Adaptación de Pology ao galego

From Proxecto Trasno
Revision as of 13:03, 3 October 2012 by Unho (talk | contribs) (Creada páxina sobre o grupo de traballo na adaptación de Pology ao galego)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Pology é unha biblioteca e un conxunto de ferramentas de liña de ordes para o traballo e procesamento de ficheiros PO, o formato de tradución que emprega o sistema de tradución de software GNU Gettext. Pology é capaz de realizar operacións de precisión nun único ficheiro PO así como operacións complexas en grandes grupos de ficheiros PO.

Instalación

Para instalar pology debes descargar o código desde o repositorio subversion. Isto é por mor de obter a última versión das regras para o galego.

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/pology 

Documentación

A documentación de Pology pódese consultar no enderezo http://pology.nedohodnik.net/doc/user/en_US/index-mono.html. Ademais ao copiar o repositorio tamén se dispón dunha copia de toda a documentación no subdirectorio doc.

Uso de Posieve

Pology ten ferramentas bastante interesantes, se ben aquí centrarémonos en posieve. Posieve é unha ferramenta que nos permite mediante unhas regras predefinidas filtrar un ficheiro po e obter información do mesmo. Entre os usos principais están:

  • Obtención de estatísticas dun ficheiro PO
  • Revisión terminolóxica dun ficheiro PO (segundo regras)
  • Revisión estilística dun ficheiro PO (segundo regras)
  • Corrección ortográfica dun ficheiro PO
  • Corrección gramatical dun ficheiro PO
  • Comprobación de etiquetas nun ficheiro PO (etiquetas XML)

Exemplos de uso

Revisión con regras

A revisión con regras utilízase para evitar que nas traducións aparezan castelanismos, lusismos, ... así como para asegurarse de que se aplican os acordos estilísticos e os acordos terminolóxicos acordados no Proxecto Trasno.

  • Revisión con aceleradores, comprobación con msgfmt --check e sen regras inversas
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^PT*" -snorulerx:"dual" FICHEIRO
  • Revisión con aceleradores, comprobación con msgfmt --check, apertura das liñas con erros en Lokalize e con regras inversas (incluídas as que non seguen estritamente os acordos do Proxecto Trasno)
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -slokalize FICHEIRO
Corrección ortográfica
  • Corrección ortográfica con aceleradores
posieve -b check-spell-ec -sprovider:myspell -slang:gl -saccel:"_" FICHEIRO

Uso en lote

O uso en GNOME é bastante automatizado tentando que o revisor non perda tempo. A continuación explicarei o sistema empregado para revisar o core de GNOME. A vantaxe que ten GNOME é que podemos descargar un tarball cos últimos pofiles de todo o proxecto. Que podemos descargar desde [1], cambiando o 3-0 pola versión que desexe.

para traballar crearemos un cartafol chamado GNOME e dentro del crearemos dous cartafoles chamados po e errors. Logo de ter os ficheiros e os cartafoles preparados extraeremos os ficheiros to tarball no cartafol po. Este será o noso cartafol de traballo.

Para xerar ficheiros de erros nas traducións para todos os pofiles executamos:

for i in `ls -1`; do ../pology/bin/posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^PT*" -snorulerx:"dual" $i  > ../errors/$i.errors; done

Isto creará un ficheiro de texto que contén os erros correspondentes ao mesmo ficheiro po correspondente co nome.

Para revisar cada ficheiro debemos cargar o ficheiro de texto de erros no gedit, activando o resaltado de sintaxe en traducións Gettext, e o ficheiro po no gtranslator. Agora teremos que revisar cada erro do ficheiro de erros e ir aplicando os cambios no gtranslator segundo corresponda.

Cando tenha rematada a revisión do ficheiro simplemente pase ao seguinte ficheiro até rematar con todos.

Adaptación ao galego

A adaptación de Pology ao galego consiste maiormente na creación de ficheiros de regras para o galego.

