Difference between revisions of "Adaptación de Pology ao galego"

From Proxecto Trasno
(Arranxo a sección de erros pendentes e engado sección de melloras)
(Actualización do estado deste tema)
Line 59: Line 59:
  
 
=====Mellora:  Creación de identificador para acordos que non son do Proxecto Trasno=====
 
=====Mellora:  Creación de identificador para acordos que non son do Proxecto Trasno=====
Ademais a ver se se pode crear outro grupo de identificadores para acordos que non son do Proxecto Trasno, por exemplo a regra de «hide», de forma que se poida executar a seguinte orde sen incluír estas regras que non son do Proxecto Trasno:
 
  
$ ./pology/bin/posieve -b --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -slokalize FICHEIRO
+
Existe (desde 2012-11-01) un grupo de identificadores destinados a esta finalidade, os "aaPT" (acordo alleo ao Proxecto Trasno".
 +
 
 +
Adicionalmente creouse un ficheiro destinado a conter as regras deste grupo, co obxecto de manter os outros ficheiros "puros"
  
 
====Erros nas regras pendentes de arranxar====
 
====Erros nas regras pendentes de arranxar====

Revision as of 13:59, 1 November 2012

Pology é unha biblioteca e un conxunto de ferramentas de liña de ordes para o traballo e procesamento de ficheiros PO, o formato de tradución que emprega o sistema de tradución de software GNU Gettext. Pology é capaz de realizar operacións de precisión nun único ficheiro PO así como operacións complexas en grandes grupos de ficheiros PO.

Instalación

Para instalar pology debes descargar o código desde o repositorio subversion. Isto é por mor de obter a última versión das regras para o galego.

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/pology 

Documentación

A documentación de Pology pódese consultar no enderezo http://pology.nedohodnik.net/doc/user/en_US/index-mono.html. Ademais ao copiar o repositorio tamén se dispón dunha copia de toda a documentación no subdirectorio doc.

Uso de Posieve

Pology ten ferramentas bastante interesantes, se ben aquí centrarémonos en posieve. Posieve é unha ferramenta que nos permite mediante unhas regras predefinidas filtrar un ficheiro po e obter información do mesmo. Entre os usos principais están:

  • Obtención de estatísticas dun ficheiro PO
  • Revisión terminolóxica dun ficheiro PO (segundo regras)
  • Revisión estilística dun ficheiro PO (segundo regras)
  • Corrección ortográfica dun ficheiro PO
  • Corrección gramatical dun ficheiro PO
  • Comprobación de etiquetas nun ficheiro PO (etiquetas XML)

Exemplos de uso

Revisión con regras

A revisión con regras utilízase para evitar que nas traducións aparezan castelanismos, lusismos, ... así como para asegurarse de que se aplican os acordos estilísticos e os acordos terminolóxicos acordados no Proxecto Trasno.

  • Revisión con aceleradores, comprobación con msgfmt --check e sen regras inversas
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^PT*" -snorulerx:"dual" FICHEIRO
  • Revisión con aceleradores, comprobación con msgfmt --check, apertura das liñas con erros en Lokalize e con regras inversas (incluídas as que non seguen estritamente os acordos do Proxecto Trasno)
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -slokalize FICHEIRO
Corrección ortográfica
  • Corrección ortográfica con aceleradores
posieve -b check-spell-ec -sprovider:myspell -slang:gl -saccel:"_" FICHEIRO

Uso en lote

O uso en GNOME é bastante automatizado tentando que o revisor non perda tempo. A continuación explicarei o sistema empregado para revisar o core de GNOME. A vantaxe que ten GNOME é que podemos descargar un tarball cos últimos pofiles de todo o proxecto. Que podemos descargar desde [1], cambiando o 3-0 pola versión que desexe.

para traballar crearemos un cartafol chamado GNOME e dentro del crearemos dous cartafoles chamados po e errors. Logo de ter os ficheiros e os cartafoles preparados extraeremos os ficheiros to tarball no cartafol po. Este será o noso cartafol de traballo.

