Termos frecuentes

De Proxecto trasno

Este é o noso dicionario informático de termos máis frecuentes. Para cada palabra inglesa, pode haber varias posíbeis traducións ao galego (indicadas con números). Cada unha delas leva a categoría gramatical que lle corresponde, e nalgúns casos indícase se é unha forma recomendada sobre as outras. Ademais, inclúese ás veces un comentario para clarexar pequenos matices sobre as traducións, ou facer mención de formas incorrectas.

Podes consultar outros dicionarios informáticos en Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo

NOTA: Este glosario está parcialmente obsoleto. O glosario que se utiliza actualmente no Proxecto Trasno inclúe os acordos adoptados nas Trasnadas así como os termos deste glosario que non foron tratados nas Trasnadas, e pódese descargar en formato TBX.


NOTA: Tamén pode consultar a páxina web de consulta dinámica de terminoloxía do Proxecto Trasno (require ter Javascript activado no navegador). A páxina de consulta dinámica contén exactamente a mesma terminoloxía incluída no ficheiro TBX.

Pódese descargar en páxina dos resultados das Trasnadas. Unha vez descargada a páxina de consulta dinámica non é necesario dispoñer dunha conexión á Internet para poder consultar a terminoloxía.


Termos informáticos máis frecuentes

Índice alfabético

A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

A

  • abort
  1. v.i. interromper
  2. v.i. cancelar
  • about
  1. prep. acerca de (recomendada)
  2. prep. sobre
~ to: a piques de (recomendada); a punto de
Nota: acerca de recoméndase para cando nas interfaces gráficas se mostra información sobre o programa, os seus creadores...

Noutros contextos pódese traducir de moitos outros xeitos que non poñemos neste glosario.

  • accelerator
  1. n.m. atallo (de teclado)
  • account
  1. n.f. conta
  • add
  1. v.t. engadir
Non son correctos añadir nin adicionar
  • add on
  1. v.t. engadir
  2. v.t. agregar
  3. v.t. amecer
  • add-on
  1. n.m. complemento
Véxanse tamén: complement, extension e plug-in
  • address
  1. n.m. enderezo (recomendado)
Non se aceptan dirección nin direción
  • alias
  1. n.m. alcume
  2. n.m. alcuño
  3. n.m. sobrenome
  4. n.m. alias
  • align
  1. v.t. aliñar
  • allocate
  1. v.t. asignar
Evitar os barbarismos alocar ou alocatar
  • appearance
  1. n.f. aparencia
Apariencia é castelanismo
  • applet
  1. n.f. applet (recomendado)
  2. n.f. miniaplictivo
  3. n.m. trebello
  4. n.m. cachivache
  5. n.m. chintófano
Nota: Non traducir como aplicacionciña nin como aplicadela. Applet é de xénero femininino por vir de aplicación.

Trebello, cachivache e chintófano son para os miniaplicativos do escritorio.

  • archive
  1. v.t. arquivar
  • archive
  1. n.m. arquivo
  • arrow
  1. n.f. frecha
Flecha é incorrecto
  • attach
  1. v.t. incluír (recomendado)
  2. v.t. anexar
  3. v.t. achegar
Usar anexar ou achegar cando incluír poida resultar ambigua
  • attachment
  1. n.m. anexo
A palabra adxunto non está recomendada
  • attribute
  1. n.m. atributo
A palabra característica non está recomendada
  • authenticate
  1. v.t. autenticar (recomendado)
  2. v.t. autentificar
Autenticar é a única opción que recolle o VOLG.
  • authentication
  1. n.f. autenticación (recomendado)
  2. n.f. autentificación
  • axis
  1. n.m. eixe
Eixe é a forma recomendada pola RALG en vez de eixo.


Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

B

  • backend
  1. n.m. motor
  • background
  1. n.m. fondo
  • backup
  1. n.f. copia de seguridade (recomendado)
  2. n.m. backup
  • backup
  1. v.t. facer (unha) copia de seguridade
  • ban
  1. v.t. (xeral) excluir, inhabilitar, recusar, vedar
  • banner
  1. n.m. cartel (publicitario)
  • baseline
  1. n.f. liña base dos caracteres
  • bell
  1. n.f. campá
campana é castelanismo
  • bind
  1. v.t. asociar
  • binding
  1. n.f. asociación
  2. n.f. asignación
  3. n.m. atallo (de teclado)
  • bitmap
  1. n.m. mapa de bits
  • bitrate
  1. n.m. taxa de bits
  • blame
  1. v.t. (repositorios) responsabilizar, atribuir a autoría, culpar
  • blink
  1. v.i. pestanexar (recomendado)
  2. v.i. palpebrexar
  3. v.i. escintilar
  • block
  1. n.m. bloque
Bloco é lusismo
  • blog
  1. n.m. blogue
  2. n.f. bitácora
  • blur
  1. v.t. desenfocar
  2. v.t. esvaecer
Non usar difuminar
  • bold
  1. adx. grosa
  2. adx. negra
  • bookmark
  1. n.m. marcador (recomendado)
  2. n.m. marcapáxinas
  3. n.m. favorito
  • boot
  1. v.t. arrincar
  2. v.t. iniciar
  3. v.t. arrancar
  • bootloader
  1. n.m. cargador de arrinque
  2. n.m. cargador de inicio
  3. n.m. xestor de arrinque
  4. n.m. xestor de inicio
  • border
  1. n.m. bordo
Borde é castelanismo
  • bot
  1. n.m. robot (programa informático que se fai pasar por unha persoa)
  • breakpoint
  1. n.m. Punto de interrupción [recomendado]
  2. n.m. Punto de parada
  • browse
  1. v.t. buscar
  2. v.t. procurar
  3. v.t. examinar
  4. v.t. navegar
  5. v.t. explorar
Nota: É unha palabra que aparece en moitos contextos. Pode servir para "browse a webpage/manpage" (navegar, explorar), "browse a list of entries" (examinar, explorar), "Browse..." (para atopar un ficheiro) (buscar, procurar, examinar, explorar)
  • browser
  1. v.t. navegador (recomendado)
  2. v.t. explorador
  • buddy
  1. n.m. colega
  2. n.m. amigo
  • buddy icon
  1. n.f. imaxe persoal
  • buffer
  1. n.m. búfer (recomendada)
Desaconséllase usar as traducións memoria intermedia, almacenador intermedio ou buffer. Búfer leva til no u.
  • bug
  1. n.m. erro (recomendado)
  2. n.m. bug
  • build
  1. v.t. e v.i (desenvolvimento; xeral) construir [recomendado]
  2. v.t. e v.i. (desenvolvimento) compilar
  3. v.t. e v.i. (procesamento de información) xerar
  • build-in
  1. v.t.(xeral) incorporar
Evítese traducir como incrustar ou análogas
  • built-in
  1. n.m. e n.f (xeral) Incorporado, -a
  • button
  1. n.m. botón
  • byte
  1. n.m. byte (recomendado)
  2. n.m. octeto

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

C

  • cache
  1. n.f. caché
  2. n.f. memoria caché
  • calendar
  1. n.f. axenda
  2. n.m. calendario
Nota: Moitos programas usan calendar para se referir ó lugar onde se apuntan as cousas que hai que facer nun plano horario.

Isto denomínase comunmente en galego, portugués e castelán como axenda, malia que algúns coñecidos programas de Microsoft usen calendario.

  • cancel
  1. v.t. cancelar
  • canvas
  1. n.m. lenzo
  • card
  1. n.f. tarxeta (recomendado)
  2. n.f. placa
  • caret
  1. n.m. acento circumflexo
  2. n.m. cursor, ponto de inserción, sinal de inserción
Nota: Por "cursor" normalmente enténdese un punto que é estabelecido mediante o rato e que adoita ter forma de frecha ou de cruz. Porén "caret" é o sinal gráfico dos editores que indica onde se escrebe texto, e adoita ter a forma dunha barra vertical con dúas gallas en riba e outras dúas en baixo, horizontais, a cada lado da vertical.
  • cell
  1. n.f. cela
Celda é castelanismo
  • change
  1. v.t. trocar (recomendado)
  2. v.t. mudar
  3. v.t. cambiar
  • channel
  1. n.f. canle (recomendado)
  2. n.m. canal
Na maioría das situacións no contexto da informática pódese usar canle.
  • charset
  1. n.m. xogo de caracteres
  • check
  1. v.t. comprobar
  2. v.t. verificar
  3. v.t. marcar (un cadro)
  • childframe
  1. n.f (gui) subxanela, subfiestra.
É un modo das interfaces gráficas, algo arcaico, no cal unha fiestra aparece incluída dentro de outra.
  • choose
  1. v.t. escoller
  2. v.t. elixir
Elexir é castelanismo
  • click
  1. v.t. premer
  2. v.t. calcar
  3. v.t. facer clic
Evítense os barbarismos clicar ou cliquear.
Usar facer clic cando sexa necesario (por exemplo, traducir double click por facer dobre clic)
  • clipboard
  1. n.m. portarretallos (recomendado)
  2. n.f. área de transferencia
  3. n.m. portapapeis
  • clock
  1. n.m. reloxo
Reloxio non é correcto.
  • close
  1. v.t. pechar (recomendado)
  2. v.t. fechar
  3. v.t. cerrar
  • closed captioning
  1. n.m subtítulos opcionais
Nota: O sistema de subtítulos opcionais diferénciase do de subtítulos convencionais en que non forman parte integral da imaxe mostrada no televisor, senón que poden mostrarse ou non á vontade do espectador. Para velos fai falla un descodificador especial, que ven integrado nalgúns televisores. Van codificados na liña 21 do (VBI).
  • cluster
  1. n.m. cluster (recomendado)
  2. n.m. bloque
  • color
  1. n.f. cor (recomendado)
  2. n.f. color
Ámbalas dúas formas son femininas.
  • column
  1. n.f. columna
  • command
  1. n.m. comando (recomendado)
  2. n.f. orde
Aconséllase comando por ser orde confusa, aínda que o seu significado sexa máis exacto
  • complement
  1. n.m complemento
Véxase tamén: add-on, extension e plug-in
  • completion
  1. n.m. completado
  • computer
  1. n.m. ordenador (recomendado)
  2. n.m. computador
  • connector
  1. n.m. conectador
Non usar conector
  • control
  1. n.m. control
controlo é lusismo
O plural irregular é controles, non controis
  • convert
  1. v.t. converter
Convertir é castelanismo
  • core file
  1. n.m. ficheiro core
Núcleo non é correcto neste contexto.
  • cryptography
  1. n.m. cifrado
  2. n.f. criptografía
  • cursor
  1. n.m. cursor
  • customize
  1. v.t. personalizar
Persoalizar é pseudo-galeguismo.
Evita-lo barbarismo customizar


Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

D

  • daemon
  1. n.m. daemon
Nota: A palabra galega demo equivale habitualmente en inglés a demon. Daemon é un latinismo empregado no mundo Unix como un acrónimo co significado de Disk And Execution MONitor. Aínda que a escolla da palabra ten relación co seu significado orixinal de divindade adscrita ó destino dunha persoa (que en calquera caso non se corresponde co máis habitual en galego), é aconsellable non traducila para así mante-lo termo como un acrónimo.
  • data
  1. n.m. datos
Data en inglés é plural
  • date
  1. n.f. data
Fecha é castelanismo.
  • debug
  1. n.f depuración (recomendado)
  2. n.m. debug
  • debug
  1. v.t. depurar
  • decrypt
  1. v.t. descifrar
  • default
  1. adx. predeterminado (que se usa en principio de non indicarse o contrario)
  2. adx. predefinido (definido previamente, pode ser predeterminado ou non)
  3. adx. por omisión
  • default
  1. n.m. predefinición
  • delete
  1. v.t. borrar

deliver

  1. v.t. entregar
  2. v.t. enviar
  • description
  1. n.f. descrición
Descripción é castelanismo
  • deselect
  1. v.t. deseleccionar
  • desktop
  1. n.m. escritorio
  • develop
  1. . v.t. desenvolver
Non se pode utilizar desenrolar con este significado
  • development
  1. n.m. desenvolvemento
  • device
  1. n.m. dispositivo
  • directory
  1. n.m. directorio
  • disable
  1. v.t. desactivar
  2. v.t. deshabilitar
  • diskette
  1. n.m. disquete (recomendado)
  2. n.m. disco
Só usar disco cando non haxa confusión con outra clase de discos
  • display
  1. v.t. amosar
  2. v.t. mostrar
  3. v.t. escribir
  4. v.t. visualizar
  • display
  1. n.f. pantalla
  2. n.m. visualización
  3. n.m. display
  • dock
  1. v.t. acoplar
  • download
  1. v.t. baixar
  2. v.t. descargar
  3. v.t. recibir
  • download
  1. . n.f. descarga
  • draft
  1. n.m. borrador
  • drag
  1. . v.t. arrastrar
  • draw
  1. v.t. debuxar
Dibuxar é castelanismo
  • drive
  1. n.f. unidade
  • driver
  1. n.m. controlador (recomendado)
  2. n.m. driver
Usar driver só cando a forma controlador sexa confusa.
  • drop
  1. v.t. soltar
  • dump
  1. v.t. envorcar
Volcar é castelanismo

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

E

  • edge
  1. n.f. beira
  2. n.m. límite
  3. n.m. bordo
  • e-mail
  1. n.m. correo-e
  2. n.m. correo electrónico
  3. n.m. e-mail
Usar mensaxe cando sexa contable (ver o comentario de mail)
  • emboss
  1. n.m. (procesamento de imaxe) relevo, elevación
  2. v.t. (procesamento de imaxe) elevar
Nota: Úsase en xeral como nome dunha extensión ou filtro de procesamento de imaxes que dá un efeito de profundidade ou saliencia a unha superficie.
  • empty
  1. adx. baleiro
  • empty
  1. . v.t. baleirar
  • enable
  1. v.t. activar
  2. v.t. habilitar
  • encrypt
  1. v.t. cifrar
Nota: Encriptar non é correcto (segundo as interpretacións, poderíase entender como meter nunha cripta¡')
  • encryption
  1. n.m. cifrado
  • enter
  1. v.t. introducir ('Enter your name' = 'Introduza o seu nome')
  2. v.t. entrar ('Enter directory' = 'Entrar no directorio')
  • environment
  1. n.m. ambiente (recomendado)
  2. n.m. contorno
Entorno é castelanismo
  • expire
  1. v.t. caducar
  • extended partition
  1. n.f. partición estendida
Estendida ven de estender, polo que se grafa con s.

extension

  1. s.f. extensión (recomendada)
  2. s.m. engadido
Véxase tamén: add-on, complement e plug-in

