Difference between revisions of "Como participar no Proxecto Trasno"

From Proxecto Trasno
m (Nova páxina: "== Que é o Proxecto Trasno == O '''Proxecto Trasno''' é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é, * é un proxecto de cola…")
 
(Axúdanos!)
Line 27: Line 27:
 
# Rexístrate na [mailto:proxecto@trasno.net lista de correo]
 
# Rexístrate na [mailto:proxecto@trasno.net lista de correo]
 
# Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que programas che gustarían traducir
 
# Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que programas che gustarían traducir
# Bótalle un ollo á [[guía de estilo]] e aos [[términos máis frecuentes]]
+
# Bótalle un ollo á [[Guía de estilo da tradución| guía de estilo]] e aos [[Termos frecuentes| términos máis frecuentes]]
# Bótalle un ollo á [[introdución á tradución de software]]
+
# Bótalle un ollo á [[Introdución á tradución de software| introdución á tradución de software]]
 
# Afaite cun programa para traducir
 
# Afaite cun programa para traducir
 
# Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
 
# Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen

Revision as of 17:28, 25 December 2009

Que é o Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,

  • é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicacións informáticas ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
  • un punto de encontro a todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego

Que se necesita?

Para pode colaborar necesítase:

  • xente que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
  • xente que saiba galego, pois traducimos ao galego
  • xente que teña uns coñecementos medios de informática

mais inda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:

  • pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
  • mellorase o coñecemento de galego traducindo
  • e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, inda que ao principio resulte complicado

De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.

Axúdanos!

A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:

  1. Rexístrate na lista de correo
  2. Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que programas che gustarían traducir
  3. Bótalle un ollo á guía de estilo e aos términos máis frecuentes
  4. Bótalle un ollo á introdución á tradución de software
  5. Afaite cun programa para traducir
  6. Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen