Free Translation Project
Esta é a páxina sobre o equipo galego de tradución no Translation Project da Universidade de Montreal.
Que é o Free Translation Project?
O Translation Project (ou TP) é un proxecto de tradución de diversas utilidades e aplicativos de Software Libre. Os autores destos aplicativos cédenlle ao TP a xestión das traducións (organización de grupos para cada idioma, asignación de responsables, recollida, procesamento e envío dos ficheiros traducidos), aproveitando o sistema automatizado do que dispón o TP.
Inicialmente estaba ligado ao proxecto GNU, polo que as ferramentas deste proxecto seguen a ser maioritarias, aínda que non as únicas, como se pode comprobar na lista de aplicativos dispoñibles para traducir.
Quen coordina o grupo galego?
Actualmente non hai ningún responsable para este grupo de tradución. Se queres colaborar, escribe á lista de correo ou directamente a [tsao@enelparaiso.org Francisco Javier Tsao Santín], o actual coordenador.
Requisitos especiais para as utilidades GNU
Para o caso particular das ferramentas do proxecto GNU, é previamente imprescindíbel encher, imprimir, asinar e enviar o que lle chaman un Translation Disclaimer, no que, en resume, declaras que non vas tentar impoñer límites á distribución das traduccións de utilidades GNU que fagas.
Podes atopar nesta páxina información máis detallada sobre o disclaimer e o procedemento para envialo. Ligazóns
- Web do Translation Project
- Estatísticas de tradución do equipo galego
Historia do grupo de tradución
- Xullo de 1999: Creado o grupo de tradución a galego do GNU Translation Project, con Jacobo Tarrío como coordinador.
- Abril de 2008: Reactivado o grupo de tradución ó galego do GNU Translation Project, con Francisco Javier Tsao Santín como coordinador.