Difference between revisions of "Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas"
m (→Resumo) |
m (→Resumo) |
||
Line 116: | Line 116: | ||
Comprobouse que hai moitas formas de realizar a localización, xa que ningún dos equipos coincide no método que está a empregar, aínda que algúns teñen partes en común. Ponse de manifesto que non hai unha forma máxica ou ideal de traballar, esta depende da comunidade, dos membros que a forman, así pois, uns equipos traducen en liña, con ferramentas que lles serven outros axentes ou cunha infraestrutura montada por eles mesmos, outros traducen con ferramentas TAC en local e ata hai equipos que traducen directamente con editores de texto ou métodos similares, é dicir, sen axuda directa no proceso de localización (pero con axuda indirecta). Os equipos compartiron entre eles as ferramentas específicas que lles poden servir aos outros. | Comprobouse que hai moitas formas de realizar a localización, xa que ningún dos equipos coincide no método que está a empregar, aínda que algúns teñen partes en común. Ponse de manifesto que non hai unha forma máxica ou ideal de traballar, esta depende da comunidade, dos membros que a forman, así pois, uns equipos traducen en liña, con ferramentas que lles serven outros axentes ou cunha infraestrutura montada por eles mesmos, outros traducen con ferramentas TAC en local e ata hai equipos que traducen directamente con editores de texto ou métodos similares, é dicir, sen axuda directa no proceso de localización (pero con axuda indirecta). Os equipos compartiron entre eles as ferramentas específicas que lles poden servir aos outros. | ||
− | Tamén se discutiu sobre a conveniencia de traducir en local ou en liña, e falouse moito sobre o aplicativo web Pootle. Para algúns dos equipos ten moitas vantaxes aínda que non é perfecto, pero outros cren que non é a solución que precisan. O enxeñeiro de Mozilla | + | Tamén se discutiu sobre a conveniencia de traducir en local ou en liña, e falouse moito sobre o aplicativo web Pootle. Para algúns dos equipos ten moitas vantaxes aínda que non é perfecto, pero outros cren que non é a solución que precisan. O enxeñeiro de Mozilla expuxo que os equipos que se pasaron a Pootle non experimentaron ningún cambio a resaltar, nin para ben nin para mal. Pero engadiu, que os equipos que traducen en local, semella que son máis conscientes do proceso de localización, xa que este non remata coa tradución das cadeas, senón que implica unha parte de probas desa localización antes de darlle o visto e prace (sign-off). De aquí derivouse a un debate sobre a canle na que traduce cada equipo e o enxeñeiro de Mozilla comentou que el non recomenda traducir en Beta, explicou os motivos e tamén expuxo porque recomenda traducir en Central comentando os motivos. Dos equipos representados na mesa, existían as tres opcións, os que traducen en Beta, en Aurora (a maioría) e en Central. |
=== Mesa ''Debian GNU/Linux'' === | === Mesa ''Debian GNU/Linux'' === |
Revision as of 14:46, 6 October 2014
Contents
- 1 Descrición
- 2 Logotipos oficiais
- 3 Lugar e datas
- 4 Programa
- 5 Conclusións
- 6 Patrocinio
- 7 Difusión
- 8 Elementos gráficos
- 9 Asistencia
- 10 Agradecementos
Descrición
Este encontro, pretendía acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.
Era a nosa intención que nos xuntaramos as persoas tradutoras dos equipos «oficiais» de tradución de Mozilla (Firefox, FirefoxOS, Thunderbird) LibreOffice e Apache Openoffice, Gnome, Mate, Kde, LXDE, Debian, MiniNo, Ubuntu, Mint, Fedora, ownCloud. OpenMediaVault, Android/Cianogenmod, etc. así como calquera outras persoas tradutoras de aplicativos libres, estean organizadas ou non.
A asistencia a estas xornadas foi libre, aberta e de balde. Podendo asistir calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos e informáticos, a calquera idioma, coa única condición de terse inscrito na páxina de inscricións.
As mesas sectoriais organizáronse por grupos de traballo, nos que participaron todas aquelas persoas que sendo integrantes, por asociación ou colaboración, dos grupos organizadores, tiñan interese no tema da mesa. aquelas persoas non integradas en grupos ou asociacións, asistiron como convidadas. A temática de cada mesa pode seguirse no apartado do programa.
Se ben non se falou da problemática doutros idiomas (como pode ser o español ou o portugués por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción) nos grupos de traballo participaron persoas tradutoras a eses idiomas, xa que a súa experiencia será sempre enriquecedora da nosa.
