Como participar no Proxecto Trasno

De Proxecto trasno

(Diferenzas entre revisións)
(Que se necesita?)
 
(Non se mostran 5 revisións do historial.)
Liña 2: Liña 2:
O '''Proxecto Trasno''' é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,
O '''Proxecto Trasno''' é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,
-
* é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicacións informáticas ao galego
+
* é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
-
* é un proxecto que se adica só ao [http://gl.wikipedia.org/wiki/Software_libre| software libre]
+
* é un proxecto que se adica só ao [http://gl.wikipedia.org/wiki/Software_libre software libre]
* é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
* é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
* un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego
* un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego
Liña 20: Liña 20:
* pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
* pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
* pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
* pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
-
* e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, inda que ao principio resulte complicado
+
* e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado
De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.
De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.
Liña 27: Liña 27:
A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:
A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:
-
# Rexístrate na [mailto:proxecto@trasno.net lista de correo]
+
# Rexístrate na [mailto:proxecto%20en%20trasno.net lista de correo]
-
# Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicacións che gustarían traducir
+
# Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
-
# Bótalle un ollo á [[Guía de estilo da tradución| guía de estilo]] e aos [[Termos frecuentes| términos máis frecuentes]]
+
# Bótalle un ollo á [[Guía de estilo da tradución]] e aos [[Termos frecuentes]]
-
# Bótalle un ollo á [[Introdución á tradución de software| introdución á tradución de software]]
+
# Bótalle un ollo á [[Introdución á tradución de software]]
# Afaite cun programa para traducir
# Afaite cun programa para traducir
# Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
# Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen

Revisión actual ás 08:58, 18 maio 2010

Que é o Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,

  • é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
  • un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego

Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno

Que se necesita?

Para pode colaborar necesítase:

  • que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
  • que saiba galego, pois traducimos ao galego
  • que se teña uns coñecementos medios de informática

mais inda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:

  • pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
  • pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
  • e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado

De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.

Axúdanos!

A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:

  1. Rexístrate na lista de correo
  2. Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
  3. Bótalle un ollo á Guía de estilo da tradución e aos Termos frecuentes
  4. Bótalle un ollo á Introdución á tradución de software
  5. Afaite cun programa para traducir
  6. Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
Ferramentas persoais