Difference between revisions of "Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas"

From Proxecto Trasno
m (Total de asistentes)
m (Total de asistentes)
Line 249: Line 249:
  
 
{| cellpaddin="20"
 
{| cellpaddin="20"
| Asistirán    || align="right" | 21    ||    (dos que asistiron 17 persoas, 2 eran grupos)
+
| Asistirán    || align="right" | 21    || (dos que asistiron 17 persoas, 2 eran grupos)
 
|-
 
|-
| Quizais || align="right" | 7    || [ningún corresponde a inscrición]
+
| Quizais || align="right" | 7    || (ningún corresponde a inscrición)
 
|-
 
|-
 
|}
 
|}

Revision as of 13:55, 6 October 2014

Descrición

Este encontro, pretendía acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.

Era a nosa intención que nos xuntaramos as persoas tradutoras dos equipos «oficiais» de tradución de Mozilla (Firefox, FirefoxOS, Thunderbird) LibreOffice e Apache Openoffice, Gnome, Mate, Kde, LXDE, Debian, MiniNo, Ubuntu, Mint, Fedora, ownCloud. OpenMediaVault, Android/Cianogenmod, etc. así como calquera outras persoas tradutoras de aplicativos libres, estean organizadas ou non.

A asistencia a estas xornadas foi libre, aberta e de balde. Podendo asistir calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos e informáticos, a calquera idioma, coa única condición de terse inscrito na páxina de inscricións.

As mesas sectoriais organizáronse por grupos de traballo, nos que participaron todas aquelas persoas que sendo integrantes, por asociación ou colaboración, dos grupos organizadores, tiñan interese no tema da mesa. aquelas persoas non integradas en grupos ou asociacións, asistiron como convidadas. A temática de cada mesa pode seguirse no apartado do programa.

Se ben non se falou da problemática doutros idiomas (como pode ser o español ou o portugués por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción) nos grupos de traballo participaron persoas tradutoras a eses idiomas, xa que a súa experiencia será sempre enriquecedora da nosa.

Logotipos oficiais

200px 200px 200px

Lugar e datas

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Rúa de Airas Nunes, s/n - 15703 Santiago de Compostela
Coordenadas GPS: W 8º 33' 16,35" | N 42º 51' 47,21"
Mapa de OpenStreetMaps

4 e 5 (sábado e domingo) de outubro de 2014

o día 4 comezouse a actividade ás 11:00h e rematouse ás 19:45h
o día 5 comezouse a actividade ás 10:00h e rematouse ás 13:30h

Programa

O día 8 de xullo, coincidindo coa publicación do web da actividade abriuse un ciclo de «call for papers» para que todos os interesados puideran enviar as súas propostas de mesas/grupos de traballo.

As propostas foron enviadas ao correo de contacto da organización, estas, segundo foron recibidas, foron compartidas entre os coordinadores dos grupos promotores desta actividade.

Este ciclo pechouse as 12:00h da noite do día 7 de setembro (domingo)

Táboa de horarios e actividades

Día
Hora
Actividade
Sala
sábado 11:00 a 11:30 Recepción aos asistentes Hall
11:30 a 12:00 Acto de inauguración a12
12.00 a 14:00 Xuntanzas por equipos de tradución a02, a16, a17
14:00 a 15:30 Xantar
15:30 a 17:30 Terminoloxía e lingüística a02
17:30 a 17:45 Descanso / café
17:45 a 19:45 Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos a02
domingo 10.00 a 11.45 Creación, uso e publicación de MT a02
11.45 a 12.00 Descanso / café
12.00 a 13.00 Tecido organizativo a02
13.00 a 14.00 Proposta de conclusións finais e clausura das xornadas a02

Acto inaugural

Contamos coa presencia do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. Valentín García Gómez.

Acto de clausura

Contamos coa presencia do Director do Consello da Cultura Galega, D. Manuel Gago Mariño.

Conclusións

Mesa Mozilla Firefox

Participan

A mesa de traballo comezou ás 12 da mañá cun total e 9 de persoas, pero unha vez comezada uníronse 3 persoas máis. En total 12 persoas.

  • Unha persoa por Softcatala
  • Unha persoa por Librezale
  • Dúas persoas por Softastur
  • Unha persoa por Softaragonés
  • Catro persoas por Trasno
  • Unha persoa do staff de Mozilla
  • Unha tradutora freelance
  • Unha persoa da comunidade galega de Software Libre

Resumo

Cada equipo falou do método de traballo que está empregando para traducir os produtos de Mozilla. No caso do equipo vasco e galego, comentaron os diferentes métodos que levan empregado e o método que están usando, ou como no caso do equipo galego, que están tentando implantar. Durante as explicacións dos métodos de traballo fóronse comentando os principais problemas que atopa cada equipo no proceso de localización. Todos coinciden na dificultade que ten o proceso de localizar os produtos de Mozilla xa que se requiren habilidades técnicas para o proceso de extracción das cadeas e de envío ao proxecto de orixe. A maioría cre que estas dificultades impiden que haxa máis colaboradores, pero tamén se comentou que non é o único motivo de que haxa poucos colaboradores. Neste punto, o enxeñeiro de Mozilla, aportou a súa experiencia no tema e expuxo que normalmente os equipos que só fan localización non crecen.

