Difference between revisions of "Ditos e frases feitas - e outros apuntamentos"

From Proxecto Trasno
(Ditos e frases feitas)
(Ditos e frases feitas)
Line 413: Line 413:
  
 
;María, rabo de anguía, posta na póla, toca a viola
 
;María, rabo de anguía, posta na póla, toca a viola
 +
:
 +
 +
;A muller maila gaivota, canto máis vella mais cola
 
:
 
:
  

Revision as of 23:18, 17 December 2012

Ditos e frases feitas

Ir ao conto
Falar do asunto que realmente importa
Caer de chope
Caer tendido de maneira brusca, de golpe. P.ex. Bateu e caeu de chope
Quitar(lle) lobos (a algo)
Non exaxerar (sobre algo)
Chóvelle, choverlle a alguén
Persoa que fai cousas sen sentido
Andar (ou estar) na inopia
Andar a velas vir
Estar totalmente despistado e torpe nalgo que se está a facer, ou non comprender aquilo do que se está a falar.
En realidade «inopia» en latín significa pobreza, polo que estar na inopia é estar a dúas velas, non ter que comer e por extensión non ter coñecemento algún de nada.
Saberlle a un/ha á teta
Resultarlle a un/ha algo moi saboroso, delicioso.
Tamén cho digo!
Xa che digo!
Árdelle o eixo
Aplícase cando alguén leva unha carga excesiva, por similitude coa roda dun carro sobrecargado que se quenta co rozamento co eixo (zona de Bande-Ourense)
Nunca choveu que non escampase
Co tempo... todos os males teñen remedio, ...todo o malo acaba pasando
De tal pano, tal saia
O carácter e os costumes xustifícanse en cuestións hereditarias.
Chorar ás cuncas, Chorar aos sete chorares
Chorar sen consolo.
Ás carreiras
Con moita presa, a correr.
Estar de bo ano
Estar/ser de bo ver.
Dar a roncha
Dar a tabarra.
Cada moucho no seu souto
Cada quen ao seu.
Saír dun souto para caír (meterse) noutro
(castelán: ir de guatemala a guatepeor)
A máis non dar
A toda presa, a correr, ás carreiras, a todo canto lle daba
Orneadas de burro non chegan ao ceo
Desacredita o que se está a escoitar.
Acabou/morreu o conto
Dar por rematada unha polémica, non se fale máis
Falar do xato e esquecer o trato
Saírse do tema, falar das nubes, falar dos biosbardos
Andar aos biosbardos ou estar nos biosbardos
Estar completamente distraído, estar nas nubes, fóra da realidade.
Non sexa o demo
Por si acaso, po lo que poida pasar.
Andar con tino
Ter precaución.
Tras do que non corro non canso
Non che me importa nada.
Quen ten cu ten medo!
Quen as fai ten medo, está intranquilo.
O aforro do pirixel
(castelán: El chocolate del loro)
Estar coma un rei nunha cesta
Estar moi ben, cómodo.
Andar a paso de boi
Andar paseniño, con lentitude.
Vai nun correndiño!
Vai enseguida.
Aínda non lle caeu a casca do cu
Ser inmaduro, infantil.
De tales pais, tales fillos
O carácter e os costumes xustifícanse por cuestións herditarias.
Pola boca pequena
Por detrás, as agochadas
Vaillo contar a túa avoa
Non crer nada do que se está a dicir.
Estar feito un abril
Estar lucido, fermoso, galán.
Bótalle terra!
Esquécete diso!
Non dar palabra
Calar, gardar silencio, non replicar. (castelan: No decir ni pio)
Quentar a carracha
Facer moito calor.
Mollar a palleta
Beber alcohol.
Custar ferro e fariña
Resultar moi difícil.
O meu can pillou unha mosca!
Acertar de casualidade.
Pór/poñer pingando
Falar mal de alguén.
Facer a rosca
Gabar a alguén para obter algo.
Andar en bocas do mundo
Ser obxecto de faladurías. Andar en boca de todo el mundo.
Non dar puntada sen fío
Obrar con intención, dun xeito calculado.
Con cara de ferreiro
Enfadado.
Confundir o allo co bugallo
Mesturar conceptos parecidos e así obter conclusións erradas.
Andar con díxome díxomes, Andar con disque disques
Murmurar.
Andar ás agarradas
Pelexarse.
Andar como a gaita na festa
Estar moi enfadado ou furioso.
