Curso de l10n na UVigo
Nota: ver Propostas_en_estudo_para_o_próximo_ano_(2011)
Descrición[edit]
Curso de formación en localización e tradución de aplicativos de software libre de 33 horas destinado a universitarios.Preténdese formar integralmente a novos tradutores de software libre, centrándonos na tradución ao galego e formar no uso de software libre para localizar. Este evento é simétrico do realizado este Novemebro do 2010 na Universidade da Coruña.
Publico obxectivo[edit]
Dirixido a universitarios e colectivos da tradución e o desenvolvemento de software libre. O curso é un curso especializado e que forma integralmente na área de localización. É polo tanto de amplo intererese como saída profesional para os tradutores profesionais e os enxeñeiros informáticos.
Datas[edit]
- 13 (domingo) de marzo: limite de propostas e suxestión
- 20 de marzo: límite para editar no wiki
- 23 de marzo: límite para ter rematado o curso
- 25 de marzo: data límite de presentación da documentación
Ideas[edit]
- Utilizar http://www.galpon.org/wiki/index.php/Iniciaci%C3%B3n_ao_Software_Libre_e_GNU/Linux para a intro ao SL
- ferramentas CAT: OmegaT, Virtaal
- correctores
- repositorios de terminoloxías e MT
- tradu de docu/artigos máis que tradu de software como ata agora (cómic, unha peli, subtítulos, artigos técnicos) pero sen esquecer a tradu de interfaces (que ten as súas peculiaridades)
- formato de diccionario
- software de construción de ferramentas
Obxectivos[edit]
- Capacitar aos futuros tradutores para que poidan tirar o máximo proveito das múltiples ferramentas libres para desenvolver o seu traballo como profesionais da tradución.
- Producir material de utilidade para os tradutores non asistentes que desexen coñecer o Software Libre e como e canto pode axudarlles a mellorar o seu labor como tradutores.
Planificación[edit]
Dividir en dúas semanas: 3 días unha semana e 3 días a outra
Xornada intensiva de 5/6h por día
Durante a primeira quincena de Xullo
Bloques do curso[edit]
- UI e CAT
- Documentación e CAT
- Ferramentas de lingua
- Introdución ao Software Libre
- Ferramentas para construción de terminoloxías e bibliografías
- As decisións/revisións nunha comunidade en rede
- Xestión financeira, xestión administrativa e facturación (o tradutor só, en axencia, ou en rede)
- Control de versións sobre documentos (ws/x) en traballo individual e en grupo
- Licenzas libres e dereitos de propiedade intelectual sobre as traducións
- Conversión de documentos
- Ferramentas de planificación do traballo e xestión do tempo
- Conceptos de tradución e estándares de tradución
- Xestión de bases de datos??
- Formatado avanzada de textos
- Textos para imprimir/textos para a rede e as correspondentes ferramentas
- Recibir, traducir/corrixir, enviar, publicar, revisar
- Edición de formatos gráficos, planos, infografías, ilustración, ...
- Dicionarios e repositorios de terminoloxía e traducións
Difusión[edit]
Organización da promición do curso, vaia aquí