Propostas en estudo sen asignar data

De Proxecto trasno

Índice

Proposta - Elaboración dunha guía para a estandarización do galego no software libre

Proposta de Xunta directiva Data da proposta: marzo 2010

Descrición

Elaborar unha guía libre de localización que permita estandarizar o galego no software libre ao incluír:

  • convenciós sobre da aplicación da norma ortográfica e morfolóxica da Real Academia Galega
  • convencións sobre da puntuación, uso de maiúsculas, enumeracións e outras cuestións de formato
  • convencións de estilo de lingua
  • instruccións para a correcta tradución dende o inglés
  • abreviaturas, topónimos, idiomas, moedas e outros apéndices relevantes
  • unha resolución sobre da terminoloxía básica e un procedemento para a elaboración e fixación de novos termos
  • e consensuar o contido da mesma contando coas principais entidades do software libre e da lingua galega.

Sen prexuízo de adhesión de outras entidades ao proceso de elaboración ou de ratificación, como empresas adicadas á localización de software libre, créese especialmente desexable a participación de:

  • O Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega (TERMIGAL), sección da Real Academia Galega
  • Os Servizos de Normalizaciónn Lingüística das Universidades de Santiago e de A Coruña e a Area de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
  • O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
  • As Oficinas de Software Libre das Universidades de Santiago de Compostela, de A Coruña e de Vigo
  • A guía que se elabore, froito desta colaboración conxunta, vai ser asumida como referencia inescusable para as interfaces en galego (escritorio e servizos en rede con interface cara os cidadáns usuarios) nos traballos que realice a Asociación.

Xustificación

A localización realizada por voluntarios que difiren no seu grao de implicación e contribución. A consecuencia sobre da calidade do produto realizado disto é a inconsistencia tanto interna como entre proxectos das traducións; non só por erros derivados de descoñecer ou non aplicar a normativa oficial do galego, senón por aplicar criterios diferentes aos doutros voluntarios.Porén, e como exemplo, as traducións de interfaces gráficas, para evitar confundir ao usuario final, precisan de ser exactas: de seguir criterios estritos na escolla da terminoloxía e na escolla normativa. Por iso é necesario que a labor dos voluntarios teña o referente dunha guía de estilo de localización ao galego que sexa coherente, completa e rigorosa. Ao mesmo tempo é preciso establecer un criterio obxectivo para a toma de decisións na resolución das correspondencias dos termos ingleses no noso idioma, que no ámbito das novas tecnoloxías xorden continuamente.

Ao longo do tempo foron múltiples os esforzos de diferentes persoas ou entidades fixeron para chegar a unha guía de estilo aplicable á tradución. Ningunha desas guías chegou a ser usada por toda a comunidade de usuarios xa que ningunha pode ser considerada como definitiva ou completa. Igualmente, tampouco existe un criterio preestablecido de como afrontar a aparición de novos termos, fóra do consenso termo a termo trala discusión nos grupos de tradución. Inda máis, múltiples veces a concesión de proxectos a empresas adicadas á localización ignoraron os convenios adquiridos pola comunidade de usuarios, ben por nula interacción coa comunidade ben por aplicar criterios internos que non necesariamente coinciden cos aplicados pola comunidade

Por iso, é preciso pechar o debate estandarizando o galego neste ámbito, se é que se pretende aplicar verdadeiros criterios de control de calidade nas localizacións de software libre que repercutan en beneficio dos usuarios tanto domésticos como de produtos empresariais.

Liña estratéxica

Estandarización do galego na localización de software libre.

Público obxectivo

Membros da comunidade de localización ao galego, as entidades colaboradoras mencionadas e as empresas do software libre galegas.

Impacto

Os resultados do proxecto teñen un impacto directo, en primeira instancia, sobre da comunidade de localización ao galego ao lles aportar unha necesaria ferramenta de traballo, e, a medio e longo prazo, sobre dos usuarios finais dos produtos localizados que se benefician da mellora de calidade dos produtos que se lles ofrece (ie. repercute positivamente na labor dos docentes cando traballen con FLOSS no sistema educativo ou no persoal e clientes de empresas que traballen con software libre).

Datas de execución

Prevese un perıodo de 3 meses para a elaboración dun borrador de traballo elaborado a partir dos documentos existentes realizado pola Asociación Proxecto Trasno e un período posterior de 5 meses para o traballo conxunto sobre dese borrador coas entidades colaboradoras. Considéranse un mínimo de dúas reunións físicas de traballo coas entidades colaboradoras, unha primeira no mes de XXX e unha segunda no mes de XXX ou XXX.

Prevese posteriormente poder editar a guía en formato impreso e publicitala.

Custo económico

nill

Ferramentas persoais