Logotipos oficiais
Lugar e datas
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
- Rúa de Airas Nunes, s/n - 15703 Santiago de Compostela
- Coordenadas GPS: W 8º 33' 16,35" | N 42º 51' 47,21"
- Mapa de OpenStreetMaps
4 e 5 (sábado e domingo) de outubro de 2014
- o día 4 comezouse a actividade ás 11:00h e rematouse ás 19:45h
- o día 5 comezouse a actividade ás 10:00h e rematouse ás 13:30h
Programa
O día 8 de xullo, coincidindo coa publicación do web da actividade abriuse un ciclo de «call for papers» para que todos os interesados puideran enviar as súas propostas de mesas/grupos de traballo.
As propostas foron enviadas ao correo de contacto da organización, estas, segundo foron recibidas, foron compartidas entre os coordinadores dos grupos promotores desta actividade.
Este ciclo pechouse as 12:00h da noite do día 7 de setembro (domingo)
Táboa de horarios e actividades
sábado | 11:00 a 11:30 | Recepción aos asistentes | Hall |
11:30 a 12:00 | Acto de inauguración | a12 | |
12.00 a 14:00 | Xuntanzas por equipos de tradución | a02, a16, a17 | |
14:00 a 15:30 | Xantar | ||
15:30 a 17:30 | Terminoloxía e lingüística | a02 | |
17:30 a 17:45 | Descanso / café | ||
17:45 a 19:45 | Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos | a02 | |
domingo | 10.00 a 11.45 | Creación, uso e publicación de MT | a02 |
11.45 a 12.00 | Descanso / café | ||
12.00 a 13.00 | Tecido organizativo | a02 | |
13.00 a 14.00 | Proposta de conclusións finais e clausura das xornadas | a02 |
Acto inaugural
Contamos coa presencia do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. Valentín García Gómez.
Acto de clausura
Contamos coa presencia do Director do Consello da Cultura Galega, D. Manuel Gago Mariño.
Conclusións
Mesa Mozilla Firefox
Participan
A mesa de traballo comezou ás 12 da mañá cun total e 9 de persoas, pero unha vez comezada uníronse 3 persoas máis. En total 12 persoas.
- Unha persoa por Softcatala
- Unha persoa por Librezale
- Dúas persoas por Softastur
- Unha persoa por Softaragonés
- Catro persoas por Trasno
- Unha persoa do staff de Mozilla
- Unha tradutora freelance
- Unha persoa da comunidade galega de Software Libre
Resumo
Cada equipo falou do método de traballo que está empregando para traducir os produtos de Mozilla. No caso do equipo vasco e galego, comentaron os diferentes métodos que levan empregado e o método que están usando, ou como no caso do equipo galego, que están tentando implantar. Durante as explicacións dos métodos de traballo fóronse comentando os principais problemas que atopa cada equipo no proceso de localización. Todos coinciden na dificultade que ten o proceso de localizar os produtos de Mozilla xa que se requiren habilidades técnicas para o proceso de extracción das cadeas e de envío ao proxecto de orixe. A maioría cre que estas dificultades impiden que haxa máis colaboradores, pero tamén se comentou que non é o único motivo de que haxa poucos colaboradores. Neste punto, o enxeñeiro de Mozilla, aportou a súa experiencia no tema e expuxo que normalmente os equipos que só fan localización non crecen.
Comprobouse que hai moitas formas de realizar a localización, xa que ningún dos equipos coincide no método que está a empregar, aínda que algúns teñen partes en común. Ponse de manifesto que non hai unha forma máxica ou ideal de traballar, esta depende da comunidade, dos membros que a forman, así pois, uns equipos traducen en liña, con ferramentas que lles serven outros axentes ou cunha infraestrutura montada por eles mesmos, outros traducen con ferramentas TAC en local e ata hai equipos que traducen directamente con editores de texto ou métodos similares, é dicir, sen axuda directa no proceso de localización (pero con axuda indirecta). Os equipos compartiron entre eles as ferramentas específicas que lles poden servir aos outros.
Tamén se discutiu sobre a conveniencia de traducir en local ou en liña, e falouse moito sobre o aplicativo web Pootle. Para algúns dos equipos ten moitas vantaxes aínda que non é perfecto, pero outros cren que non é a solución que precisan. O enxeñeiro de Mozilla expuxo que os equipos que se pasaron a Pootle non experimentaron ningún cambio a resaltar, nin para ben nin para mal. Pero engadiu, que os equipos que traducen en local, semella que son máis conscientes do proceso de localización, xa que este non remata coa tradución das cadeas, senón que implica unha parte de probas desa localización antes de darlle o visto e prace (sign-off). De aquí derivouse a un debate sobre a canle na que traduce cada equipo e o enxeñeiro de Mozilla comentou que el non recomenda traducir en Beta, explicou os motivos e tamén expuxo porque recomenda traducir en Central comentando os motivos. Dos equipos representados na mesa, existían as tres opcións, os que traducen en Beta, en Aurora (a maioría) e en Central.
