Difference between revisions of "Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas"
m (→Total de inscritos) |
(→Total de asistentes) |
||
Line 176: | Line 176: | ||
{| cellpaddin="20" | {| cellpaddin="20" | ||
− | | Asistirán || align="right" | | + | | Asistirán || align="right" | 15 |
|- | |- | ||
| Quizais || align="right" | 8 | | Quizais || align="right" | 8 |
Revision as of 12:17, 11 September 2014
Contents
Descrición
Este encontro, pretendía acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.
Era a nosa intención que nos xuntaramos as persoas tradutoras dos equipos «oficiais» de tradución de Mozilla (Firefox, FirefoxOS, Thunderbird) LibreOffice e Apache Openoffice, Gnome, Mate, Kde, LXDE, Debian, MiniNo, Ubuntu, Mint, Fedora, ownCloud. OpenMediaVault, Android/Cianogenmod, etc. así como calquera outras persoas tradutoras de aplicativos libres, estean organizadas ou non.
A asistencia a estas xornadas foi libre, aberta e de balde. Podendo asistir calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos e informáticos, a calquera idioma, coa única condición de terse inscrito na páxina de inscricións.
As mesas sectoriais organizáronse por grupos de traballo, nos que participaron todas aquelas persoas que sendo integrantes, por asociación ou colaboración, dos grupos organizadores, tiñan interese no tema da mesa. aquelas persoas non integradas en grupos ou asociacións, asistiron como convidadas. A temática de cada mesa pode seguirse no apartado do programa.
Se ben non se falou da problemática doutros idiomas (como pode ser o español ou o portugués por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción) nos grupos de traballo participaron persoas tradutoras a eses idiomas, xa que a súa experiencia será sempre enriquecedora da nosa.
Logotipos oficiais
Lugar e datas
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
- Rúa de Airas Nunes, s/n - 15703 Santiago de Compostela
- Coordenadas GPS: W 8º 33' 16,35" | N 42º 51' 47,21"
- Mapa de OpenStreetMaps
4 e 5 (sábado e domingo) de outubro de 2014
- o día 4 comezouse a actividade ás 11:00h e rematouse ás 19:45h
- o día 5 comezouse a actividade ás 10:00h e rematouse ás 13:30h
Programa
O día 8 de xullo, coincidindo coa publicación do web da actividade abriuse un ciclo de «call for papers» para que todos os interesados puideran enviar as súas propostas de mesas/grupos de traballo.
As propostas foron enviadas ao correo de contacto da organización, estas, segundo foron recibidas, foron compartidas entre os coordinadores dos grupos promotores desta actividade.
Este ciclo pechouse as 12:00h da noite do día 7 de setembro (domingo)
Táboa de horarios e actividades
isto é un bocexo, agardando pola definitiva
sábado | 11:00 a 11:30 | Recepción aos asistentes | Hall |
11:30 a 12:00 | Acto de inauguración | a12 | |
12.00 a 14:00 | Xuntanzas por equipos de tradución | a12, a16, a17 | |
14:00 a 15:30 | Xantar | ||
15:30 a 17:30 | Terminoloxía e lingüística | a12 | |
17:30 a 17:45 | Descanso / café | ||
17:45 a 19:45 | Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos | a12, a16, a17 | |
domingo | 10.00 a 12.00 | Creación, uso e publicación de MT | a12 |
12.00 a 12.20 | Descanso / café | ||
12.20 a 13.20 | Proposta de conclusións finais e clausura das xornadas | a12 |
Conclusións
Patrocinio
Esta actividade forma parte das actividades que Proxecto Trasno realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
Difusión
Nos «nosos» medios
Nota: entendemos por «nosos» os pertencentes á comunidade do SwL e afíns.
- Páxina oficial do evento
- «evento» no G+
- Na web de Trasno 09/07/2014
- Na web de Mancomún 11/07/2014
- Na web de GALPon 12/07/2014
- Na web da Amtega 18/07/2014
- Na web da OSL do CIXUG
- [ Na web do GPUL]
- [ Na web de AGASOL]
400px|Captura do web de softastur 1/08/2014
No Twitter empregouse a etiqueta (HT) #EITSL
Na prensa dixital e nos blogs
- Asturnews 08/07/2014
- Breves de Praza Pública 08/07/2014
- Sermos Galiza 09/07/2014
- Falar y Ller 8/7/14
- Código Cero 09/07/2014
- Blog do Consello da Cultura 09/07/2014
- DiDonde.es, páxina de información de «eventos»
- Páxina no Facebook da «Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación»
- Engadidor de novas da páxina de Gabit
- Na web do Osimga
- Ligallo de Fablans de Zaragoza
- Páxina no Facebook de Xarxa Cruscat (Institut d’Estudis Catalans) 23/07/2014
- Páxina web de Xarxa Cruscat (Institut d’Estudis Catalans) 23/07/2014
Prensa en papel
Elementos gráficos
- [Fotos no Flickr]
- Fotos no G+
Asistencia
Os asistentes tiñan que inscribirse na páxina de inscricións do web da actividade.
Total de inscritos
Pertencentes a Softaragonés | 1 |
Pertencentes a Softastur | 6 |
Pertencentes a Softcatalà | 0 |
Pertencentes a Librezale | 1 |
Pertencentes a Proxecto Trasno | 10 |
Outras organizacións ou idiomas | 0 |
Non organizados | 4 |
Total | 22 |
Total de asistentes
Pertencentes a Softaragonés | 0 |
Pertencentes a Softastur | 0 |
Pertencentes a Softcatalà | 0 |
Pertencentes a Librezale | 0 |
Pertencentes a Proxecto Trasno | 0 |
Outras organizacións ou idiomas | 0 |
Non organizados | 0 |
Total | 0 |
Asemade, o sábado día 4 de outubro tiñamos a seguinte información no «evento» no G+
Asistirán | 15 |
Quizais | 8 |
+1 | 10 |
Agradecementos
- A Tegnix por financiar (adiantar os cartos) todo o preciso para a mellor fin desta actividade.
- A AGASOL por colaborar na loxística e facerse cargo de gastos imprevistos.
- A Openhost pola axuda continuada dende 2013 mantendo os servizos da web oficial de trasno.
- Ao CNTG pola cesión dos espazos.
- A Alberto Permuy de //Codery e á Comunidade O Zulo pola construción da web oficial da actividade.
- Á OSL-CIXUG Polo agasallo gourmet a todos os asistentes.
- A GALPon por facerse cargo dunha bolsa para que os trasnegos que tiñan que desprazarse a Santiago de Compostela, puideran pagar un cuarto de Hostal.
- O logotipo e o traballo de arte foi desenvolvido por Andres Bott a partires dun bocexo previo de logotipo feito por Denís Cabrera.