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

F

  • fail
  1. v.t. fallar
  2. v.t. errar
Faiar é incorrecto
  • fail
  1. n.f. falla (recomendado)
  2. n.m. erro (recomendado)
  3. n.m. fallo
Fallo non está aconsellado por algúns diccionarios, pero está admitido no da Real Academia.
  • fallback
  1. adx. de reserva
  2. adx. de emerxencia
  • fatal error
  1. n.m. erro moi grave (recomendado)
  2. n.m. erro fatal
  • favicon
  1. n.f icona de páxina
Nota: O nome favicon procede do inglés favorites icon e refírese ás pequenas imaxes no formato .ico con un tamaño arredor dos 16x16 píxeles que quedan gardadas nun sitio web para ser mostrados xunto ao URL ou ao nome da páxina, no navegador.
  • feature
  1. n.f. funcionalidade
  2. n.f. característica
  3. n.f. capacidade
  4. n.f. función
  • file
  1. n.m. ficheiro (recomendado)
  2. n.m. arquivo
Nota: Recoméndase deixar arquivo para archive, para poder traducir cousas do inglés como Compress files in an archive.

Ficheiro e fichero son as formas ibéricas do portugués e o castelán. A presencia de arquivo e archivo' débese á influencia sudamericana. As traduccións castelás son comúns e optan por archivo. As traduccións portuguesas son distintas ás brasileiras, e manteñen por iso a forma ficheiro. Nas outras linguas románicas, úsase sempre a forma con esa raíz: francés (fichier), catalán (fitxer), italiano (file), romanés (fisier), occitano (fiquier) valón (fitchî)


  • file
  1. v.t. arquivar
Non temos nada semellante a ficheirar, así que temos que usar arquivar. É un verbo pouco habitual
  • fill
  1. v.t. encher
  2. v.t. completar
A tradución depende do contexto.
  • fill
  1. n.m. recheo
  • find
  1. v.t. buscar
  2. v.t. atopar
Depende do contexto. Os ingleses usan find co senso de buscar
  • firewall
  1. n.m. cortalumes (recomendado)
  2. n.f. devasa (recomendado)
  3. n.f. barreira de control
  • flag
  1. n.m. flag
  2. n.f. bandeira
  3. n.f. marca
  4. n.m. sinalador
  5. n.m. indicador
  • floppy disk
  1. n.m. disquete
  • folder
  1. n.f. cartafol (recomendado) pl. cartafoles (Palabra composta por carta e fol. Fol é monosílabo e forma o plural con foles)
  2. n.f. pasta
  • font
  1. n.f. fonte
  2. n.m. tipo de letra
Non usar tipografía. Non usar fonte en contextos onde sexa preferible usar tipo de letra
  • foreground
  1. n.m. primeiro plano
  • format
  1. n.m. formato
  • format
  1. v.t. formatar
  2. v.t. dar formato
Formatear non é unha tradución correcta
  • frame
  1. n.m. fotograma
  2. n.m. marco
  • friendly
  1. -[xeral] adx. simpático
  2. -[xeral] adx. acolledor
user ~: fácil de usar; de manexo simple ou doado
printer ~: versión para imprimir; formato para imprimir
  • frontend
  1. n.f. interface
  • full screen
  1. n.f. pantalla completa

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

G

  • gateway
  1. n.f. pasarela (recomendada)
Non usar gateway
  • gesture
  1. n.m [xeral] aceno
  2. n.m [xeral] xesto
Rocker ~ : [gui] aceno cos botóns
Shape ~   : [gui] aceno co rato
Nota: Os acenos feitos cos botóns e co rato son dous xeitos diferentes de activar funcións dun programa mediante un sistema de atallo que non emprega máis que o rato. No primeiro caso é a secuencia na que se premen os botóns a que serve de atallo, no segundo é a figura que se debuxa do rato, mantendo unha tecla premida. Son habituais en navegadores web, están disponíbeis en konqueror, firefox e Opera.
  • glossy paper
  1. n.m. papel brillante
En galego non existe a palabra satinado
  • glyph
  1. n.m símbolo
  2. n.m glifo
  • gradient
  1. n.m. degradado (recomendado)
  2. n.m. gradiente
  • grid
  1. n.m. enreixado
Rexiña e relliña non son correctos.
  • guideline
  1. n.f. liña-guía
Non confundir con guidelines.
  • guidelines
  1. n.f. liñas mestras
  2. n.f. directivas
  3. n.f. normativa
  4. n.f. orientacións
  5. n.f. liñas-guía (mirar guideline)

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

H

  • handle
  1. v.t. manexar
  2. v.t. xestionar
  • handler
  1. n.m. manexador
  2. n.m. xestor
  • hard disk
  1. n.m. disco duro (recomendado)
  2. . n.m. disco ríxido
  • head
  1. n.f. cabeceira
  2. n.f. cabeza
  • help
  1. n.m. axuda
  • hide
  1. n.m. agochar (recomendado)
  2. n.m. esconder
  3. n.m. ocultar
  • highlight
  1. v.t. resaltar (recomendado)
  2. v.t. realzar
  • highlight
  1. n.m. resalte (recomendado)
  2. n.m. realce
  • host
  1. n.f. máquina
  2. n.m. servidor
Hóspede non é correcto.
  • however
  1. sen embargo
  2. non obstante
  3. en troques
  4. ainda así
Nembargantes non é correcto.
  • hub
  1. n.m (hardware, redes) concentrador

