Difference between revisions of "Converter .po e .ts a .tmx"
(→Converter varios ficheiros .po a un só ficheiro .tmx: Corrixo orde de execución para localizar ficheiros po) |
m (→Converter varios ficheiros .po a un só ficheiro .tmx: Engado TM_ e .gl aos nomes dos ficheiros no exemplo) |
||
Line 61: | Line 61: | ||
=== Converter varios ficheiros .po a un só ficheiro .tmx === | === Converter varios ficheiros .po a un só ficheiro .tmx === | ||
Empregamos como exemplo a obtención dun ficheiro «.tmx» que conteña as traducións do Ubuntu 12.04 Precise | Empregamos como exemplo a obtención dun ficheiro «.tmx» que conteña as traducións do Ubuntu 12.04 Precise | ||
− | :'''1. | + | :'''1.''' Imos á páxina: |
::https://translations.launchpad.net/ubuntu/precise/+language-packs | ::https://translations.launchpad.net/ubuntu/precise/+language-packs | ||
::á dereita fixámonos en: | ::á dereita fixámonos en: | ||
Line 67: | Line 67: | ||
:::Base pack: '''<font color="#2554C7">2012-05-08 10:57:58 UTC</font>''' | :::Base pack: '''<font color="#2554C7">2012-05-08 10:57:58 UTC</font>''' | ||
::Premendo na data/hora accedemos á descarga du ficheiro .tar.gz | ::Premendo na data/hora accedemos á descarga du ficheiro .tar.gz | ||
− | :'''2. | + | :'''2.''' Unha vez descargado, descomprimímolo e buscamos o «noso paquete de idioma» e accedemos a el |
::<code>cd /rosetta-precise/gl</code> | ::<code>cd /rosetta-precise/gl</code> | ||
− | :'''3. | + | :'''3.''' A fin de traballar nun cartafol no que non teñamos que andar perdidos entre un feixe de ficheiros, faremos todo o traballo nesta localización desde o terminal. |
− | :'''4. | + | :'''4.''' O primeiro que imos facer é construír un ficheiro cun listado de todos os ficheiros «.po» que teñamos |
− | ::<code>find LC_MESSAGES/ -name "*.po" > | + | ::<code>find LC_MESSAGES/ -name "*.po" > lista_ficheiros_Ubuntu1204.gl.txt</code> |
− | :'''5. | + | :'''5.''' A seguir construiremos un único ficheiro «.po» |
− | ::<code>msgcat -f | + | ::<code>msgcat -f lista_ficheiros_Ubuntu1204.gl.txt -u -o TM_TodoUbuntu1204.gl.po</code> |
− | :'''6. | + | :'''6.''' E, para rematar, construímos o ficheiro «.tmx» resultante |
− | ::<code>po2tmx -l gl | + | ::<code>po2tmx -l gl TM_TodoUbuntu1204.gl.po TM_TodoUbuntu1204.gl.tmx</code> |
{{Nota|Nestes pasos anteriores só empregamos as ferramentas «''translate-toolkit''» indicadas no paso anterior}} | {{Nota|Nestes pasos anteriores só empregamos as ferramentas «''translate-toolkit''» indicadas no paso anterior}} | ||
Revision as of 15:47, 3 August 2013
This HowTo is available in
Contents
Traballo básico
Converter un só ficheiro .po a .tmx
Neste caso empregaremos as ferramentas «translate-toolkit», para elo, se non dispomos delas, teremos que instalalas xunto coas de desenvolvemento «python» e «python-dev»
- En Debian:
apt-get install translate-toolkit python python-dev
É tan sinxelo como executar, nun terminal, a seguinte orde:
po2tmx ficheiro.po -l gl ficheiro.tmx ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ ↓ nome que terá o ficheiro «.tmx» resultante ↓ ↓ ↓ código do idioma final (como parámetro da opción -l) ↓ ↓ opción (obrigatoria) para indicar o idioma final (do .tmx) ↓ nome do ficheiro «.po» orixinal orde de conversión po a(to) tmx
Traballando con ficheiros .ts como orixinais
Ás veces atopamonos con que os ficheiros de tradución teñen o formato de QtLinguist, o formato .ts. Este formato, para poder convertelo a TMX debe pasar antes polo formato .po (eu non coñezo outro método fiábel).
Normalmente os que traballamos con ese formato, xa temos instalado o Qt 4 Linguist de non ser así, para seguir estes pasos terás que instalalo. En debian:
apt-get install qt4-dev-tools
.