Mesa Debian GNU/Linux
Participan
Resumo
- etc
Mesa LibreOffice / Apache Openoffice
Participan
Resumo
- etc
Mesa Terminoloxía e lingüística
Participan
- Todos os asistentes
Resumo
- etc
Mesa Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos
Participan
- Todos os asistentes
Resumo
- etc
Mesa Creación, uso e publicación de MT
Participan
- Todos os asistentes
Resumo
- etc
Mesa Tecido organizativo
Participan
- Todos os asistentes
Resumo
- etc
Conclusións finais
Participan
- Todos os asistentes
Resumo
- etc
Patrocinio
Esta actividade forma parte das actividades que Proxecto Trasno realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
Difusión
Nos «nosos» medios
Nota: entendemos por «nosos» os pertencentes á comunidade do SwL e afíns.
- Páxina oficial do evento
- «evento» no G+
- Na web de Trasno 09/07/2014
- Na web de Mancomún 11/07/2014
- Na web de GALPon 12/07/2014
- Na web da Amtega 18/07/2014
- Na web da OSL do CIXUG
- Na web de Mancomún 01/10/2014
400px|Captura do web de softastur 1/08/2014
No Twitter empregouse a etiqueta (HT) #EITSL
Na prensa dixital e nos blogs
Previa a actividade
- Mind The Gap
- Asturnews 08/07/2014
- Breves de Praza Pública 08/07/2014
- Sermos Galiza 09/07/2014
- Falar y Ller 8/7/14
- Código Cero 09/07/2014
- Blog do Consello da Cultura 09/07/2014
- DiDonde.es, páxina de información de «eventos»
- Páxina no Facebook da «Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación»
- Engadidor de novas da páxina de Gabit
- Na web do Osimga
- Ligallo de Fablans de Zaragoza
- Páxina no Facebook de Xarxa Cruscat (Institut d’Estudis Catalans) 23/07/2014
- Páxina web de Xarxa Cruscat (Institut d’Estudis Catalans) 23/07/2014
- CódigoCero 01/10/2014
Nas mesmas datas, ou posteriores, da actividade
- AM I+D+I Asturias Mundial 04/10/2014
- Noticieiro Galego 04/10/2014
- agn - Axencia Galega de Noticias 04/10/2014
- No web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 04/10/2014
- Galicia Confidencial 05/10/2014
- La Voz de Galicia 05/10/2014 (tamén na edición en papel, ver foto vo evento no G+)
- La Información 06/10714
Prensa en papel
Elementos gráficos
Asistencia
Os asistentes tiñan que inscribirse na páxina de inscricións do web da actividade.
Total de inscritos
Pertencentes a Softaragonés | 1 |
Pertencentes a Softastur | 6 |
Pertencentes a Softcatalà | 2 |
Pertencentes a Librezale | 1 |
Pertencentes a Proxecto Trasno | 13 |
Outras organizacións ou non organizados | 14 |
Total | 37 |
Nota: Tiñámonos proposto como ideal un mínimo de 30 inscricións, este fito acadámolo o día 18 de setembro ás 12:40 do mediodía.
Total de asistentes
Pertencentes a Softaragonés | 1 |
Pertencentes a Softastur | 5 |
Pertencentes a Softcatalà | 2 |
Pertencentes a Librezale | 1 |
Pertencentes a Proxecto Trasno | 13 |
Outras organizacións ou non organizados | 13 |
Total | 35 |
Asemade, o venres día 3 de outubro tiñamos a seguinte información no «evento» no G+
Asistirán | 21 | (-2) [1 non inscrito] |
Quizais | 7 | [ningún corresponde a inscrición] |
Agradecementos
- A Tegnix por financiar (adiantar os cartos) todo o preciso para a mellor fin desta actividade.
- A AGASOL por colaborar na loxística e facerse cargo de gastos imprevistos.
- Ao CNTG pola cesión dos espazos.
- A Alberto Permuy de //Codery e á Comunidade O Zulo pola construción da web oficial da actividade.
- Á OSL-CIXUG Polo agasallo gourmet a todos os asistentes.
- A GALPon por facerse cargo dunha bolsa para que os trasnegos que tiñan que desprazarse a Santiago de Compostela, puideran pagar un cuarto de Hostal.
- O logotipo e o traballo de arte foi desenvolvido por Andres Bott a partires dun bocexo previo de logotipo feito por Denís Cabrera.