Difference between revisions of "Buscar en ficheiros TMX"

From Proxecto Trasno
(Engado nota sobre que os arquivos non necesariamente teñen que ser tar.gz)
(Buscar en ficheiros TMX: Engado orde para buscar empregando expresións regulares)
Line 18: Line 18:
  
A opción '''-A''' permite indicar cantas liñas de contexto posteriores á liña onde se atopa o texto a buscar se mostrarán. En caso de que no contexto posterior non se poida ver a tradución só será necesario aumentar dita cantidade para mostrar máis liñas.
 
 +
 +
Tamén é posíbel buscar empregando expresións regulares:
 +
 +
  <code>$ egrep -A 5 "open window[s]?" *.tmx</code>
 +
 +
A anterior orde busca aparicións de "open window" e de "open windows".

Revision as of 15:40, 20 September 2013

Buscar en ficheiros TMX

O Proxecto Trasno leva poñendo a disposición pública ficheiros TMX con compendios de traducións para unha chea de proxectos de tradución de software libre desde hai algún tempo. O conxunto destes ficheiros TMX é o maior conxunto de traducións de software dispoñíbel actualmente.

Desde hai varios meses estanse engadindo ditos ficheiros TMX ao buscador de traducións Trobador do Proxecto Trasno. Debido a que este proceso é bastante laborioso incluímos nesta páxina un método para buscar palabras ou frases en ditos ficheiros. Para poder realizar isto é necesario levar a cabo varias cousas:

 $ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done

Nota: Hai que ter en conta que é posíbel que por despiste non todos os arquivos sexan tar.gz. Non é raro que algún arquivo sexa un zip.

Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde:

 $ grep -A 5 "guillemet" *.tmx

Onde guillemet vén sendo o texto a buscar nos ficheiros. Este texto pode ser unha frase.

A opción -A permite indicar cantas liñas de contexto posteriores á liña onde se atopa o texto a buscar se mostrarán. En caso de que no contexto posterior non se poida ver a tradución só será necesario aumentar dita cantidade para mostrar máis liñas.

Tamén é posíbel buscar empregando expresións regulares:

 $ egrep -A 5 "open window[s]?" *.tmx

A anterior orde busca aparicións de "open window" e de "open windows".