Control de calidade

From Proxecto Trasno

A certificación EN 15038 - Engadir valor a provedores de servizos de tradución[edit]

Con efectividade desde agosto de 2006, o novo estándar europeo EN 15038 regula os requirimentos dos servizos de tradución e substitúe o antigo 2345 de 1997. O oficio de "tradutor" non é un termo protexido, de modo que hai poucas maneiras de estabelecer a competencia dos servizos de tradución. Agora, ao contar co novo estándar EN 15038 defínese os recursos técnicos e humanos, as condicións contractual do marco de traballo, o fluxo de documentación, a xestión de proxecto e de calidade asi como as condicións de revisión por un 'segundo par de ollos'.

Sobre o EN 15038[edit]

O EN 15038: 2006 foi desenvolvido polo European Committee for Standards (CEN) para estabelecer e definir os requirimentos da provisión de servizos de fornecedores de servizos de tradución (FST ou TSP, polas súas siglas en inglés). O estándar acompaña o núcleo da tradución que inclúe o encargo, tradución, corrección, revisión, xestión de proxecto, control de calidade, trazabilidade e entrega. Axuda a describir e definir o servizo por completo e ofrece un conxunto de procedementos e boas prácticas relativas a todos os aspectos do proceso de tradución. O estándar EN 15038 non se pode aplicar a fornecedores de servizos de interpretación.

Beneficios da certificación EN 15038[edit]

O estándar EN 15038 pretende unificar a terminoloxía usada no campo da tradución, definir requirimentos básicos para os servizos lingüísticos e para crear un marco de interacción entre clientes e fornecedores de servizos en termos dos seus dereitos e obrigas.

Outros beneficios de certificación inclúen:[edit]

  • Alta confidencialidade co cliente
  • Mellora continua dos servizos
  • Resultados de alta calidade grazas a fluxos de traballo ben organizados
  • Marca de certificación que serve como proposta de única de venda (unique selling proposición, USP) en comunicacións corporativas.

Trasno[edit]

O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptalo aos procesos de tradución e localización de software á lingua galega así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre. Consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación, aprobación e integración.

A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000.


A norma estabelece, por unha banda, a definición do proceso de tradución, no que a tradución propiamente dita é unha máis das fases do proceso, que non garante a calidade sen unha revisión por unha persoa distinta do tradutor; e, por outra banda, a precisión das competencias profesionais de cada un dos participantes no proceso de tradución, principalmente tradutores, revisores, correctores de concepto e correctores de probas.

Todo servizo de tradución conforme a norma UNE EN-15038 ten que incluír, cando menos, tradución e revisión.

Tradución e comprobación[edit]

Un tradutor coas competencias adecuadas traduce os documentos e, tras finalizar a tradución inicial, comproba o seu propio traballo.

Revisión[edit]

Unha persona diferente do tradutor revisa a tradución. A norma define revisión como o “exame dunha tradución respecto da súa adecuación á finalidade prevista, cotexo dos textos de orixe e de destino, e recomendación das correccións pertinentes”.

Competencias profesionais de tradutores e revisores[edit]

Os tradutores que participen en proxectos de tradución conforme a norma UNE EN-15038:2006 teñen que demostrar as competencias profesionais esixidas na norma mediante o cumprimento de, cando menos, un dos seguintes tres requirimentos.

  • Titulación de estudos superiores en tradución (titulación recoñecida).
  • Cualificación equivalente noutra especialidade máis un mínimo de dous anos de experiencia documentada en tradución.
  • Cando menos, cinco anos de experiencia profesional documentada en tradución tradución.

Os revisores, ademais de cumprir un dos tres requisitos anteriores, teñen que ter experiencia tradutora no tema en cuestión.

Corrección de concepto e corrección de probas[edit]

A norma UNE EN-15038:20006 define a corrección de concepto como o “exame dun texto de destino traducido respecto da súa adecuación á finalidade prevista e ás convencións do dominio ao que pertence, e recomendación das correccións pertinentes”, é dicir, unha revisión do documento traducido por un especialista. Canto á corrección de probas, tamén recollida na norma, consiste na revisión de probas de imprenta antes de publicar a tradución. Parar o caso do software as probas consistirán na integración co aplicativo.

Termos e definicións[edit]

Termos segundo a definición do estándar:

  • Fornecedor do servizo de tradución (FST) - Translation Service Provider (TSP) – Unha organización ou persoa que fornece servizos de tradución. Tamén coñecida como fornecedor de servizos lingüísticos (FSL) - Language Service Provider (LSP).
  • Servizo de valor engadido - Servizos que poden ser fornecidos por un FST como engadisos á tradución.
  • Competencia - Habelencia demostrada en aplicar coñecemento e adecuación.
  • Interpretación – Reprodución da información oral da lingua orixe na lingua de destino en forma oral.
  • Tradución - Reprodución de texto escrito da lingua orixe na lingua de destino.
  • Tradutor - Persoa que traduce.
  • Texto orixe – O texto orixinal. O texto que se está a traducir.
  • Texto destino (ou meta) – O texto traducido.
  • Localizar – Convencións lingüísticas, culturais, técnicas e xeográficas da audiencia de destino.
  • Revisar - Examinar unha tradución respecto da súa pertinencia para o propósiito acordado, comparar os textos de orixe e destino e recomendar medidas de corrección.
  • Revisor – Persoa que revisa.
  • Avaliación – Examinar a pertinencia do texto para o propósito acordado e o respecto das convencións do dominio ao que pertence e recomendar medidas de corrección.
  • Avaliador – Persoa que avalía ou somete a crítica.
  • Revisión de probas – Comprobación de probas antes da publicación.


Ligazóns de interese[edit]

-EN 15038

-Conferencia sobre internacionalización e localización 2012