Comprobouse que hai moitas formas de realizar a localización, xa que ningún dos equipos coincide no método que está a empregar, aínda que algúns teñen partes en común. Ponse de manifesto que non hai unha forma máxica ou ideal de traballar, esta depende da comunidade, dos membros que a forman, así pois, uns equipos traducen en liña, con ferramentas que lles serven outros axentes ou cunha infraestrutura montada por eles mesmos, outros traducen con ferramentas TAC en local e ata hai equipos que traducen directamente con editores de texto ou métodos similares, é dicir, sen axuda directa no proceso de localización (pero con axuda indirecta). Os equipos compartiron entre eles as ferramentas específicas que lles poden servir aos outros.

Tamén se discutiu sobre a conveniencia de traducir en local ou en liña, e falouse moito sobre o aplicativo web Pootle. Para algúns dos equipos ten moitas vantaxes aínda que non é perfecto, pero outros cren que non é a solución que precisan. O enxeñeiro de Mozilla expuxo que os equipos que se pasaron a Pootle non experimentaron ningún cambio a resaltar, nin para ben nin para mal. Pero engadiu, que os equipos que traducen en local, semella que son máis conscientes do proceso de localización, xa que este non remata coa tradución das cadeas, senón que implica unha parte de probas desa localización antes de darlle o visto e prace (sign-off). De aquí derivouse a un debate sobre a canle na que traduce cada equipo e o enxeñeiro de Mozilla comentou que el non recomenda traducir en Beta, explicou os motivos e tamén expuxo porque recomenda traducir en Central comentando os motivos. Dos equipos representados na mesa, existían as tres opcións, os que traducen en Beta, en Aurora (a maioría) e en Central.

Mesa Debian GNU/Linux

Participan

Resumo

etc

Mesa LibreOffice / Apache Openoffice

Participan

Resumo

etc

Mesa Terminoloxía e lingüística

Participan

  • Todos os asistentes

Resumo

etc

Mesa Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos

Participan

  • Todos os asistentes

Resumo

etc

Mesa Creación, uso e publicación de MT

Participan

  • Todos os asistentes

Resumo

etc

Mesa Tecido organizativo

Participan

  • Todos os asistentes

Resumo

etc

Conclusións finais

Participan

  • Todos os asistentes

Resumo

etc

Patrocinio

Esta actividade forma parte das actividades que Proxecto Trasno realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Difusión

Nos «nosos» medios

Nota: entendemos por «nosos» os pertencentes á comunidade do SwL e afíns.

400px|Captura do web de softastur 1/08/2014

No Twitter empregouse a etiqueta (HT) #EITSL

Na prensa dixital e nos blogs

Previa a actividade

Nas mesmas datas, ou posteriores, da actividade

Prensa en papel

Elementos gráficos

Asistencia

Os asistentes tiñan que inscribirse na páxina de inscricións do web da actividade.

Total de inscritos

Pertencentes a Softaragonés 1
Pertencentes a Softastur 6
Pertencentes a Softcatalà 2
Pertencentes a Librezale 1
Pertencentes a Proxecto Trasno    13
Outras organizacións ou non organizados 14
Total 37

Nota: Tiñámonos proposto como ideal un mínimo de 30 inscricións, este fito acadámolo o día 18 de setembro ás 12:40 do mediodía.

Total de asistentes

Pertencentes a Softaragonés 1
Pertencentes a Softastur 4
Pertencentes a Softcatalà 2
Pertencentes a Librezale 1
Pertencentes a Proxecto Trasno    13
Outras organizacións ou non organizados 13
Total 34

Asemade, o sábado día 4 de outubro tiñamos a seguinte información no «evento» no G+

Asistirán    21    (dos que asistiron 17 persoas, 2 eran grupos)
Quizais 7    (ningún corresponde a inscrición)

Agradecementos

  • A Tegnix por financiar (adiantar os cartos) todo o preciso para a mellor fin desta actividade.
  • A AGASOL por colaborar na loxística e facerse cargo de gastos imprevistos.
  • Ao CNTG pola cesión dos espazos.
  • A Alberto Permuy de //Codery e á Comunidade O Zulo pola construción da web oficial da actividade.
  • Á OSL-CIXUG Polo agasallo gourmet a todos os asistentes.
  • A GALPon por facerse cargo dunha bolsa para que os trasnegos que tiñan que desprazarse a Santiago de Compostela, puideran pagar un cuarto de Hostal.
  • O logotipo e o traballo de arte foi desenvolvido por Andres Bott a partires dun bocexo previo de logotipo feito por Denís Cabrera.