Erros nas regras

Erros nas regras pendentes de arranxar

-snorulerx:"PT-2011_clipboard" -snorule:"noPT-2010_hide"


Ola, Volvo insistir en que hai que arranxar as regras de «grid» e de «clipboard» para que revisen correctamente seguindo os acordos das Trasnadas. Se non sabes cales son os acordos das Trasnadas recoméndoche que utilices a páxina de consulta dinámica que podes obter en http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/Prontuario_trasnadas.tar.gz e que unha vez descomprimida se pode consultar con calquera navegador que teña Javascript activado.

Ademais a ver se se pode crear outro grupo de identificadores para acordos que non son do Proxecto Trasno, por exemplo a regra de «hide», de forma que se poida executar a seguinte orde sen incluír estas regras que non son do Proxecto Trasno:

$ ./pology/bin/posieve -b --no-skip check-rules -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -slokalize FICHEIRO

Ademais faltan por corrixir os seguintes erros:


2012/9/3 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>:


> Ola de novo. > > Vou aproveitar para insistir na necesidade de cambios na regra de > «grid» e na de «clipboard» para axustarse ao acordado nas trasnadas. > > Sei que xa fixeches cambios na regra de «mouse» para aceptar «mice», > pero o certo é que me sigue fallando en varias cadeas. A continuación > un dos exemplos: > > ---------------------------------------- > nautilus.master.gl.po:1870(#367) > #: ../libnautilus-private/org.gnome.nautilus.gschema.xml.in.h:18 > msgid "" > "For users with mice that have \"Forward\" and \"Back\" buttons, this key " > "will determine if any action is taken inside of Nautilus when either is " > "pressed." > msgstr "" > "Para os usuarios con rato que teñen botóns «Seguinte» e «Anterior», esta " > "chave determinará se calquera acción se aplicará dentro de Nautilus ao ser " > "presionada." > [note] rule [id=PT-2012-dual_mouse] ==> «rato» traduce a «mouse» > ---------------------------------------- > > > A continuación inclúo dous fallos diferentes relativos a «rename»/«renaming»: > > ---------------------------------------- > nautilus.master.gl.po:2734(#552) > #: ../src/nautilus-error-reporting.c:348 > #, c-format > msgid "Renaming “%s” to “%s”." > msgstr "Renomeando «%s» a «%s»." > [note] > rule [id=PT-2011_rename] ==> «rename» tradúcese como «renomear» > rule [id=PT-2011-dual_rename] ==> «renomear» traduce a «rename» > ---------------------------------------- > > > ---------------------------------------- > nautilus.master.gl.po:4290(#865) > #. tooltip > #: ../src/nautilus-view.c:7230 > msgid "Rename selected item" > msgstr "Renomea o elemento seleccionado" > [note] rule [id=PT-2011_rename] ==> «rename» tradúcese como «renomear» > ---------------------------------------- > > > Deica > > 2012/9/2 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>: >> Ola. >> >> Faltan as regras para «online» (e «on line» e «on-line») e «offline» >> (e «off line» e «off-line»). Ter en conta que saltan regras como >> "noPT-2010-dual_attachment2" e "noPT-2010-dual_attach2" polo que igual >> hai que modificalas para considerar estas novas regras. >> >> A seguinte regra falla cando «quits» se traduce como «sae»: >> >> ---------------------------------------- >> orca.orca-xdesktop.gl.po:7292(#1048) >> #: ../src/orca/scripts/default.py:835 >> msgid "Quits Orca" >> msgstr "Sae do Orca" >> [note] rule [id=noPT-2011_quit] ==> «quit», «exit» tradúcense como «saír» >> ---------------------------------------- >> >> >> A seguinte regra tampouco debería saltar: >> >> ---------------------------------------- >> orca.orca-xdesktop.gl.po:3656(#524) >> #: ../src/orca/orca.py:773 >> msgid "Exiting list shortcuts mode." >> msgstr "Saíndo do modo de lista de