Difference between revisions of "Guía de estilo da tradución"

From Proxecto Trasno
(Trato ordenador/usuario)
 
(3 intermediate revisions by 2 users not shown)
Line 13: Line 13:
 
No caso dos programas, procuramos despersonalizar ó ordenador, de xeito que teña o comportamento habitual dunha máquina. Isto se resume en:
 
No caso dos programas, procuramos despersonalizar ó ordenador, de xeito que teña o comportamento habitual dunha máquina. Isto se resume en:
  
* O ordenador non fala en primeira persoa. Para traducir 'Could not', usamos 'Non se puido' no canto de 'Non puiden'.
+
* O ordenador non fala en primeira persoa. Para traducir "Could not", usamos "Non se puido" no canto de "Non puiden".
* Do mesmo xeito, unha máquina non xera relación de afectividade co usuario, polo que o trata de 'vostede', en vez de 'ti'.  
+
* Do mesmo xeito, unha máquina non xera relación de afectividade co usuario, polo que o trata de "vostede", en vez de "ti".  
  
Hai que mirar isto con flexibilidade, e respectar a decisión do autor en inglés. Ás veces no orixinal úsase 'I' en primeira persoa para o ordenador, e non paga a pena estar a face-la conversión ó traducir.
+
Hai que mirar isto con flexibilidade, e respectar a decisión do autor en inglés. Ás veces no orixinal úsase "I" en primeira persoa para o ordenador, e non paga a pena estar a face-la conversión ó traducir.
  
Para a tradución de documentación, pola contra, ó ser unha comunicación entre persoas (tradutor/escritor - usuario), déixaselle a cada un a elección do trato, aínda que recomendamos o uso de 'ti'.
+
Para a tradución de documentación, pola contra, ó ser unha comunicación entre persoas (tradutor/escritor - usuario), déixaselle a cada un a elección do trato, aínda que recomendamos o uso de "ti".
  
=====Acentuación=====
 
=====Acentuación=====
Line 28: Line 28:
  
=====Sobre a normativa=====
 
=====Sobre a normativa=====
A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que utilizamos a [http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego|normativa oficial], que nos permite chegar á maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de consulta dispoñible (dicionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a ningures.
+
A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que utilizamos a [http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego normativa oficial], que nos permite chegar á maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de consulta dispoñible (dicionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a ningures.
  
Por outra banda, hai xente que segue a preferir utilizar outras normativas. Malia que algunhas desas traducións estean distribuídas nas versións oficiais, aquí recollémolas na sección de Outras Normativas. Nas seccións correspondentes poñemos unha adaptación á normativa oficial. As razóns son evitar unha mestura de diferentes normativas, e facilitar tarefas como a comprobación e revisión das traducións.
 
Line 36: Line 36:
 
===== Outras guías de estilo =====
 
===== Outras guías de estilo =====
 
Hai outras guías de estilo dispoñíbeis na rede. É interesante votarlles un ollo.
 
Hai outras guías de estilo dispoñíbeis na rede. É interesante votarlles un ollo.
* {{trasno:gl_guiaestilo_-_oficina_de_software_libre_osl_.pdf|Guía da OSL da UDC}}, elaborada por Iván Méndez López.
+
* {{trasno:gl_guiaestilo_-_oficina_de_software_libre_osl_.pdf Guía da OSL da UDC}}, elaborada por Iván Méndez López.
* {{trasno:guia_de_estilo_para_a_localizacion_de_software.pdf|Guía para a localización de software ao galego}}, que serve de modelo á de mancomún.
+
* {{trasno:guia_de_estilo_para_a_localizacion_de_software.pdf Guía para a localización de software ao galego}}, que serve de modelo á de mancomún.
 
* Algúns tradutores dispoñen das súas propias guías, que serven de referencia para as mellora da calidade das súas traducións. Pregunte na lista de correo para obter as últimas versións.
 
* Algúns tradutores dispoñen das súas propias guías, que serven de referencia para as mellora da calidade das súas traducións. Pregunte na lista de correo para obter as últimas versións.
 +
 
===== Outros textos lingüísticos de utilidade =====
 
===== Outros textos lingüísticos de utilidade =====
* [http://www.udc.es/snl/documentospdf/maiusculas_udc.pdf| Criterios de utilización de maiúsculas e minúsculas, polo SNL da UDC.
+
* [http://www.udc.es/snl/documentospdf/maiusculas_udc.pdf Criterios de utilización de maiúsculas e minúsculas, polo SNL da UDC].

