Colaboración no Cinestable 2012

From Proxecto Trasno

ANULADO[edit]

Decidiuse non celebrar o Cinestable co cal quedou cancelada a colaboración.

Descrición[edit]

O Festival de Curtametraxes Creative Commons Cinestable celébrase durante o verán na vila de Ordes. Durante o festival realizaranse charlas e proxectaranse varias curtametraxes para posteriormente conceder unha serie de premios. O obxectivo é difundir entre o público asistente o software libre e sobre todo a cultura libre dunha maneira máis sinxela, agradábel e lúdica centrándose nas persoas que descoñecen o eido da informática e da cultura e o software libres. Este ano esperamos a terceira edición dun festival que xa acadou un impacto de asistencia comarcal e de visitas á páxina e participación no concurso a nivel internacional ben relevante.

A «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno» participará no acto concedendo un Premio á mellor curtametraxe con licenza libre realizada en galego. Con isto preténdese animar á creación e difusión de material audiovisual que empregue a lingua galega e licenzas Creative Commons, o que redundará nun maior espallamento da lingua galega facilitando a súa normalización nestes ámbitos.

Público obxectivo[edit]

O público obxectivo abrangue o colectivo cultural galego cunha asistencia notable de xente da comarca, e ten un impacto relevante a nivel internacional ao se presentaren curtametraxes de varios países, polo que se estima unha posíbel asistencia de arredor de duas centas persoas ou máis e un impacto mediatico salientable. En anteriores edicións Cinestable tivo cobertura por parte de varios medios de comunicación, tanto dentro como fóra de Internet, e o ano pasado foi unha das actividades mellor valoradas das celebradas durante a «Festa do Champiñón» de Ordes. Duración e datas estimadas

Datas[edit]

A duración será dun día e celebrarase durante o verán do 2012 (a data está sen precisar).

Premio a outorgar[edit]

  • Outorgarase o premio a mellor curtametraxe en galego
  • Preténdese buscar curtametraxes que recollan a dimensión social do galego na nosa sociedade e a implantación do galego nas novas tecnoloxías
  • Teranse en conta os seguintes factores:
    • Promoción do software libre e do galego
    • Uso correcto do galego a nivel gramatical e fonético ou boa mostra do galego ao día a día

Xestión[edit]

  • Tutor: (por definir)
  • Colaboradores: (por definir)

O xurado comporase de

  • Tutor e colaboradores
  • (buscar persoas interesadas en formar parte do xurado)