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

I

  • icon
  1. n.f. icona
Non son correctos icono nin ícone.
  • iconify
  1. v.t. iconificar
  • inbox
  1. n.f. caixa de correo (recomendado)
  2. n.m. buzón
  • inch
  1. n.f. polgada
Pulgada é castelanismo.
  • incoming
  1. n.f. entrante
  • indent
  1. v.t. sangrar
Evitar o barbarismo indentar
  • indentation
  1. v.t. sangría
Evitar sangrado e o barbarismo indentado
  • indexer
  1. n.m. indexador
  2. n.m. catalogador
  3. n.m. rexistrador
  • inode
  1. n.m. inode
  2. n.m. inodo
A palabra orixinal node ten un significado difuso, polo que se lle asigna ó termo nodo.
  • insert
  1. . v.t. inserir (recomendado)
Non usar insertar
  • interface
  1. n.f. interface
interfaz é castelanismo.
  • invert
  1. v.t. inverter
invertir é castelanismo
  • italic
  1. adx. cursiva
  • item
  1. n.m. elemento (recomendado)
  2. n.m. obxecto
  3. n.m. ítem

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

J

  • journaling filesystem
  1. n.m. sistema de ficheiros transaccional
  • justify
  1. v.t. xustificar

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

K

  • kernel
  1. n.m. kernel (recomendado)
  2. n.m. núcleo
Usar núcleo cando non haxa posibilidade de confusión
  • kerning
  1. n.m. kerning
  • key
  1. n.f. tecla
  2. n.f. clave
  • key binding
  1. n.m. atallo de teclado
  2. n.f. asignación de teclas
Véxase a traducción do verbo to bind
  • keyboard
  1. n.m. teclado
  • keymap
  1. n.m. mapa de teclado
  • keyring
  1. n.m. chaveiro
  2. n.m. claveiro
  • keyword
  1. n.f. palabra clave
  • kickban
  1. v.t. (redes, irc; recomendado) Expulsar e vedar
  2. v.t (redes, irc) Desterrar

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

L

  • label
  1. v.t. etiquetar
  2. v.t. marcar
  • label
  1. n.f. etiqueta
  • landscape
  1. adx. apaisado
  • launch
  1. v.t. lanzar
  2. v.t. executar
  • layer
  1. n.f. capa
  2. n.m. nivel
  • layout
  1. n.f. disposición
  2. n.m. formato
  • leader line
  1. . n.f. liña directriz (para o texto)
  • library
  1. n.f. biblioteca
  2. n.f. librería
Non hai razón algunha para rexeitar unha palabra como librería, que pode ter o mesmo significado que biblioteca
  • line
  1. n.f. liña
línea é castelanismo
  • link
  1. n.f. ligazón (recomendado)
  2. n.m. enlace
  • link
  1. v.t. ligar (recomendado)
  2. v.t. enlazar
  • load
  1. n.f. carga
  • load
  1. v.t. cargar
carregar é lusismo.
  • log file
  1. n.m. (ficheiro de) rexistro (recomendado)
  2. n.m. (ficheiro de) log
Deixa-lo termo inglés só cando rexistro sexa confuso
  • log in
  1. v.i. facer login, conectar
  2. v.i. entrar no sistema, entrar na conta, etc.
  • login
  1. n.m. login
  2. n.f. conexión
  • look and feel
  1. n.m. aparencia e comportamento
  2. n.m. look and feel

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

M

  • mail
  1. n.m. correo
  2. n.f. mensaxe
Non usar mail (só aceptable en e-mail)
Nota: Correo é un substantivo incontable, polo que as expresións un correo, dous correos, etc... non son correctas. Usar mensaxe nesa situación.
  • mail
  1. . v.t. enviar (unha mensaxe)
  • mailbox
  1. n.f. caixa de correo
Buzón é castelanismo.
  • manage
  1. v.t. xestionar
  • manager
  1. . n.m. xestor
  • map
  1. v.t. relacionar (p.ex. relacionar usuarios)
  2. v.t. trazar (un mapa/plano/unha relación)
  • map
  1. n.f. relación (p.ex. de usuarios)
  • margin
  1. n.f. marxe
Marxe é xénero feminino.
  • master
  1. n.m. mestre
  2. n.m. master
Maestro é castelanismo
  • maximize
  1. v.t. maximizar
  • media
  1. n.m. soporte, soportes
  • media player
  1. n.m. reprodutor multimedia
reproductor pertence á antiga normativa.
  • menu
  1. n.m. menú
  • message
  1. n.f. mensaxe
Como tódalas formas rematadas en -axe, é de xénero feminino
  • miner
  1. n.m (xeral) mineiro
  2. n.m (minaría de datos) analista, extractor [de coñecimento]
Nota: En minaría de datos, o extractor de coñecimento é un programa que vixía ou analisa as actividades dun ordenados, e por ende do seu usuario, co propósito de colleitar información.
  • minimize
  1. v.t. minimizar
  • mixer
  1. n.m. mesturador
Mezclador, mesclador e mexturador non son correctos.
  • mock up
  1. [xeral;interfaces de usuario]s.f. maqueta
  2. s.m. prototipo
  • monitor
  1. n.m. monitor
  • monitor
  1. v.t. monitorizar
Evita-la forma monitorear
  • mount
  1. v.t. montar
  • mount point
  1. n.m. punto de montaxe

