Buscar en ficheiros TMX

From Proxecto Trasno
Revision as of 13:29, 7 July 2013 by Unho (talk | contribs) (Engado páxina sobre como consultar os ficheiros TMX desde a liña de ordes dado que hai moi poucos cargados en Trobador)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Buscar en ficheiros TMX

O Proxecto Trasno leva poñendo a disposición pública ficheiros TMX con compendios de traducións para unha chea de proxectos de tradución de software libre desde hai algún tempo. O conxunto destes ficheiros TMX é o maior conxunto de traducións de software dispoñíbel actualmente.

Desde hai varios meses estanse engadindo ditos ficheiros TMX ao buscador de traducións Trobador do Proxecto Trasno. Debido a que este proceso é bastante laborioso incluímos nesta páxina un método para buscar palabras ou frases en ditos ficheiros. Para poder realizar isto é necesario levar a cabo varias cousas:

 $ for i in `ls -1 *.tar.gz`; do tar -xzf $i; done

Unha vez realizada a preparación dos ficheiros TMX xa é posíbel realizar consultas coa seguinte orde:

 $ grep -A 5 "guillemet" *.tmx

Onde guillemet vén sendo o texto a buscar nos ficheiros. Este texto pode ser unha frase.

A opción -A permite indicar cantas liñas de contexto posteriores á liña onde se atopa o texto a buscar se mostrarán. En caso de que no contexto posterior non se poida ver a tradución só será necesario aumentar dita cantidade para mostrar máis liñas.