Andar coa area no zoco
Estar escamado, sobre aviso ou receloso de algo.
Nun chiscar de ollos
Enseguida. Nun abrir e pechar de ollos.
É (es) o demo
É (es) demasiado perverso, traveso ou hábil.
Outra vaca no millo, Outra vaca vai no millo, Outra vaca entre o (no medio do) millo
Indica que unha persoa parecese a outras nalgún defecto, ou que se repite algunha acción negativa que xa fixo outro con anterioridade.
Coma quen oe chover
Sen facer caso.
Quedar en auga de fregar
Acabar todo en nada.
Outro que tal baila
Alguén que se parece a outra ou otras persoas nun vicio ou nunha cualidade pouco axeitada.
Botar fume
Estar moi anoxado ou furioso.
Ir (vou, vas) a fume de carozo
Is ás presas, a todo correr
Cortar o bacallau
Mandar, dispor.
Dar xenio
Da gusto (oír falar a alguén, ver a alguén moi fermoso, p.ex.).
Boa fora!
Xa podía ser!
Agora si que foi!
Agora si que a fixeches boa! (p.ex.) Expresión de sorpresa e desgusto, de algo que polo xeral xa non ten remedio.
Ter o porco polo rabo
Ter a tixola polo mango.
Éche o que hai
Expresión de resignación, de conformismo.
Relacionado: Non che hai outra
Pedir o demo e a aña
Pedir imposibles (castelán: Pedirle peras al olmo)
Non che hai outra
Expresión de resignación. Algo así como «Non queda más remedio».
Relacionado: Eche o que hai
Non sei que che/lle faga!
Expresión de impotencia ante un mal comportamento. Non sei que facer contigo (con el)! ou Non sei que facerche/lle!
Aí non me coma o demo!
Expresión de gran sorpresa. Polo xeral amosa sorpresa e mais desgusto. Pronúnciase toda moi seguida como se fose unha única palabra, co «a» de «coma» case omitida e énfase no «e» de «demo»: algo así Ainonmecom’odémo!
Relacionado: Aí non me falte deus!
Era boa, se coase
Dise cando alguén nos tenta facer crer unha mentira ou algo incrible.
Andar de cacho para cribo/cabazo
Andar dun lado para outro
Andar á/de xaneira
Estar os gatos en celo.
Tamén se lle chama «A xaneira» a lúa de xaneiro, e tamén ás cántigas populares que se cantan na véspera do aninovo.
Pode indicar así mesmo, tempo de festa, tempo no que «se anda á xaneira»
Foderasme cando teñas tempo
Xa me foderas cando teñas tempo.
O que a di considérase hábil ou listo abondo como para que ninguén o engane.
Malo deus que te fixo
Expresa rabia contra alguén que fixo algo mal, algunha trasnada. Adoita usarse con ironía.
Malía o demo que te fixo/dou!
Non valer un patacón
Non ter, algo ou alguén, ningún valor, ou ser de moi mala calidade.
Poñer o carro diante dos bois
Botar o carro diante dos bois
Facer as soltas antes de ter as cabras
Facer as cousas ao revés, con precipitación ou seguindo unha orde diferente á debida
Levado/a dos demos
Ser ou estar moi rabiado.
Teima dos demos que...
Expresión coa que se expresa a teimosía dunha persoa nun desexo ou actitude.
Sabe que adoece!
Sabe moi ben!
Vai o demo co/coa ...!
Vai a merda co/coa ...!
Encher o ollo
Cando un gusta doutra persoa, ou cousa, e se lle nota.
-María é unha moza ben feitiña.
-Éncheche o ollo eh?
Entrar polo ollo
Gustarlle unha cousa ou unha persoa a alguén. «Non te deixes aconsellar, escolle aquel que che entre polo ollo»
Ter alguén de ollo
Ter antipatía por alguén. «Nin me fala porque xa hai tempo que me ten de ollo»
Aínda queda/resta moito millo no canastro
Algo que aínda non esta decidido. A situación pode variar e moito.
Xa non chove coma chovía
Cambiou/cambiouche o conto
Unha situacion cambiou radicalmente e a avantaxe que levaban uns, por exemplo nunha partida de mus, esvaeceuse.
A mancheas
A mans cheas
Non se move unha palla!
Usase para indicar que fai moi bo tempo. «Hoxe en Pontevedra non se move unha palla!»
Botarlle moito papo, Ter moito papo