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

N

  • namespaces
  1. n.m. espazos de nomes
  • news
  1. n.f. novas
  • nick
  1. n.m. alcume
  2. n.m. sobrenome
  3. n.m. nick
  • node
  1. n.m. nó
  2. n.m. nodo
Nota: Se se está a falar dunha máquina ou outro elemento dunha rede, o significado corresponde ó de , e non ten ningún parecido con nodo.

No caso de estar falando de sistemas de ficheiros, empréguese nodo segundo se explica na traducción de inode

  • nuke
  1. v.t. (redes, irc) cair, atacar

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

O

  • offline
  1. adx. desconectado
  • offset
  1. n.m. desprazamento (recomendado)
  2. n.m. offset
Só deixar o termo inglés cando poida haber confusión
  • ok
  1. v.t. aceptar (recomendado)
  2. interx. ok
  • online
  1. adx. conectado
  • operating system
  1. n.m. sistema operativo
É válido e entendible traduci-la abreviatura OS por SO
  • order
  1. n.f. orde
O xénero é sempre feminino
  • order
  1. v.t. solicitar
  2. v.t. pedir
  • outgoing
  1. adx. sainte
  • output
  1. v.t. amosar
  2. v.t. visualizar
  3. v.t. mostrar
  4. v.t. escribir
  • output
  1. n.f. saída
  • overscan
  1. (imaxe e son) n.f. marxe de seguridade (arredor da área de visión dunha imaxe)
  2. (imaxe e son) n.m. sobrescaneo
  3. (imaxe e son) overscan
Nota: Refírese a unha área adicional arredor das catro marxes dunha imaxe de vídeo que en condicións normais non é vista polo espectador, e que se adiciona por motivos de seguridade.
  • overwrite
  1. v.t. sobrescribir

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

P

  • package
  1. n.m. paquete
Pacote é lusismo
  • package
  1. v.t. empaquetar
  • packet
  1. n.m. paquete
  • panel
  1. n.m. panel (recomendado)
  2. n.m. cadro
  • paragraph
  1. n.m. parágrafo
Párrafo é castelanismo
  • parse
  1. v.t. analizar
  2. v.t. procesar
  3. v.t. interpretar
Evita-lo barbarismo parsear. Non usar analisar
  • parser
  1. v.t. analizador (sintáctico)
  2. v.t. procesador
  3. v.t. intérprete
  • partition
  1. n.f. partición
  • partition
  1. v.t. particionar
  • password
  1. n.f. clave (de acceso)
O xénero de contrasinal é masculino, como o de sinal
  • paste
  1. v.t. pegar (recomendado)
  2. v.t. colar
Evita-lo barbarismo pastear
  • path
  1. n.m. camiño
  2. n.f. ruta
Rota, con este significado, está admitida nalgúns diccionarios, pero non polo da RALG.
  • peer
  1. n.m. par
  • percentage
  1. n.f. porcentaxe
Como tódalas formas rematadas en -axe, é feminino
Percentaxe non é correcto.
  • performance
  1. n.m. rendemento
O verbo é render, polo que rendimento é castelanismo/lusismo
  • pixel
  1. n.m. punto (recomendado)
  2. n.m. píxel
Hai que mante-la palabra inglesa nalgunhas situacións, como no tema de impresión.
  • play
  1. v.t. reproducir (recomendado)
  2. v.t. tocar
Recoméndase reproducir por harmonía con reprodutor
  • player
  1. n.m. reprodutor
reproductor pertence á antiga normativa.
  • plot
  1. n.f. gráfica
  • plot
  1. v.t. trazar
  2. v.t. representar
  3. v.t. debuxar
  • plugin
  1. . v.t. conectar
  2. v.t. enchufar
  • plug-in
  1. n.m. engadido (recomendada)
  2. n.f. extensión
  3. n.m. módulo
Extensión gráfase con x e non con 's' por ser cultismo
Véxanse tamén: add-on, complement e extension
  • pointer
  1. n.m. punteiro (recomendado)
  2. n.m. apuntador
  • port
  1. n.m. porto (recomendado)
  2. n.f. porta
  • preferences
  1. n.f. preferencias
  • preview
  1. v.t. previsualizar
  2. s.f. vista previa
  • print
  1. v.t. imprimir
  2. v.t. amosar
  3. v.t. mostrar
  4. v.t. visualizar
  5. v.t. escribir
Este verbo úsase moitas veces co senso de imprimir na pantalla
  • printer
  1. n.f. impresora
  • privacy
  1. n.f. intimidade
  • properties
  1. n.f. propiedades
  • provide
  1. v.t. fornecer
  2. v.t. prover
  • provider
  1. n.m. fornecedor
  2. n.m. provedor
  • proxy
  1. n.m. proxy
Fágase o plural segundo as nosas regras como proxys

