Formatos de papel anglosaxóns
Contents
Os formatos de papel anglosaxóns
O conxunto de medidas e formatos de papel vixentes no mundo anglosaxón é case todo menos un sistema. É unha mesturanza difícil de encadrar. Este é un resumo, sacado de acó e de acolá, das principais medidas. Poida que varios dos formatos citados estean en desuso desde hai tempo.
Na actualidade hai dúas series principais: O Sistema Imperial Británico de Medidas (British Imperial System) e o Sistema Tradicional de Medidas Estadounidense (U.S. Customary System).
O Sistema Imperial Británico de Medidas foi unha sistematización do marasmo de medidas existentes en Gran Bretaña feita en 1824, baixo o reinado de Jorge IV, coa chamada “Lei de Pesos e Medidas” (Weights and Measures Act ).
Ademais, para complicar aínda máis as cousas, existen series paralelas de medidas adaptadas ao sistema métrico (metrized series ou metrized formats).
As series imperiais de formatos
Existen varios grupos de formatos imperiais que se van dividindo pola metade (o que varía o seu formato). Estas son as principais medidas. Cando se di que un formato é “novo” adóitase facer referencia a folla xa cortada para uso final (trimmed), mentres que o “vello” (old) fai referencia a folla sen cortar (untrimmed). Nalgúns casos, as fontes discrepan ata nos tamaños. Algúns son formatos para impresión e outros para uso “artístico” ou “escritura”.
Comparado coas series ISO, todo é tan confuso que dubido que ninguén salvo un impresor anglosaxón moi avezado saiba manexarse nesta lea, sinceiramente. Eu, persoalmente, recoñézome incapaz.
Nos cadros seguintes aredondaronse as medidas en mm. (derivadas das que constan en polgadas. 1 polgada = 25,4 mm).
Serie Elephant
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Elephant | Dobre Elephant | 1.016× 686 | 40× 27 | É un formato para debuxo e escritura. |
Elephant | Elephant | 711 × 584 | 28 × 23 | É un formato de todo uso: Escritura, debuxo, imprenta, e papel de embalar. As medidas do formato poden variar dependendo do uso final. |
Serie Foolscap
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Quad Foolscap | Cuádruplo prego | 863 × 686 | 34 × 27 | É catro veces un Foolscap. |
Double Foolscap | Dobre prego | 686 × 432 | 27 × 17 | É dúas veces un foolscap. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Foolscap | Prego | 432 × 343 | 17 × 13,5 | O tamaño base da serie. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Small Foolscap | Prego pequeno | 419 × 336 | 16,5 × 13,25 | Tamén chamado Brief. É un formato para escribir ou debuxar. |
Foolscap folio | Prego a folio | 343 × 216 | 13,5 × 8,5 | Un foolscap dobrado pola metade. |
Foolscap quarto | Cuarto de prego | 216 × 171 | 8,5 × 6,75 | Un foolscap dobrado en catro. É un formato de libro encadernado. |
Foolscap oitavo | Oitavo de prego | 171 × 108 | 6,75 × 4,25 | Un foolscap dobrado en oito. É un formato de libro encadernado. |
Serie Crown
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Quad Crown | Dobre cuádruplo Crown | 1.524 × 1.016 | 60 × 40 | Oito veces un crown. É un formato para imprimir. |
Quad Crown | Cuádruplo Crown | 1.016 × 762 | 40 × 30 | Catro veces un crown. É un formato para imprimir. |
Double Crown | Dobre Crown | 762 × 508 | 30 × 20 | O dobre dun crown. É un formato para imprimir. |
Crown | Crown | 508 × 381 | 20 × 15 | O tamaño base da serie. É un formato para imprimir. |
Crown folio | Crown a folio | 381 × 254 | 15 × 10 | Un crown dobrado pola metade. É un formato de libro encadernado. |
Crown quarto | Cuarto de Crown | 254 × 190 | 10 × 7,5 | Un crown dobrado en catro. É un formato de libro encadernado. |
Large Crown | Crown largo | 203 × 133 | 8 × 5,25 | É un formato de libro encadernado. |
Crown octave | Oitavo de Crown | 190 × 127 | 7,5 × 5 | Un crown dobrado en oito. É un formato de libro encadernado. |
Serie Demy
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Quad Demy | Cuádruplo Demy | 1.143 × 889 | 45 × 35 | É un formato para imprimir. |
Double Demy | Dobre Demy | 889 × 571 | 35 × 22,5 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Demy | Demy | 508 × 394 | 20 × 15,5 | Tamén se atopa referenciado con medidas levemente maiores (22,5 × 17,5) ao falar de impresión.
É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Demy folio | Demy a folio | 445 × 286 | 17,5 × 11,25 | É un formato de libro encadernado. |
Demy quarto | Cuarto de Demy | 286 × 222 | 11,25 × 8,75 | É un formato de libro encadernado.