Comportarse/ser unha persoa de forma moi atrevida, moi descarada. Que fai sempre o que lle peta.
Botarlle moita cara ao asunto
Non ter paraxe
Aplicase ás persoas que non paran de moverse.
Pagar a pena
Merecer a pena, valer a pena. «Non paga a pena que vaias, non ha ser interesante»
Petarlle a alguén facer algo
Darlle la gana a alguén de facer algo. «Fágoo porque si, porque me peta»
Botar un foguete
Botar un "polvo".
Vaiche boa! / Érache boa!
A boas horas que o lembras!
Bótao polos pes!
Expresión maleducada coa que se rexeita un prato de comida ofrecido.
Deitarse como as pitas /coas pitas
Deitarse moi cedo.
Comer coma un pisco, Comer como un pito / os pitos
Comer moi pouco, ser alguén de pouca comida
Sacudirlle a polaina a alguén
Darlle unha malleira a alguén
Non rascala / rañala
Non facer nada, non dar un pau a auga
«Bota moitas horas na oficina, pero non a rasca»
A rolos, A rebolos
Rodando polo chan e dando voltas sobre si mesmo.
«Botarse pola herba a rolos»
Recoiro!
Expresión de asombro ou sorpresa!
Volta e dálle!, E dálle!
Expresión que se lle di a quen insiste moito.
Sei con que bois aro
Sei con quen trato.
Saíulle a burra capada / a galiña choca!
As cousas resultaron ao contrario do que agardaba.
Quen tal fixo que tal pague!
Cada quen que se faga cargo das súas responsabilidades.
Faltar un roto para un descosido
Persoa que ten un defecto criticando a outra que ten outro defecto máis lene
Un home é un home e un gato é un bicho
Dise cando alguén fai algunha valentía.
«Vou meterme no mar aínda que sexa inverno».
Tamén se dí co engadido, «[...] e unha muller un capricho»
Estar coma a sardiña pola punta do rabo
Estar fraco
Estar coma unha vara verde
Estar fraco
Ou nas mans ou nos pés has amitar a quen es
un parecese fisicamente ou nos comportamentos á famila da que se procede
Os fillos á beira da casa son coma a cabra na horta
É dicir, que hai confianza excesiva
Ser coma un abelurio
ser inquieto, activo
Ser coma unha andavía
ser inquieto, activo
En terra de lobos, ouvear coma todos
fai o que vexas, segue o que todos fan
A cara de pretender nunca máis a volves ver
A relación de parella ao comezo non será a mesma, tan de conquista e loanza, como de primeiras.
Ovella que bea, bocado que perde
Só protestar non funciona, hai que traballar polo que se quere
Parecer un baile de pandeiretas
nunha reunión, festa, convite... non haber ninguén, ser poucos
Non hai doer coma dóeme
só un se dá de conta das cousas cando lle pasan a un
Hai que aforrar das risas prás choras
Cando se ergue e as arañas teñen feitas redes, é tempo de sementar/ de sazón
Tempo de sazón, estar na sazón
Estar no tempo de sementeira, estar no tempo oportuno
Ser un encollido
Ser vergoñoso e non ser espontáneo, botado para adiante.
Vai tratando xa o cuxo que queremos marchar
Pedir que se remate, se apure
O que ten prata, fode e mata
Os que teñen bens, teñen poder
Trema do mexo
Tranquilidade, non apures; acouga
Ir todo entonado
Ir ben arranxados, ben vestidos
A muller e a ovella, polo día na palleira
Fillos criados, traballos dobrados
O corvo nunca foi máis negro cas alas
Para dar ánimos, dicindo que se estea tranquilo que nada peor pode pasar
Morra a marta, morra a vella farta
Tomalo con tranquilidade, morreu de vella pero chea
Cada can lambe o seu carallo
Cada un aguanta polo do seu
Non sexas caldeiretas
Eres unha laspiñas
Ser un lacazán ou falso
Eres/saíches un mal enxerto
Mala lebre
De mala caste, de non confiar
O que non chora non mama
Cacarea ghalo que se non non veñen as ghaliñas
O que non pide, reclama, non consigue o seu
María, rabo de anguía, posta na póla, toca a viola
A muller maila gaivota, canto máis vella mais cola