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

Q

  • query
  1. v.t. consultar
  • query
  1. n.f. consulta
  2. n.f. petición
  • queue
  1. n.f. cola
  2. n.f. fila

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

R

  • rate
  1. n.f. taxa
Tasa é incorrecto
  • reboot
  1. v.t. rearrincar
  2. v.t. reiniciar
  • recipient
  1. n.m. destinatario
  • record
  1. . n.m. rexistro
  • record
  1. v.t. gravar
Grabar é castelanismo gráfico.
  • refresh
  1. v.t. refrescar
  2. v.t. actualizar
  • refuse
  1. v.t. rexeitar
  • regexp
  1. n.f. expresión regular
  2. n.f. expr.reg
  • release
  1. n.f. versión
  2. n.f. edición (cando non conveña usar versión)
  • remove
  1. v.t. borrar
  2. v.t. eliminar
  3. v.t. quitar
  • rename
  1. v.t. renomear
  2. v.t. mudar o nome
  3. v.t. cambiar o nome
  • render
  1. v.t. representar
  2. v.t. debuxar
  3. v.t. producir
  • replace
  1. v.t. substituír
Reemprazar non é válido. Tampouco o é remprazar nin sustituír. Substituír leva til no i.
  • replay
  1. v.t. repetir
  2. v.t. reproducir
  • require
  1. v.t. requirir
Requerir e requerer non son correctos
  • reset
  1. v.t. restablecer
  2. v.t. reiniciar
  • reverse
  1. v.t. inverter
Invertir é castelanismo
  • revert
  1. v.t. recuperar (unha versión anterior p.ex.)
  2. v.t. reverter
Revertir é castelanismo
  • router
  1. n.m. router
  2. n.m. encamiñador
  • row
  1. n.f. ringleira (recomendado)
  2. n.f. fileira (recomendado)
  3. n.f. fila
  • run
  1. v.t. executar
  2. v.t. lanzar
Procurar non traducir como correr

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

S

  • sample
  1. n.f. mostra
  • sample frecuency
  1. n.f. frecuencia de mostraxe
  • sample rate
  1. n.f. frecuencia de mostraxe
  • sampling
  1. n.f. mostraxe
Muestreo é castelanismo.
  • save
  1. v.t. gardar (recomendado)
  2. v.t. salvar
  3. v.t. gravar
Evitar gravar por confusión coa traducción de record
  • scan
  1. v.t. dixitalizar
  2. v.t. examinar
  3. v.t. explorar
  • scanner
  1. v.t. escáner
  • screen
  1. n.f. pantalla
As palabras portuguesas ecrã e tela non son correctas.
  • screensaver
  1. n.m. salvapantallas
  • script
  1. n.m. script
Non traducir coma guión
  • script
  1. n.m. índice
Refírese ó tipo de letra que pode ser subíndice (subscript) ou superíndice (superscript)
  • search
  1. n.f. busca
  2. n.f. procura
Búsqueda é castelanismo.
  • search
  1. v.t. buscar (recomendado)
  2. v.t. procurar
  • seek
  1. v.t. ir á posición
  2. v.t. localizar
Depende moito do contexto
  • segment
  1. v.t. segmento
  2. v.t. sector (en casos especiais)
  • select
  1. v.t. seleccionar
  2. v.t. escoller
  • selector
  1. n.m. selector
  • set
  1. v.t. establecer
  2. v.t. poñer
  • settings
  1. n.m. parámetros
  2. n.f. configuración(s)
  3. n.f. propiedades
  4. n.f. preferencias
  5. n.f. opcións
  • share
  1. v.t. compartir
  • share
  1. n.m. recurso
  2. n.f. compartimento
  • sharing
  1. n.m. compartimento
  • show
  1. v.t. amosar
  2. v.t. mostrar
  • shred
  1. v.t. (privacidade; documentos; xeral) destruír
  2. v.t. (privacidade; documentos) inutilizar
  3. v.t. (privacidade; documentos; xeral) picotar, dilacerar
Nota: Este é o proceso mediante o cal os contidos dun ficheiro son sobrescritos repetidas veces para garantir que se derrame a información que conteña.

Non implica necesariamente a eliminación do ficheiro como tal.