Libro en cuarto. Demy a folio dobrado a metade. |
Demy octave | Oitavo de Demy | 222 × 143 | 8,75 × 5,625 | É un formato de libro encadernado.
Demy a folio dobrado dúas veces. de |
Demy 16mo | 16abo de Demy | 143 × 111 | 5,625 × 4,3 | É un formato de libro encadernado.
Demy a folio dobrado tres veces. |
Demy 18mo | 18abo de Demy | 146 × 95 | 5,75 × 3,75 | É un formato de libro encadernado.
Demy a folio dobrado catro veces. |
Serie Imperial
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Imperial | Dobre Imperial | 1.143 × 736 | 45 × 29 | É un formato de papel de embalar. |
Imperial | Imperial | 762 × 559 | 30 × 22 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Imperial folio | Imperial a folio | 559 × 381 | 22 × 15 | |
Imperial quarto | Cuarto de Imperial | 279 × 279 | 11 × 11 | É un formato de libro encadernado. |
Imperial octave | Oitavo de Imperial | 279 × 190 | 11 × 7,5 | É un formato de libro encadernado. |
Serie Royal
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Royal | Dobre Royal | 1.016 × 635 | 40 × 25 | |
Super Royal | Super Royal | 686 × 482 | 27 × 19 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Royal | Royal | 609 × 482 | 24 × 19 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Royal folio | Royal a folio | 508 × 317 | 20 × 12,5 | É un formato de libro encadernado. |
Royal quarto | Cuarto de Royal | 317 × 254 | 12,5 × 10 | É un formato de libro encadernado. |
Super Royal octave | Oitavo de super Royal | 260 × 175 | 10,25 × 6,9 | É un formato de libro encadernado. |
Royal octave | Oitavo de Royal | 254 × 158 | 10 × 6,25 | É un formato de libro encadernado. |
Serie Post
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Large Post | Dobre Post largo | 838 × 533 | 33 × 21 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. É o dobre dun Large Post. |
Double Post | Dobre Post | 774 × 482 | 30,5 × 19 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. É o dobre dun Post |
Sheet ou ½ Post | Folla ou ½ Post | 597 × 495 | 23,5 × 19,5 | |
Large Post | Post largo | 533 × 419 | 21 × 16,5 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Post | Post | 482 × 387 | 19 × 15,25 | O tamaño base da serie. É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Pinched Post | Post pinzado | 470 × 368 | 18,5 × 14,5 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Serie Medium
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Double Medium | Dobre Medium | 914 × 584 | 36 × 23 | |
Medium | Medium | 584 × 457 | 23 × 18 | É un formato para imprimir, escribir ou debuxar. |
Medium quarto | Cuarto de Medium | 305 × 241 | 12 × 9,5 | |
Medium octave | Oitavo de Medium | 241 × 152 | É un formato de libro encadernado. |
Outros formatos
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
Antiquarian | Antiquarian | 1.346 × 787 | 53 × 31 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Grand Eagle | Grand Eagle | 1.067 × 730 | 42 × 28,75 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Colombier | Colombier | 876 × 597 | 34,5 × 23,5 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Atlas | Atlas | 863 × 660 | 34 × 26 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Cartridge | Cartridge | 660 × 533 | 26 × 21 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Copy ou Draft (Draught) | Copy ou Draft (Draught) | 508 × 406 | 20 × 16 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Pott | Pott | 381 × 317 | 15 × 12,5 | É un formato para escribir ou debuxar. |
Double Pott | Dobre Pott | 381 × 635 | 15 × 25 |
Algúns casos especiais
Hai varios tamaños de papel anglosaxóns que podemos poñer nun separadamente especial, xa que se atopan case sempre definidos na maioría das impresoras e programas capaces de imprimir en papel.
Nome orixinal | Proposta de tradución | Tamaño | Comentarios | |
---|---|---|---|---|
mm. | Polgadas | |||
US Letter | Carta EUA | 279,4 × 215,9 | 11 × 8 ½ | É o formato equivalente ao DIN A4, do que difiere só en décimas de milímetro.
Correspondese co ANSI A |
US Legal | Oficio EUA | 355,6× 215,9 | 14 × 8 ½ | É a versión alongada do formato anterior (uns 7,5 cm máis). |
US Tabloid | Tabloide EUA | 431,8× 279,4 | 17 × 11 | É un tamaño similar ao DIN A3 (420 × 297 mm), só que algo máis curto e longo.
Correspondese co ANSI B |
US Ledger | Dobre carta EUA | 279,4x431,8 | 11 x 17 | É identico ao Tabloid só que en orientación horizontal.
Correspondese co ANSI B |
US Executive | Executivo EUA | 190 × 254 | 7,5 × 10 |
Extraido de: http://www.gusgsm.com/los_formatos_de_papel_anglosajones