Como participar no Proxecto Trasno
From Proxecto Trasno
Revision as of 04:43, 26 December 2009 by 193.146.208.64 (talk)
Que é o Proxecto Trasno
O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,
- é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticps ao galego
- é un proxecto que se adica só ao software libre
- é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
- un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego
Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno
Que se necesita?
Para pode colaborar necesítase:
- que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
- que saiba galego, pois traducimos ao galego
- que se teña uns coñecementos medios de informática
mais inda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:
- pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
- pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
- e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado
De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.
Axúdanos!
A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:
- Rexístrate na lista de correo
- Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
- Bótalle un ollo á guía de estilo e aos térmos máis frecuentes
- Bótalle un ollo á introdución á tradución de software
- Afaite cun programa para traducir
- Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen