Converter XML a .po e á inversa

De Proxecto trasno

Revisión feita por Miguelbf (Conversa | contribucións) ás 08:09, 31 xaneiro 2014
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A conversión de XML a PO non é automática. Para elo primeiro hai que crear o POT do inglés:

$ xml2po -e -o FICHEIRO.pot FICHEIRO.xml

A continuación hai que crear un ficheiro PO para o galego a partir do POT.

$ msginit -l gl -o gl.po -i FICHEIRO.pot

E, para crear o ficheiro XML a enviar no formato orixinal a partires do PO

$ xml2po -e -p gl.po -o FICHEIRO.gl.xml FICHEIRO.xml


Nota: é necesario ter instalado o xml2po: $ apt-get install xml2po.


Nota: Recomendamos que vexades o man no terminal: $ man xml2po ou nesta páxina.
Ferramentas persoais