s)
< {…} > 
chave(s)
< * > 
asterisco
< / > 
barra
< \ > 
barra inversa
< ─ > 
trazo ou raia
máis longa que o guión < - >
< § > 
parágrafo
destacar que en inglés empregase para referir a unha sección, observar o seu nome latino «Signum sectionis» e que correspondese cun SS (dobre ese)
vide §17 (ver a sección 17)
< ¶ > 
antígrafo, información complementaria (Filol.)
non confundir co < ¶ > caldeirón que é un símbolo de notación musical
< @ > 
aínda que o nome é «arroba» en informática ten o valor «en» («at» en inglés)
vexamos:
nun enderezo de correo do tipo usuario@servizo.dom
leríase usuario en servizo punto dom
de feito moita xente adoita agochar (aos robots) os enderezos empregando usuario[en]servizo[punto]dom
< # > 
grade ou grella
en inglés usase como símbolo de numeral, substitúese por < núm. >
non confundir co díese (*sostido), ou co becuadro (♮), estes dous son símbolos de notación musical.
< & > 
et
alternativa gráfica da conxunción copulativa latina et
< | > 
canalización
elemento empregado en informática correspondese co pipe inglés
< · > 
punto mediano ou interpunto
en catalán coñecese como punt volat (punto voado)
Ferramentas persoais