  • shredder
  1. s.m. (privacidade; xeral) Dilacerador, eliminador, picotador
  • sign up
  1. v.t. crear conta
  • signal
  1. n.m. sinal
É de xénero masculino.
  • signature
  1. n.f. sinatura
  • skip
  1. v.t. omitir
  2. v.t. saltar
  3. v.t. ignorar
  • slot
  1. n.f. rañura
  2. n.m. oco
  • socket
  1. n.m. socket
  • sort
  1. v.t. ordenar
Ordear é hipergaleguismo
  • sound
  1. n.m. son
Sonido é castelanismo
  • source (code)
  1. n.m. código fonte
  2. n.m. fontes
  • spelling
  1. n.f. ortografía
  • standalone
  1. adx. independiente
  • standard
  1. n.m. estándar
  2. n.f. norma
Estandard e standard son anglicismos
  • standard
  1. adx. estándar
  2. adx. normativo
  • standardize
  1. v.t. estandarizar
  2. v.t. normalizar
  • start
  1. v.t. iniciar
  2. v.t. executar
  3. v.t. arrincar
A traducción depende do contexto
  • startup
  1. n.m. inicio
  • step
  1. n.m. paso
  2. n.m. nivel
  • stop
  1. v.t. deter
  2. v.t. parar
  • stop
  1. n.f. parada
  2. n.f. fase
Úsase fase para referirse ás cores que conforman un degradado
  • strikeout
  1. adx. riscado/a
Refírese ó tipo de letra cunha liña horizontal no medio.
  • swap
  1. n.m. (espacio de) intercambio
  2. n.m. swap
  • swatches palette
  1. n.f. paleta de mostras

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

T

  • tab
  1. . n.f. lingüeta (recomendado)
  2. n.m. separador
  3. n.f. aba
Non se acepta coma tradución correcta pestana
  • tag
  1. n.f. etiqueta
  2. n.f. marca
  • template
  1. n.m. patrón
  2. n.m. modelo
  • timeout
  1. n.m. tempo de expiración
  2. n.m. tempo de espera
  3. n.m. tempo de vencemento
  4. n.m. tempo esgotado
  5. n.m. timeout
Nota: A traducción depende do contexto. Pódese falar do tempo en si (por exemplo, nunha configuración, tempo de expiración), ou de que ese tempo xa pasou (por exemplo, tempo esgotado para un comando ou transacción)
  • time stamp
  1. n.f. data e hora
  2. n.f. marca de data e hora; marca de tempo
  3. n.m selo de data e hora
  4. v.t marcar a data e hora; marcar o tempo
  5. v.t selar a cada e hora
Nota: Timestamp pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do documento asinado ou o seu contido no momento indicado como parte da sinatura dixital.

En outras ocasións refírese á "hora Unix", o número de segundos transcorridos desde 19700101T000000Z. Asimesmo, tamén é o nome dun tipo de datos dalgúns SXBDR.

  • tool
  1. n.f. ferramenta (recomendado)
  2. n.f. utilidade
  • tooltip
  1. n.m. tooltip
  • trace
  1. v.t. trazar
  2. v.f. calcar
  3. v.t. seguir
  4. v.t. delinear (un debuxo)
  5. v.t. vectorizar (unha imaxe)
  • trash
  1. n.m. lixo (recomendado)
  2. n.f. papeleira
Nota: No caso de que o contexto requira o uso do substantivo do contedor (ou para traducir trashcan), empréguese a locución colector do lixo
  • turn on
  1. v.t. acender
  2. v.t. prender

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

U

  • underline
  1. v.t. subliñar
Suliñar non é correcto.
  • unlink
  1. v.t. desligar
  • update
  1. v.t. actualizar
  • url
  1. n.m. url
Nota: URL significa Uniform Resource Locator, e URI Universal Resource Identifier. A traducción dos substantivos é localizador e identificador respectivamente, ambos de xénero masculino, que é polo tanto o que se debe empregar ó usa-lo acrónimo.
  • usage
  1. n.m. uso
  • utility
  1. n.f. utilidade

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

V

  • view
  1. n.f. vista
  • view
  1. v.t. visualizar
  2. v.t. ver
  • viewer
  1. n.m. visualizador
  2. n.m. visor
  • volume
  1. n.m. volume
Volumen é castelanismo

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

W

  • wait
  1. v.i. agardar
  2. v.i. esperar
  • width
  1. n.f. anchura
  2. n.f. largura
  3. n.f. ancho
  • window
  1. n.f. fiestra (recomendado)
  2. n.f. xanela
  3. n.f. ventá
  • wireless
  1. adx. sen fíos
Non usar nin inarámico nin inalámbrico
  • wizard
  1. n.m. asistente
  • word wrap
  1. . v.t. dividir a liña
  2. . v.t. axustar as palabras
Nota: É a división de liña que fai un editor/procesador de textos cando a liña actual acada unha lonxitude dada, sexa a un número fixo de caracteres (static word wrap), habitualmente engadindo un salto de liña, ou unha simples división visual (dinamic word wrap), xeralmente inserindo a división nun limiar de palabra.
  • workspace
  1. n.f. área de traballo (recomendado)
  2. n.m. espazo de traballo
  3. n.m. escritorio
  • wrap
  1. v.t. partir
  2. v.t. dividir
  3. v.t. envolver
  • wrap search
  1. s.f. procura cíclica
  2. s.f. procura circular
  3. procurar ciclicamente
Nota: Modo de procura no cal, ao acadar o final da entidade onde se estexa a procurar, a procura é continuada desde o comezo da entidade até o ponto onde comezar o proceso.

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

X

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

Y

Ir a: A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M - N - O - P - Q - R - S - T - U - V - W - X - Y - Z

Z

  • zoom
  1. n.f. ampliación
Ferramentas persoais