atallos." >> [note] rule [id=noPT-2011_quit2] ==> «exit» tradúcese como «saír» (e >> ás veces como exit, caso da orde da shell >> ---------------------------------------- >> >> Outra que non sei por que salta: >> >> ---------------------------------------- >> orca.orca-xdesktop.gl.po:4340(#653) >> #. Translators: In the context of magnifying the contents of the >> screen, "tracking" refers to whether or not an object (mouse pointer, >> the caret, or the widget with focus) is of interest. Objects of >> interest must always be displayed. "Alignment" refers to where on the >> screen objects of interest should be displayed. >> #: ../src/orca/orca-setup.ui.h:160 >> msgid "Tracking and Alignment" >> msgstr "Seguimento e aliñación" >> [note] rule [id=noPT-2011-dual_track3] ==> «seguimento» traduce a «tracking» >> ---------------------------------------- >> >> >> Deica >> >> 2012/9/2 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>: >>> Hai que cambiar a regra "noPT-2010_grid" para que admita «grade» como >>> tradución válida. O acordo é que «grade» é a recomendada e que se >>> admite «grella». Tamén hai que cambiar o hint por algo como: >>> hint="«grid» tradúcese como «grade» (recomendada) ou «grella» >>> (admitida)" >>> >>> Deica >>> >>> 2012/9/2 Leandro Regueiro <leandro.regueiro@gmail.com>: >>>> Desta vez vou meter todo o texto do erro detectado aínda que a mensaxe >>>> vaia ocupar bastante máis. Así evítome perder horas no futuro se me >>>> pides máis información. >>>> >>>> Antes de nada, e sen querer parecer pesado, por favor corrixe xa, pero >>>> xa mesmiño a regra "PT-2011_clipboard" para que só acepte >>>> «portapapeis» como tradución válida. Creo que falabas de admitir para >>>> determinados proxectos outras traducións, pero iso limitaría a >>>> reutilización de memorias de tradución dun proxecto para traducir >>>> outros. De paso tamén podes cambiar a regra "PT-2011-dual_clipboard" >>>> para evitar problemas ao realizar a comprobación inversa. Moitas >>>> grazas por adiantado. >>>> >>>> Parece ser que no seguinte caso a regra non admite «compróbeo»: >>>> >>>> ---------------------------------------- >>>> pos_gnome/anjuta.master.gl.po:9691(#1960) >>>> #: ../src/anjuta-actions.h:33 >>>> msgid "Do you prefer coffee to tea? Check it out." >>>> msgstr "Prefire café ou té? Compróbeo." >>>> [note] rule [id=noPT-2011_check] ==> [ «check» tradúcese como >>>> «comprobar», «revisar» ou «marcar» (e «escoller») >>>> ---------------------------------------- >>>> >>>> >>>> A seguinte regra parece que non acepta que no texto orixinal apareza «renaming»: >>>> >>>> ---------------------------------------- >>>> pos_gnome/brasero.master.gl.po:3869(#733) >>>> #: ../src/brasero-data-disc.c:1903 >>>> msgid "File Renaming" >>>> msgstr "Renomear ficheiros" >>>> [note] rule [id=PT-2011-dual_rename] ==> [ «renomear» traduce a «rename» >>>> ---------------------------------------- >>>> >>>> >>>> Non teño nin idea de por que salta o seguinte fallo (a instrución de >>>> execución foi $ ./pology/bin/posieve -b --no-skip check-rules >>>> -slang:gl -saccel:"_" -srulerx:"^(no)?PT*" -snorule:"noPT-2010_hide" >>>> -snorulerx:"PT-2011_clipboard" -slokalize >>>> pos_gnome/brasero.master.gl.po ): >>>> >>>> ---------------------------------------- >>>> pos_gnome/brasero.master.gl.po:1049(#197) >>>> #: ../libbrasero-burn/brasero-burn-dialog.c:2453 >>>> #: ../libbrasero-burn/brasero-tool-dialog.c:417 >>>> msgid "Interrupting the process may make disc unusable." >>>> msgstr "A interrupción do proceso pode provocar que o disco sexa inservíbel." >>>> [note] rule [id=noPT-2010-dual_insert] ==> [ «inserir» ou «introducir» >>>> traducen a «insert» ou «enter» >>>> ----------------------------------------



Erros nas regras xa arranxados