Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas

From Proxecto Trasno
Revision as of 22:24, 17 September 2014 by Miguelbf (talk | contribs)

Descrición

Este encontro, pretendía acadar unha posta en común da problemática específica dos grupos de tradución do SwL á linguas minorizadas e/ou en risco de desaparición; así como iniciar unha relación de colaboración e posta en común de recursos que axude a mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.

Era a nosa intención que nos xuntaramos as persoas tradutoras dos equipos «oficiais» de tradución de Mozilla (Firefox, FirefoxOS, Thunderbird) LibreOffice e Apache Openoffice, Gnome, Mate, Kde, LXDE, Debian, MiniNo, Ubuntu, Mint, Fedora, ownCloud. OpenMediaVault, Android/Cianogenmod, etc. así como calquera outras persoas tradutoras de aplicativos libres, estean organizadas ou non.

A asistencia a estas xornadas foi libre, aberta e de balde. Podendo asistir calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos e informáticos, a calquera idioma, coa única condición de terse inscrito na páxina de inscricións.

As mesas sectoriais organizáronse por grupos de traballo, nos que participaron todas aquelas persoas que sendo integrantes, por asociación ou colaboración, dos grupos organizadores, tiñan interese no tema da mesa. aquelas persoas non integradas en grupos ou asociacións, asistiron como convidadas. A temática de cada mesa pode seguirse no apartado do programa.

Se ben non se falou da problemática doutros idiomas (como pode ser o español ou o portugués por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción) nos grupos de traballo participaron persoas tradutoras a eses idiomas, xa que a súa experiencia será sempre enriquecedora da nosa.

Logotipos oficiais

200px 200px 200px

Lugar e datas

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Rúa de Airas Nunes, s/n - 15703 Santiago de Compostela
Coordenadas GPS: W 8º 33' 16,35" | N 42º 51' 47,21"
Mapa de OpenStreetMaps

4 e 5 (sábado e domingo) de outubro de 2014

o día 4 comezouse a actividade ás 11:00h e rematouse ás 19:45h
o día 5 comezouse a actividade ás 10:00h e rematouse ás 13:30h

Programa

O día 8 de xullo, coincidindo coa publicación do web da actividade abriuse un ciclo de «call for papers» para que todos os interesados puideran enviar as súas propostas de mesas/grupos de traballo.

As propostas foron enviadas ao correo de contacto da organización, estas, segundo foron recibidas, foron compartidas entre os coordinadores dos grupos promotores desta actividade.

Este ciclo pechouse as 12:00h da noite do día 7 de setembro (domingo)

Táboa de horarios e actividades

Día
Hora
Actividade
Sala
sábado 11:00 a 11:30 Recepción aos asistentes Hall
11:30 a 12:00 Acto de inauguración a12
12.00 a 14:00 Xuntanzas por equipos de tradución a12, a16, a17
14:00 a 15:30 Xantar
15:30 a 17:30 Terminoloxía e lingüística a12
17:30 a 17:45 Descanso / café
17:45 a 19:45 Ferramentas TAC, l10n, axudas e recursos a12, a16, a17
domingo 10.00 a 11.45 Creación, uso e publicación de MT a12
11.45 a 12.00 Descanso / café
12.00 a 13.00 Tecido organizativo a12
13.00 a 14.00 Proposta de conclusións finais e clausura das xornadas a12

Conclusións

Patrocinio

Esta actividade forma parte das actividades que Proxecto Trasno realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Difusión

Nos «nosos» medios

Nota: entendemos por «nosos» os pertencentes á comunidade do SwL e afíns.

400px|Captura do web de softastur 1/08/2014

No Twitter empregouse a etiqueta (HT) #EITSL

Na prensa dixital e nos blogs

Prensa en papel

Elementos gráficos

Asistencia

Os asistentes tiñan que inscribirse na páxina de inscricións do web da actividade.

Total de inscritos

Pertencentes a Softaragonés 1
Pertencentes a Softastur 6
Pertencentes a Softcatalà 2
Pertencentes a Librezale 1
Pertencentes a Proxecto Trasno    13
Outras organizacións ou non organizados 5
Total 28

Total de asistentes

Pertencentes a Softaragonés 0
Pertencentes a Softastur 0
Pertencentes a Softcatalà 0
Pertencentes a Librezale 0
Pertencentes a Proxecto Trasno    0
Outras organizacións ou non organizados 0
Total 0

Asemade, o venres día 3 de outubro tiñamos a seguinte información no «evento» no G+

Asistirán    18 (-2)
Quizais 9

Agradecementos

  • A Tegnix por financiar (adiantar os cartos) todo o preciso para a mellor fin desta actividade.
  • A AGASOL por colaborar na loxística e facerse cargo de gastos imprevistos.
  • A Openhost pola axuda continuada dende 2013 mantendo os servizos da web oficial de trasno.
  • Ao CNTG pola cesión dos espazos.
  • A Alberto Permuy de //Codery e á Comunidade O Zulo pola construción da web oficial da actividade.
  • Á OSL-CIXUG Polo agasallo gourmet a todos os asistentes.
  • A GALPon por facerse cargo dunha bolsa para que os trasnegos que tiñan que desprazarse a Santiago de Compostela, puideran pagar un cuarto de Hostal.
  • O logotipo e o traballo de arte foi desenvolvido por Andres Bott a partires dun bocexo previo de logotipo feito por Denís Cabrera.