Latest revision as of 11:03, 18 May 2010

Guía de estilo[edit]

Aquí podes atopar as nosas recomendacións e consellos para facer as traducións. Inda que non é preceptivo, tenta seguilas o máximo que poidas porque senón pérdese coherencia entre as traducións, e iso só prexudica aos usuarios.

Diferenzas entre o inglés e o galego[edit]

Hai que ter moito ollo con algunhas expresións inglesas, xa que moitas veces as traducións literais non son aconsellables.

  • Coidado co abuso de pasivas directas. Unha frase como "file couldn't be opened" traduciríase literalmente como "o ficheiro non puido ser aberto", mais unha opción moito mellor é dicir "non se puido abrir o ficheiro" (ou tamén moi recomendable "non foi posible abri-lo ficheiro").
  • Evitar tamén o uso excesivo de posesivos, que se usan en inglés moitas veces no canto do artigo. Por exemplo, para traducir "Preparing your hard disk", non é necesario indica-la posesión, e abonda poñer "Preparando o disco duro".
  • A amabilidade é boa, pero non é tan necesaria como en inglés e os seus "please". Para traducir "Please enter your name", úsese "Introduza o seu nome". Só é recomendable traducilo cando é realmente un favor: por exemplo, ó pedirlle ó usuario que envíe un informe ós desenvolvedores cando atopa un erro nun programa.
Trato ordenador/usuario[edit]

No caso dos programas, procuramos despersonalizar ó ordenador, de xeito que teña o comportamento habitual dunha máquina. Isto se resume en:

  • O ordenador non fala en primeira persoa. Para traducir "Could not", usamos "Non se puido" no canto de "Non puiden".
  • Do mesmo xeito, unha máquina non xera relación de afectividade co usuario, polo que o trata de "vostede", en vez de "ti".

Hai que mirar isto con flexibilidade, e respectar a decisión do autor en inglés. Ás veces no orixinal úsase "I" en primeira persoa para o ordenador, e non paga a pena estar a face-la conversión ó traducir.

Para a tradución de documentación, pola contra, ó ser unha comunicación entre persoas (tradutor/escritor - usuario), déixaselle a cada un a elección do trato, aínda que recomendamos o uso de "ti".

Acentuación[edit]

Lembra que os tiles en galego son necesarios, e un texto que non os teña pode parecerlle pouco serio a moitos usuarios. Procura poñelos sempre, e non esquezas as seguintes regras conflitivas cando hai varias vogais seguidas:

  • Acentúanse as vogais i e u tónicas cando van antes ou despois doutra vogal átona coa que non forman un ditongo. P.ex: aínda, tía, egoísmo, baúl, túa, miúdo, ruído, distribuír
  • Non se acentúan as vogais i e u cando forman un ditongo coa vogal que lles antecede ou segue. P.ex: meiga, moito, auga, frecuente, colleu, xerais, partiu, azuis (neste caso, se a sílaba anterior é unha vogal átona, usarase a regra anterior, p.ex: saíu, contribuíu)
  • Das dúas regras anteriores, pon especial atención naquelas formas que causan xeralmente máis problemas: ruído, distribuír; colleu, partiu, xerais
Sobre a normativa[edit]

A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que utilizamos a normativa oficial, que nos permite chegar á maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de consulta dispoñible (dicionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a ningures.

Por outra banda, hai xente que segue a preferir utilizar outras normativas. Malia que algunhas desas traducións estean distribuídas nas versións oficiais, aquí recollémolas na sección de Outras Normativas. Nas seccións correspondentes poñemos unha adaptación á normativa oficial. As razóns son evitar unha mestura de diferentes normativas, e facilitar tarefas como a comprobación e revisión das traducións.

En canto ás variantes que permite a normativa oficial (ó/ao, dende/desde, segunda forma do artigo, etc...), obviamente non hai ningunha restrición, e cada un é libre de escoller o que queira. Limitámonos a transmitir a recomendación do ILG de utilizar a terminación -ble no canto de -bel, por ser aquela máis próxima á fala. Lembra de calquera xeito que debes tentar ser homoxéneo coa túa escolla ó longo da tradución.

Outras guías de estilo[edit]

Hai outras guías de estilo dispoñíbeis na rede. É interesante votarlles un ollo.

Outros textos lingüísticos de utilidade[edit]