Para xerar ficheiros de erros nas traducións para todos os pofiles executamos:

for i in `ls -1`; do ../pology/bin/posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^PT*" -snorulerx:"dual" $i  > ../errors/$i.errors; done

Isto creará un ficheiro de texto que contén os erros correspondentes ao mesmo ficheiro po correspondente co nome.

Para revisar cada ficheiro debemos cargar o ficheiro de texto de erros no gedit, activando o resaltado de sintaxe en traducións Gettext, e o ficheiro po no gtranslator. Agora teremos que revisar cada erro do ficheiro de erros e ir aplicando os cambios no gtranslator segundo corresponda.

Cando tenha rematada a revisión do ficheiro simplemente pase ao seguinte ficheiro até rematar con todos.

Adaptación ao galego

A adaptación de Pology ao galego consiste maiormente na creación de ficheiros de regras para o galego.

Erros nas regras

Posibles melloras

Mellora: Creación de identificador para acordos que non son do Proxecto Trasno

Existe (desde 2012-11-01) un grupo de identificadores destinados a esta finalidade, os "aaPT" (acordo alleo ao Proxecto Trasno".

Adicionalmente creouse un ficheiro destinado a conter as regras deste grupo, co obxecto de manter os outros ficheiros "puros"

Erros nas regras pendentes de arranxar

Erro: grid

Hai que cambiar a regra "noPT-2010_grid" para que admita «grade» como tradución válida. O acordo é que «grade» é a recomendada e que se admite «grella». Tamén hai que cambiar o hint por algo como:

hint="«grid» tradúcese como «grade» (recomendada) ou «grella» (admitida)"

Se non sabes cales son os acordos das Trasnadas recoméndoche que utilices a páxina de consulta dinámica que podes obter en http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/Prontuario_trasnadas.tar.gz e que unha vez descomprimida se pode consultar con calquera navegador que teña Javascript activado.

Erro: clipboard

Antes de nada, e sen querer parecer pesado, por favor corrixe xa, pero xa mesmiño a regra "PT-2011_clipboard" para que só acepte «portapapeis» como tradución válida. Creo que falabas de admitir para determinados proxectos outras traducións, pero iso limitaría a reutilización de memorias de tradución dun proxecto para traducir outros. De paso tamén podes cambiar a regra "PT-2011-dual_clipboard" para evitar problemas ao realizar a comprobación inversa. Moitas grazas por adiantado.

Se non sabes cales son os acordos das Trasnadas recoméndoche que utilices a páxina de consulta dinámica que podes obter en http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/Prontuario_trasnadas.tar.gz e que unha vez descomprimida se pode consultar con calquera navegador que teña Javascript activado.

Erro: mouse/mice

Sei que xa fixeches cambios na regra de «mouse» para aceptar «mice», pero o certo é que me sigue fallando en varias cadeas. A continuación un dos exemplos:


nautilus.master.gl.po:1870(#367)

  1. ../libnautilus-private/org.gnome.nautilus.gschema.xml.in.h:18

msgid "" "For users with mice that have \"Forward\" and \"Back\" buttons, this key " "will determine if any action is taken inside of Nautilus when either is " "pressed." msgstr "" "Para os usuarios con rato que teñen botóns «Seguinte» e «Anterior», esta " "chave determinará se calquera acción se aplicará dentro de Nautilus ao ser " "presionada." [note] rule [id=PT-2012-dual_mouse] ==> «rato» traduce a «mouse»


Erro: rename (renaming)

Non pilla «renomeando» como tradución para «renaming»:


nautilus.master.gl.po:2734(#552)

  1. ../src/nautilus-error-reporting.c:348
  2. , c-format

msgid "Renaming “%s” to “%s”." msgstr "Renomeando «%s» a «%s»." [note] rule [id=PT-2011_rename] ==> «rename» tradúcese como «renomear» rule [id=PT-2011-dual_rename] ==> «renomear» traduce a «rename»


