Formatos de papel anglosaxóns

From Proxecto Trasno
Revision as of 09:28, 7 November 2015 by Gallaecio (talk | contribs)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Os formatos de papel anglosaxóns[edit]

O conxunto de medidas e formatos de papel vixentes no mundo anglosaxón é case todo menos un sistema. É unha mesturanza difícil de encadrar. Este é un resumo, sacado de acó e de acolá, das principais medidas. Poida que varios dos formatos citados estean en desuso desde hai tempo.

Na actualidade hai dúas series principais: O Sistema Imperial Británico de Medidas (British Imperial System) e o Sistema Tradicional de Medidas Estadounidense (U.S. Customary System).

O Sistema Imperial Británico de Medidas foi unha sistematización do marasmo de medidas existentes en Gran Bretaña feita en 1824, baixo o reinado de Jorge IV, coa chamada “Lei de Pesos e Medidas” (Weights and Measures Act ).

Ademais, para complicar aínda máis as cousas, existen series paralelas de medidas adaptadas ao sistema métrico (metrized series ou metrized formats).

As series imperiais de formatos[edit]

Existen varios grupos de formatos imperiais que se van dividindo pola metade (o que varía o seu formato). Estas son as principais medidas. Cando se di que un formato é “novo” adóitase facer referencia a folla xa cortada para uso final (trimmed), mentres que o “vello” (old) fai referencia a folla sen cortar (untrimmed). Nalgúns casos, as fontes discrepan ata nos tamaños. Algúns son formatos para impresión e outros para uso “artístico” ou “escritura”.

Comparado coas series ISO, todo é tan confuso que dubido que ninguén salvo un impresor anglosaxón moi avezado saiba manexarse nesta lea, sinceiramente. Eu, persoalmente, recoñézome incapaz.

Nos cadros seguintes aredondaronse as medidas en mm. (derivadas das que constan en polgadas. 1 polgada = 25,4 mm).


Serie Elephant[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Elephant Dobre Elephant 1.016× 686 40× 27 É un formato para debuxo e escritura.
Elephant Elephant 711 × 584 28 × 23 É un formato de todo uso: Escritura, debuxo, imprenta, e papel de embalar. As medidas do formato poden variar dependendo do uso final.


Serie Foolscap[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Quad Foolscap Cuádruplo prego 863 × 686 34 × 27 É catro veces un Foolscap.
Double Foolscap Dobre prego 686 × 432 27 × 17 É dúas veces un foolscap. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Foolscap Prego 432 × 343 17 × 13,5 O tamaño base da serie. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Small Foolscap Prego pequeno 419 × 336 16,5 × 13,25 Tamén chamado Brief. É un formato para escribir ou debuxar.
Foolscap folio Prego a folio 343 × 216 13,5 × 8,5 Un foolscap dobrado pola metade.
Foolscap quarto Cuarto de prego 216 × 171 8,5 × 6,75 Un foolscap dobrado en catro. É un formato de libro encadernado.
Foolscap oitavo Oitavo de prego 171 × 108 6,75 × 4,25 Un foolscap dobrado en oito. É un formato de libro encadernado.


Serie Crown[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Quad Crown Dobre cuádruplo Crown 1.524 × 1.016 60 × 40 Oito veces un crown. É un formato para imprimir.
Quad Crown Cuádruplo Crown 1.016 × 762 40 × 30 Catro veces un crown. É un formato para imprimir.
Double Crown Dobre Crown 762 × 508 30 × 20 O dobre dun crown. É un formato para imprimir.
Crown Crown 508 × 381 20 × 15 O tamaño base da serie. É un formato para imprimir.
Crown folio Crown a folio 381 × 254 15 × 10 Un crown dobrado pola metade. É un formato de libro encadernado.
Crown quarto Cuarto de Crown 254 × 190 10 × 7,5 Un crown dobrado en catro. É un formato de libro encadernado.
Large Crown Crown largo 203 × 133 8 × 5,25 É un formato de libro encadernado.
Crown octave Oitavo de Crown 190 × 127 7,5 × 5 Un crown dobrado en oito. É un formato de libro encadernado.


Serie Demy[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Quad Demy Cuádruplo Demy 1.143 × 889 45 × 35 É un formato para imprimir.
Double Demy Dobre Demy 889 × 571 35 × 22,5 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Demy Demy 508 × 394 20 × 15,5 Tamén se atopa referenciado con medidas levemente maiores (22,5 × 17,5) ao falar de impresión.

É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.

Demy folio Demy a folio 445 × 286 17,5 × 11,25 É un formato de libro encadernado.
Demy quarto Cuarto de Demy 286 × 222 11,25 × 8,75 É un formato de libro encadernado.

