Difference between revisions of "Buscar en ficheiros TMX"
(Engado páxina sobre como consultar os ficheiros TMX desde a liña de ordes dado que hai moi poucos cargados en Trobador) |
(Engado nota sobre que os arquivos non necesariamente teñen que ser tar.gz) |
||
Line 8: | Line 8: | ||
* É necesario descomprimir os arquivos comprimidos executando unha orde como a seguinte desde un terminal: | * É necesario descomprimir os arquivos comprimidos executando unha orde como a seguinte desde un terminal: | ||
<code>$ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done</code> | <code>$ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done</code> | ||
+ | |||
+ | {{Nota|Hai que ter en conta que é posíbel que por despiste non todos os arquivos sexan tar.gz. Non é raro que algún arquivo sexa un zip.}} | ||
Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde: | Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde: |
Revision as of 13:32, 7 July 2013
Buscar en ficheiros TMX
O Proxecto Trasno leva poñendo a disposición pública ficheiros TMX con compendios de traducións para unha chea de proxectos de tradución de software libre desde hai algún tempo. O conxunto destes ficheiros TMX é o maior conxunto de traducións de software dispoñíbel actualmente.
Desde hai varios meses estanse engadindo ditos ficheiros TMX ao buscador de traducións Trobador do Proxecto Trasno. Debido a que este proceso é bastante laborioso incluímos nesta páxina un método para buscar palabras ou frases en ditos ficheiros. Para poder realizar isto é necesario levar a cabo varias cousas:
- Descargar os ficheiros TMX dispoñíbeis desde http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/
- É necesario descomprimir os arquivos comprimidos executando unha orde como a seguinte desde un terminal:
$ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done
Nota: Hai que ter en conta que é posíbel que por despiste non todos os arquivos sexan tar.gz. Non é raro que algún arquivo sexa un zip. |
Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde:
$ grep -A 5 "guillemet" *.tmx
Onde guillemet vén sendo o texto a buscar nos ficheiros. Este texto pode ser unha frase.
A opción -A permite indicar cantas liñas de contexto posteriores á liña onde se atopa o texto a buscar se mostrarán. En caso de que no contexto posterior non se poida ver a tradución só será necesario aumentar dita cantidade para mostrar máis liñas.