Para converter un ficheiro .ts a un ficheiro .po abrimos nun terminal o cartafol no que temos o ficheiro .ts, e nel (no terminal) executamos:
lconvert -i ficheiro.ts -o ficheiro.po
Con isto obteremos un ficheiro .po, mais debemos ter coidado cos seguintes pasos, o máis importante non abrilo con POEdit, xa que faise un lío coa codificación UTF-8 e veremos que os tiles e demais están en ascii. Vaiamos a modo e fagamos o seguinte:
- Abrimos o ficheiro cun editor de texto simple como Vi(m), Nano, Leafpad, Gedit, Kate. etc, no principio, onde as cabeceiras, veremos esta entrada:
#, fuzzy msgid "" msgstr "" "X-Virgin-Header: remove this line if you change anything in the header.\n" "X-Language: gl\n"
- Substituimos/borramos esas liñas para que nos queden así:
#, fuzzy msgid "" msgstr "" ""
- Unha vez gardado, poderemos abrilo co Virtaal co que xeraranse as cabeceiras oportunas (supoño que outros aplicativos de CAT como Lokalize ou OmegaT tamén o farán, mais non puiden comprobalo)
- Temos outra alternativa, modificar directamente co editor de texto simple e substituir por:
#, fuzzy msgid "" msgstr "" "Last-Translator: Pepe Perez <pepe@perez.com>\n" "Language-Team: proxecto@trasno.net\n" "Language: gl\n" "Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n" "Content-Transfer-Encoding: 8bit\n" "Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1);\n"
- Con isto xa poderemos abrilo coa ferramenta CAT que nos pete, para axustar calquera dos datos das cabeceiras.
- A partires de aquí tratámolo como un ficheiro .po calquera.
Converter varios ficheiros .po a un só ficheiro .tmx
Empregamos como exemplo a obtención dun ficheiro «.tmx» que conteña as traducións do Ubuntu 12.04 Precise
- 1. Imos á páxina:
- https://translations.launchpad.net/ubuntu/precise/+language-packs
- á dereita fixámonos en:
- Latest language packs
- Base pack: 2012-05-08 10:57:58 UTC
- Premendo na data/hora accedemos á descarga du ficheiro .tar.gz
- 2. Unha vez descargado, descomprimímolo e buscamos o «noso paquete de idioma» e accedemos a el
cd /rosetta-precise/gl
- 3. A fin de traballar nun cartafol no que non teñamos que andar perdidos entre un feixe de ficheiros, faremos todo o traballo nesta localización desde o terminal.
- 4. O primeiro que imos facer é construír un ficheiro cun listado de todos os ficheiros «.po» que teñamos
find LC_MESSAGES/ -name "*.po" > lista_ficheiros_Ubuntu1204.gl.txt
- 5. A seguir construiremos un único ficheiro «.po»
msgcat -f lista_ficheiros_Ubuntu1204.gl.txt -u -o TM_TodoUbuntu1204.gl.po
- 6. E, para rematar, construímos o ficheiro «.tmx» resultante
po2tmx -l gl TM_TodoUbuntu1204.gl.po TM_TodoUbuntu1204.gl.tmx
Nota: Nestes pasos anteriores só empregamos as ferramentas «translate-toolkit» indicadas no paso anterior |
Operacións complexas
Documentación de referencia:
Facer un só .tmx a partir de varios ficheiros .tmx
Para este proceso necesitamos dispor dun complemento de OmegaT chamado TMXMerger, para obtelo imos á páxina:
Premendo na entrada TMXMerger (á dereita), lévanos á descarga dun ficheiro .zip
ou
Unha vez descargado, descomprimímolo en ~/ (o noso «Cartafol persoal», así o recomendo, aínda que poderemos descomprimilo onde nos pete)
unzip TMXMerger.zip -d ~/
Executamos:
java -jar ~/TMXMerger/TMXMerger-1.1.jar source=gl TMXorixe1.tmx TMXorixe2.tmx [TMXorixe3.tmx]Final.tmx
Automatizar o proceso
Cando como no exemplo anterior co Ubuntu 12.04 Precise atopámonos con máis de1.600 ficheiros, temos que buscar algunha solución máis práctica. A min a mellor que se me ocorreu foi a de facer un «script» que automatice todo o proceso.
Para elo, copiade o seguinte contido nun editor de texto simple como Vi(m), Nano, Leafpad, Gedit, Kate. etc... e dádelle o nome que vos pareza mellor, e gardádeo nun cartafol, nun nivel superior a aquel no que teñades os «.po»
Dádelle permiso de execución con chmod +x nome-script
Executade o script (./nome-script
), e tomadeo con paciencia.
Nota: MOI IMPORTANTE, o traballo con este paquete de Ubuntu 12.04 Precise, precisa, para el só 1GB de memoria, polo que en equipos cortiños de memoria pode levarlle moito tempo. |
Código do script
#!/bin/sh POdir=LC_MESSAGES #POdir=PO if [ ! -f ~/TMXMerger/TMXMerger-1.1.jar ]; then echo "" echo "AVISO:" echo "" echo "ten que obter o ficheiro TMXMerger.zip" echo "e descomprimilo no seu directorio persoal" echo "" echo "Pode obtelo en:" echo " http://www.omegat.org/en/resources.html" echo "" exit fi find $POdir/ *.po > POlist sed -i "s+$POdir\/++" POlist sed -i "s+.po++" POlist [ -d TMX ] || mkdir TMX cat POlist | while read poname do po2tmx $POdir/$poname.po -l gl TMX/$poname.tmx done java -jar ~/TMXMerger/TMXMerger-1.1.jar source=gl TMX/*.tmx Total.tmx