Libro en cuarto.

Demy a folio dobrado a metade.

Demy octave Oitavo de Demy 222 × 143 8,75 × 5,625 É un formato de libro encadernado.

Demy a folio dobrado dúas veces. de

Demy 16mo 16abo de Demy 143 × 111 5,625 × 4,3 É un formato de libro encadernado.

Demy a folio dobrado tres veces.

Demy 18mo 18abo de Demy 146 × 95 5,75 × 3,75 É un formato de libro encadernado.

Demy a folio dobrado catro veces.

Serie Imperial[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Imperial Dobre Imperial 1.143 × 736 45 × 29 É un formato de papel de embalar.
Imperial Imperial 762 × 559 30 × 22 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Imperial folio Imperial a folio 559 × 381 22 × 15
Imperial quarto Cuarto de Imperial 279 × 279 11 × 11 É un formato de libro encadernado.
Imperial octave Oitavo de Imperial 279 × 190 11 × 7,5 É un formato de libro encadernado.


Serie Royal[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Royal Dobre Royal 1.016 × 635 40 × 25
Super Royal Super Royal 686 × 482 27 × 19 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Royal Royal 609 × 482 24 × 19 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Royal folio Royal a folio 508 × 317 20 × 12,5 É un formato de libro encadernado.
Royal quarto Cuarto de Royal 317 × 254 12,5 × 10 É un formato de libro encadernado.
Super Royal octave Oitavo de super Royal 260 × 175 10,25 × 6,9 É un formato de libro encadernado.
Royal octave Oitavo de Royal 254 × 158 10 × 6,25 É un formato de libro encadernado.


Serie Post[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Large Post Dobre Post largo 838 × 533 33 × 21 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. É o dobre dun Large Post.
Double Post Dobre Post 774 × 482 30,5 × 19 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. É o dobre dun Post
Sheet ou ½ Post Folla ou ½ Post 597 × 495 23,5 × 19,5
Large Post Post largo 533 × 419 21 × 16,5 É un formato para escribir ou debuxar.
Post Post 482 × 387 19 × 15,25 O tamaño base da serie. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Pinched Post Post pinzado 470 × 368 18,5 × 14,5 É un formato para escribir ou debuxar.


Serie Medium[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Double Medium Dobre Medium 914 × 584 36 × 23
Medium Medium 584 × 457 23 × 18 É un formato para imprimir, escribir ou debuxar.
Medium quarto Cuarto de Medium 305 × 241 12 × 9,5
Medium octave Oitavo de Medium 241 × 152 É un formato de libro encadernado.


Outros formatos[edit]

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
Antiquarian Antiquarian 1.346 × 787 53 × 31 É un formato para escribir ou debuxar.
Grand Eagle Grand Eagle 1.067 × 730 42 × 28,75 É un formato para escribir ou debuxar.
Colombier Colombier 876 × 597 34,5 × 23,5 É un formato para escribir ou debuxar.
Atlas Atlas 863 × 660 34 × 26 É un formato para escribir ou debuxar.
Cartridge Cartridge 660 × 533 26 × 21 É un formato para escribir ou debuxar.
Copy ou Draft (Draught) Copy ou Draft (Draught) 508 × 406 20 × 16 É un formato para escribir ou debuxar.
Pott Pott 381 × 317 15 × 12,5 É un formato para escribir ou debuxar.
Double Pott Dobre Pott 381 × 635 15 × 25


Algúns casos especiais[edit]

Hai varios tamaños de papel anglosaxóns que podemos poñer nun separadamente especial, xa que se atopan case sempre definidos na maioría das impresoras e programas capaces de imprimir en papel.

Nome orixinal Proposta de tradución Tamaño Comentarios
mm. Polgadas
US Letter Carta EUA 279,4 × 215,9 11 × 8 ½ É o formato equivalente ao DIN A4, do que difiere só en décimas de milímetro.

Correspondese co ANSI A

US Legal Oficio EUA 355,6× 215,9 14 × 8 ½ É a versión alongada do formato anterior (uns 7,5 cm máis).
US Tabloid Tabloide EUA 431,8× 279,4 17 × 11 É un tamaño similar ao DIN A3 (420 × 297 mm), só que algo máis curto e longo.

Correspondese co ANSI B

US Ledger Dobre carta EUA 279,4x431,8 11 x 17 É identico ao Tabloid só que en orientación horizontal.

Correspondese co ANSI B

US Executive Executivo EUA 190 × 254 7,5 × 10

Extraido de: http://www.gusgsm.com/los_formatos_de_papel_anglosajones