Bolsa para a implementación de funcionalidade en Lokalize

From Proxecto Trasno

Colaboración con KDE-España: Bolsa para a implementación de funcionalidade en Lokalize

Descrición

Bolsa para incentivar a implementación de funcionalidade para o aplicativo de localización de software libre Lokalize, proxecto desenvolvido polo grupo internacional de desenvolvemento KDE e amparado en España pola Asociación KDE-España. Concederase a bolsa en función da implementación proposta polos candidatos e os méritos destes.

Datas previstas

Bolsa a asignar durante o verán.

Público obxectivo

A bolsa está destinada a programadores en linguaxes libres con interese polo aplicativo Lokalize e a localización. Suporá reverter na mellora dunha ferramenta empregada por centos de localizadores en todo o mundo. Permitirá que a comunidade galega se pocicione globalmente como entidade de referencia.

Estimación económica

Contía da bolsa: 640€/mes durante catro meses

Bases da bolsa

Requisistos

  • Coñecementos de desenvolvemento en KDE (Qt/C++ & git)

Canditaturas e resolución

Titores

Titor: TBD Consultorres: Albert Astals (KDE) & Miguel Branco (Proxecto Trasno)

Colaboradores

KDE España está formado por un grupo de desenvolvedores e contribuintes ao proxecto KDE coa intención de dinamizar o desenvolvemento e o uso do entorno de escritorio de KDE. Entre eles forman parte da asociación programadores, empaquetadores, documentadores, tradutores e artistas. KDE é un equipo internacional de coperación e desenvolvemento e distribución de software libre e de código aberto que fornece de solucións de computación para escritorio e contornos móbiles. Esta comunidade produce unha gran cantidade de aplicativos para a comunicación, o entorno de traballo e o entretemento. É un equipo de desenvolvemento líder no seu sector e ampla historia fornecendo de solucións para o software libre. KDE está amparada legal e financieiramente por pola entidade sen ánimo de lucro KDE e.V.