Difference between revisions of "En proxecto (2010)"

From Proxecto Trasno
(Programa)
Line 51: Line 51:
 
:Benvida ao ciclo: Miguel Blanco Vázquez. Presidente da AC Proxecto Trasno.
 
:Benvida ao ciclo: Miguel Blanco Vázquez. Presidente da AC Proxecto Trasno.
  
10:45-12:00
+
10:45-12:15
 
:Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución.
 
:Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución.
 
::Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.
 
::Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.
  
12:00-13:30
+
12:15-13:30
 
:Conceptos de memorias de tradución e intercambio de terminoloxía e formatos estándares de localización: TMX, TBX e XLIFF
 
:Conceptos de memorias de tradución e intercambio de terminoloxía e formatos estándares de localización: TMX, TBX e XLIFF
 
::Relator: Leandro Regueiro
 
::Relator: Leandro Regueiro

Revision as of 21:14, 17 October 2010

TRADUCIÓN LIBRE AO GALEGO DE APLICATIVOS INFORMÁTICOS

Curso a realizar ao abeiro do convenio de colaboración coa SX iMiT, Xunta de Galicia.

Notas para modificar o plano

  • non cambiar o formato da páxina!
  • pensar en que o relatorio cadre dentro da estrutura xeral do curso
  • pensar no relator e na súa dispoíbilidade
  • non se poden engadir horas aos cursos, si se poden reducir os relatorios de cada poñente ata 1h15min por relator (bardante as prácticas, que non se poden modificar)
  • ao introducir un novo relatorio, hai que propoñer o seu simétrico na outra universidade; agás que sexa un tema que se considere exclusivamente orientado ao perfíl de alumnos buscado nese curso
  • indicar no historial o motivo/razoamento para o cambio

UDC: Curso de i18n e l10n

Descrición:

Introdución aos procesos de localización e tradución do software.
A linguaxe (terminoloxía) informática en galego.
Esquemas de traballo nos proxectos de localización.
Introducción ao emprego de ferramentas libres e estándar de tradución asistida por ordenador.

Dirixido a:

Público en xeral.

Requisitos:

Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
Estudantes ou Licenciados/as en Filoxía inglesa ou galega
Estudantes ou licenciados noutras carreiras das ciencias naturais e exactas.
Tradutores/as de software.
Desenvolvedores e implantadores de software.

Lugar de realización:

A Coruña:
Aula do CUFIE, Servizos Centrais de Investigación. Campus de Elviña.

Data 16/11/10 a 26/11/10 Máximo nº de prazas:

44

Créditos:

Solicitados 2

Horas

33

Taxas:

Por determinar

Centro/dpto. organizador:

Oficina de Software Libre da UDC.

Director/a:

Miguel Blanco Vázquez

Secretario/a: Leandro Regueiro

Programa

Dia (1) 00/10/10 10:30- 10:45

Benvida ao ciclo: Miguel Blanco Vázquez. Presidente da AC Proxecto Trasno.

10:45-12:15

Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución.
Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.

12:15-13:30

Conceptos de memorias de tradución e intercambio de terminoloxía e formatos estándares de localización: TMX, TBX e XLIFF
Relator: Leandro Regueiro

Dia (2) 00/10/10 10:30-12:00

Os formatos de tradución, gettext (po), qtlinguist (ts), xml. Memorias de traducións. XLIFF.
Relator: José Manuel Chaves Castroagudín.

12:00-13:30

Pootle, Transifex e sistemas de xestión web de proxectos de traducións.
Relator: Indalecio Freiría Santos. Membro de Ubuntu ao galego.

Dia (3) 00/10/10 10:30-13:30 (Grupo 1) 16:30-19:30 (Grupo 2)

Traducindo coa ferramenta libre Lokalize.
Relator: Marce Villarino. Cordenador do equipo de tradución de KDE ao galego, tradutor do Proxecto Trasno.
Asistente: (Por determinar)

Día (4) 00/10/10 10:30-13:30 (Grupo 1) 16:30-19:30 (Grupo 2)

Traducindo coa ferramenta libre Virtaal ou OmegaT.
Relator: Enrique Estévez. Técnico da OSL da USC e Coordenador do equipo de tradución do Proxecto Mozilla ao galego.
Asistente: (Por determinar)

Dia (5) 00/10/10 10:30-13:30

O Inglés no ámbito técnico.
Relator: Xosé Calvo. Filólogo. Membro do equipo de KDE ao galego.
Elementos da tradución ao galego. Nova normativa do galego.
Relator: (Por determinar)

Dia (6) 00/10/10 10:30-13:30

Problemática lingüistica do galego en contornos informáticos.
O reto dos novos termos.
Discusión terminolóxica, O Glósima e o TiBoXe de Proxecto Trasno, como medio para acadar respostas ás dúbidas terminolóxicas.
Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de N.L., ..., deseñador da ferramenta Glósima, tradutor do Proxecto Trasno.

Día (7) 00/10/10 10:30-13:30

Esquemas de traballo na localización de software.
Relator: Fran Dieguez. Coordenador do equipo de tradución GNOME ao galego, ..., tradutor do Proxecto Trasno.

Dia (8) 00/10/10 10:30 -13:30

Bases de datos lingüísticos: deseño creación e xestión.
A corrección ortográfica con hunspell_gl
Relator: (POR DETERMINAR: iniacialmente ía ser Miguel Solla)

Dia (9) 00/10/10 10:30-12:30

Procesos de internacionalización,. Gettext_izar en Bash scripting, en C e en Python e Python+Glade.
Traducindo código:
A problematica do ordenamento de variábeis.
Erros de tradución de variábeis e etiquetas de marcado.
Erros na tradución de descriptores e marcadores.
Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.

12:30-13:30

Impacto socioeconómico da localización. Perspectivas de futuro.
Relator: Miguel Blanco Vázquez. Coordenador de KDE ao galego e traductor do Proxecto Trasno.

Observacións:

Contaxe de horas
1º día 3,0 6º día 3,0
2º día 3.0 7º día 3,0
3º día 6,0 8º día 3,0
4º día 6,0 9º día 3.0
5º día 3,0
Total 33,0