Erro: rename

Non acepta «renomea»:


nautilus.master.gl.po:4290(#865)

  1. . tooltip
    ../src/nautilus-view.c:7230

msgid "Rename selected item" msgstr "Renomea o elemento seleccionado" [note] rule [id=PT-2011_rename] ==> «rename» tradúcese como «renomear»


Erro: renaming (substantivo)

A seguinte regra parece que non acepta que no texto orixinal apareza «renaming»:


pos_gnome/brasero.master.gl.po:3869(#733)

  1. ../src/brasero-data-disc.c:1903

msgid "File Renaming" msgstr "Renomear ficheiros" [note] rule [id=PT-2011-dual_rename] ==> [ «renomear» traduce a «rename»


Erro: online/on line/on-line

Faltan as regras para «online» (e «on line» e «on-line»). Ter en conta que saltan regras como "noPT-2010-dual_attachment2" e "noPT-2010-dual_attach2" polo que igual hai que modificalas para considerar esta nova regra.

Erro: offline/off line/off-line

Faltan as regras para «offline» (e «off line» e «off-line»). Ter en conta que saltan regras como "noPT-2010-dual_attachment2" e "noPT-2010-dual_attach2" polo que igual hai que modificalas para considerar esta nova regra.

Erro: quit (quits)

A seguinte regra falla cando «quits» se traduce como «sae»:


orca.orca-xdesktop.gl.po:7292(#1048)

  1. ../src/orca/scripts/default.py:835

msgid "Quits Orca" msgstr "Sae do Orca" [note] rule [id=noPT-2011_quit] ==> «quit», «exit» tradúcense como «saír»


Erro: exit (exiting)

A seguinte regra tampouco debería saltar:


orca.orca-xdesktop.gl.po:3656(#524)

  1. ../src/orca/orca.py:773

msgid "Exiting list shortcuts mode." msgstr "Saíndo do modo de lista de atallos." [note] rule [id=noPT-2011_quit2] ==> «exit» tradúcese como «saír» (e ás veces como exit, caso da orde da shell


Erro: track (tracking)

Outra que non sei por que salta:


orca.orca-xdesktop.gl.po:4340(#653)

  1. . Translators: In the context of magnifying the contents of the

screen, "tracking" refers to whether or not an object (mouse pointer, the caret, or the widget with focus) is of interest. Objects of interest must always be displayed. "Alignment" refers to where on the screen objects of interest should be displayed.

  1. ../src/orca/orca-setup.ui.h:160

msgid "Tracking and Alignment" msgstr "Seguimento e aliñación" [note] rule [id=noPT-2011-dual_track3] ==> «seguimento» traduce a «tracking»


Erro: check (compróbeo)

Parece ser que no seguinte caso a regra non admite «compróbeo»:


pos_gnome/anjuta.master.gl.po:9691(#1960)

  1. ../src/anjuta-actions.h:33

msgid "Do you prefer coffee to tea? Check it out." msgstr "Prefire café ou té? Compróbeo." [note] rule [id=noPT-2011_check] ==> [ «check» tradúcese como «comprobar», «revisar» ou «marcar» (e «escoller»)


Erro: Fallo inexplicábel 1

Non teño nin idea de por que salta o seguinte fallo (a instrución de execución foi $ ./pology/bin/posieve -b --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -snorule:"noPT-2010_hide" -snorulerx:"PT-2011_clipboard" -slokalize pos_gnome/brasero.master.gl.po ):


pos_gnome/brasero.master.gl.po:1049(#197)

  1. ../libbrasero-burn/brasero-burn-dialog.c:2453
    ../libbrasero-burn/brasero-tool-dialog.c:417

msgid "Interrupting the process may make disc unusable." msgstr "A interrupción do proceso pode provocar que o disco sexa inservíbel." [note] rule [id=noPT-2010-dual_insert] ==> [ «inserir» ou «introducir» traducen a «insert» ou «enter»




Erros nas regras xa arranxados