Talk:Coordinación do desenvolvemento do corrector Hunspell de galego

From Proxecto Trasno
Revision as of 01:08, 5 November 2013 by Meixome (talk | contribs)

Antón Méixome=

Estou coa construción do módulo de prefixos, especialmente os latinos ou cultos

Antón Méixome

Non recoñece:

  • emocionalmente (adv.)
    • Non está nin no VOLG nin no DRAG, pode engadirse a «comunidade». ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)
    • Pouco lóxico, xa que está emocional pero é unha palabra frecuente e de formación normal
  • autoestima (composto con auto-)
    • Non está nin no VOLG nin no DRAG, pode engadirse a «comunidade». ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)
    • Tampouco é lóxico, pero é unha palabra frecuente e de formación normal, das compostas con prefixos frecuentes auto-
  • hunspell (marca)
  • desenvolvedor
    • Forma parte do módulo «trasno», que non vai activado de maneira predeterminada. ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)
  • redimensionar (vbo. transitivo)
    • Para incluír no módulo «trasno». Non sei se consideralo composto con prefixo re-
  • formatado (s. e adx.)
    • Para incluír no módulo «trasno»
  • VOLG (sigla)
  • Digalego (marca)
  • Galipedia (marca)
  • Impress (marca)
  • aplicativo (s. e adx.)
    • Forma parte do módulo «trasno», que non vai activado de maneira predeterminada. ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)
  • paupérrimo (adx.)
    • A min si que ma recoñece. Facendo «grep» no código: volga/correcto.dic:paupérrimo/10,15 po:adxectivo. ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)

Recoñece

  • anque (non normativa)
    • Recoñecida no VOLG como forma correcta. ─ Adrián (e logo?) 13:30, 2 xuño 2013 (UTC)
    • Na reforma da normativa do ano 2003 caeu como vulgar-dialectal

Xosé Calvo

2012/9/6 Xosé: > Ben, pois daquela: o problema está en LibreOffice, que non corrixe as > palabras que estean todo en maiúscula (BELLO, ABIÓN, HIRMÁN,...)

Solución:

Activar a corrección de maiúsculas en Opcións → Configuración de idioma →Recursos ortográficos →

Antón

Recursos para construír o ficheiro de autocorrección ou ben regras para un corrector gramatical

http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/glosarios/os_erros_que_non_detectan_os_correctores.pdf

http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Erros_de_ortograf%C3%ADa

https://issues.apache.org/ooo/show_bug.cgi?id=106629

Roi González Villa enviou unha mensaxe empregando o formulario de contacto en http://www.trasno.net/contact

O corrector ortográfico que ven con LibreOffice e con Ubuntu, que se usa para o Firefox, ten erratas. Dá por boas palabras como: estáche, vinteún

Pero en cambio o corrector que hai na páxina de mozilla (www.mozilla.org) está correcto, aínda que habería que incluír algunhas novas palabras, como: navegador. https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/corrector-de-galego/

Pois solicito que substituïades o corrector de Ubutnu e LibreOffice polo corrector ortográfico da páxina web de mozilla https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/corrector-de-galego/ . E tamén engadir algunhas palabras como: navegador.

Xosé

suxire "conversár" ? A versión que está nas extensións de LibO, dá ese problema.