En proxecto (2010)

From Proxecto Trasno
Revision as of 15:48, 8 November 2010 by Unho (talk | contribs) (Notas para modificar o plano: elimino as notas de modificación)

TRADUCIÓN AO GALEGO DE APLICATIVOS INFORMÁTICOS LIBRES

Curso a realizar ao abeiro do convenio de colaboración coa SX iMiT, Xunta de Galicia.

UDC: Curso de i18n e l10n

Descrición:

Introdución aos procesos de localización e tradución do software.
A linguaxe (terminoloxía) informática en galego.
Esquemas de traballo nos proxectos de localización.
Introducción ao emprego de ferramentas libres e estándar de tradución asistida por ordenador.

Dirixido a:

Público en xeral

Requisitos:

Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
Estudantes ou Licenciados/as en Filoxía inglesa ou galega
Estudantes ou licenciados noutras carreiras das ciencias naturais e exactas
Tradutores/as de software
Desenvolvedores e implantadores de software

Lugar de realización:

A Coruña: Universidade da Coruña. Campus de Elviña. Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Aula do CUFIE. Consultar mapa de situación do edificio

Data: 16/11/10 a 25/11/10

Máximo nº de prazas: 50

Créditos: Solicitados 2 créditos

Horas: 33,5

Taxas: Por determinar

Centro/dpto. organizador: Oficina de Software Libre da UDC

Director/a: Miguel Blanco Vázquez

Secretario/a: Leandro Regueiro


Programa

Día 1: Martes 16 de Novembro

10:30 - 10:45
Benvida ao ciclo
Relator: Miguel Blanco Vázquez
10:45 - 11:45
Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución
Relator: Miguel Anxo Bouzada
11:45 - 13:45
Formatos estándares de localización: XLIFF, TMX e TBX
Relator: Leandro Regueiro


Día 2: Mércores 17 de Novembro

10:30 - 12:00
Os formatos de tradución Gettext (po) e Qt Linguist (ts)
Relator: José Manuel Chaves Castroagudín
12:00 - 13:45
Pootle, Launchpad, Transifex e sistemas web de xestión de proxectos de traducións
Relator: Indalecio Freiría Santos


Día 3: Xoves 18 de Novembro

10:30 - 12:00
O inglés no ámbito técnico
Relator: Xosé Calvo
12:00 - 13:45
Elementos da tradución ao galego. Nova normativa do galego
Relator: Por determinar.


Día 4: Venres 19 de Novembro

10:15 - 13:45
Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre Lokalize (Grupo 1: mañá)
Relator: Marce Villarino
Asistentes: Leandro Regueiro, Miguel Blanco
16:15 - 19:45
Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre Lokalize (Grupo 2: tarde)
Relator: Marce Villarino
Asistentes: Leandro Regueiro


Día 5: Luns 22 de Novembro

10:15 - 13:45
Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre OmegaT (Grupo 1: mañá)
Relator: Enrique Estévez
Asistentes: Leandro Regueiro
16:15 - 19:45
Obradoiro: traducindo coa ferramenta libre OmegaT (Grupo 2: tarde)
Relator: Enrique Estévez
Asistentes: Miguel Blanco


Día 6: Martes 23 de Novembro

10:30 - 11:30
Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización
Relator: Antón Méixome
11:30 - 12:30
O reto da calidade lingüística no traballo en rede: roles, procesos e etiqueta de colaboración
Relator: Antón Méixome
12:30 - 13:45
A informática unha nova lingua de especialidade, uso de Glósima e Tiboxe en Trasno
Relator: Antón Méixome


Día 7: Mércores 24 de Novembro

10:30 - 11:30
Corrección técnica e Q&A na tradución de Software Libre
Relator: Fran Diéguez
11:30 - 13:45
Esquemas de traballo na localización de software
Relator: Fran Diéguez


Día 8: Xoves 25 de Novembro

10:30 - 12:30
Procesos de internacionalización. Gettext_izar en distintas linguaxes
Relator: Miguel Anxo Bouzada
12:30 - 13:45
Impacto socioeconómico da localización. Perspectivas de futuro
Relator: Miguel Blanco Vázquez

Lista de software necesario

  • Evince (ou outro lector de PDF para que vexan as transpas nos ordenadores)
  • Recursos de tradución:
    • Glosarios para usar en Lokalize e OmegaT
    • Memorias de tradución para usar en Lokalize e OmegaT
    • Guía de estilo
    • Ficheiros para traducir en Lokalize e OmegaT (nin grandes nin pequenos)
  • Lokalize
  • OmegaT
  • Virtaal
  • Pootle (de Trasno)
  • Hunspell-gl
  • Translate toolkit (incluíndo pofilter)
  • Paquete de lingua creado por Fran
  • Pology
  • PyG3t

Observacións

Contaxe de horas
1º día 3:15
2º día 3:15
3º día 3:15
4º día 7:00
5º día 7:00
6º día 3:15
7º día 3:15
8º día 3:15
Horas totais 33:30