Recuperadas de tempos pasados ou apenas sen uso na actualidade

artisteira/o
aguda/o, intelixente
axaneirarse
excitarse, normalmente aplicado á sexualidade
bandurra/o
candonga/o
dar memorias a alguén
dar lembranzas a alguén
derrotar o río ou derrotar o pozo
baleirar o río ou baleirar o pozo
despreocupar
co valor de incomodar
desquerer
deixar de querer no aspecto afectivo
encontrarse ñápara/o
encontrarse delicada/o de saúde
esculifrarse
arranxarse, asearse
esguilar
escorrer
espichar
morrer
espretuar
asombrar, asustar, sorprender
facer algo nun virapau
facer algo rapidamente
ficar
falecer (sin. expirar (máis formal), falecer, fenecer (lit.), finar(se), morrer. cf. perecer.)
galdaripa/o
lercha/o, persoa de pouca importancia, persoa que provoca o riso
gañar medo
ter medo, coller medo
madrasta e padrasto
non hai moito tempo as únicas documentadas no mesmo individuo eran as formas madrastra e padrastro
mar cordo
mar tranquilo
nomear
antes sempre *nombrar nesa persoa
non ter somencias de alguén
non saber nada de alguén
novez
mocidade
pórse malé
pórse desasosegada/o
rabuda/o
maliciosa/o
remocear
virar nova/o
rezar
ficar no sentido locacional, aparecer nun escrito. No testamento rezaba o nome dos herdeiros
roncha negra
tixola
rotar
perder auga (un recipiente)
ter foros
ter soberbia
xente lixeira
xente sen palabra


Outros pequenos apuntamentos

centolla
Penso que centola é un hipergaleguismo. Tratase dun crustaceo mariño que semella ter moitos ollos, pois os verdadeiros ollos están na punta dun dos seu múltiples cornos. De aí o seu nome «cent-ollos» tansformado logo en centollo / centolla
cairo
Dise das pezas dentais en forma de punta entre as moas e os dentes. «Canino» é termo sinónimo deste, así como cabeiro, canteiro e queiro.
gabar
Louvar, ensalzar, decir ben dalguén.
engabachar
pór guapo, vestise ben, pór coma un pincel.
gabacho
Ir do trinque, ben vestido, coma un pincel, guapo.
arrubir
subir trepando
axuntamento
Xuntanza, acción e efecto de xuntar, xuntanza carnal de home e muller, macho e femia
Nunca se pode tomar por concello ainda que así o poñan nalgúns concellos galegos «Praza do axuntamento»
consonte veu/ consante veu
Segundo veu, tan pronto como veu. Sen esperar a nada
«Consante veu púxose a segalo pan»
dafeito/de afeito/a eito
Sen escoller, todo seguido
Icía
Nome de muller con fonda tradición na Galiza, preto de Ferro (Narón) celébrase a feira de Santa Icía e moitos pobos teñena como patrona.
Aine
Nome de muller, nome de orixe celta, deusa do amor e a fertilidade, figura nun diccionario de nomes galegos editado pola Xunta de Galiza fai anos e ademáis e o nome da miña filla de catro anos (Nota do autor de quen tomo a referencia).
seareiro
Significa cliente habitual dunha tenda ou afeccionado a un equipo. Moita xente usa a palabra siareiro, moi semellante a seareiro, pero incorrecta.
ouca
sin. Olga, Alga
Valente
Valentin
brosa
machada/machado
canouco
Alga de can
bexato, bixato, miñato, lamego, lamote
Especie Buteo buteo, non confundir con Gabián (Accipiter nisus)
axóuxere
(nome) [ES] Cascabel, sonajero (sin: arouxo, cascabel, ruxeruxe.)
acarear
É a forma correcta, non carear
Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita en presenza mutua, coa fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.
celmoso
(adx.) suculento
apuntamento
é a forma correcta, e non apunte.
lagaña
é a forma correcta, e non legaña. sin. carraña, lepa, remela.
xuño e xullo
son as forma correctas, e non xunio e xulio.
xulgar
é a forma correcta, e non xuzgar. sin. axuizar.
xuíz, xulgado
son as formas correctas, e non xuez e xuzgado
xemelgo
é a forma correcta, e non xemelo ou xemeo.