Converter .csv to .tbx. Creación dunha terminoloxía a partir dun ficheiro en Calc (.ods)
From Proxecto Trasno
Se queremos crear un ficheiro de terminoloxía en formato TBX resulta moi laborioso facelo á man. Para automatizalo da maneira máis práctica temos dúas ferramentas:
- 1.
Siga as instrucións da páxina de referencia
- 2.
Creación dunha folla de cálculo con dúas columnas (ou máis). Unha para cada idioma
Exemplo
Debemos partir dun ficheiro en Calc que conteña dúas columnas, unha para cada idioma. A primeira fila debe conter o identificador do idioma correspondente.
EN-US | GL |
---|---|
SQL statement | Posición SQL |
Application | Aplicativo |
Not supplied | Non fornecido |
Not supplied | Non fornecido |
Instalación
- Descargar o XML Filter Package ODStoTBX.jare gardalo localmente no seu equipo
- Iniciar Calc de LibreOffice ou OpenOffice
- Seleccionar Ferramentas > Configuración de filtros XML...
- Seleccionar Abrir paquete (botón á dereita)...
- Buscar o ficheiro ODStoTBX.jar no navegador e seleccionalo
- Aparecerá un novo filtro chamado TermBase eXchange na lista dos dispoñíbeis
- Pechar o cadro de diálogo Configuración de filtros XML
Exportar
- Abrir o ficheiro Calc que conterá dúas columnas
- Seleccionar Ficheiro > Exportar...
- Seleccionar TBX - Termbase eXchange da caixa de opcións despregábel
- Activar o nome de ficheiro con extensión automática e gardar o seu ficheiro
Nota: Pode ser necesario editar manualmente a cabeceira do ficheiro resultado xa que odstotbx proporciona unha demasiado básica que pode dar problemas coa importación en segundo que ferramentas como Terminator
Cabeceira recomendada
<?xml version='1.0' encoding='UTF-8'?> <!DOCTYPE martif SYSTEM 'TBXcoreStructV02.dtd'> <martif type='TBX' xml:lang='en'> <martifHeader> <fileDesc> <titleStmt> <title>MyPaint TerminoloxiaL</title> </titleStmt> <sourceDesc> <p>Creado por Antón Méixome, 2012 con http://www.qa-distiller.com/files/ODStoTBX.jar e cabeceira á man</p> </sourceDesc> </fileDesc> <encodingDesc> <p type='XCSURI'>http://www.lisa.org/fileadmin/standards/tbx/TBXXCSV02.xcs</p> </encodingDesc> </martifHeader> <text>