Difference between revisions of "Introdución á tradución de software"

From Proxecto Trasno
(Lingua, "Locale", sistemas de escritura e elementos susceptibles de localizar)
Line 17: Line 17:
 
A ISO 639 consiste da 639-1, 639-2, 639-3 e 639-5. Foron redactados en diferentes momentos con variacións.  
 
A ISO 639 consiste da 639-1, 639-2, 639-3 e 639-5. Foron redactados en diferentes momentos con variacións.  
  
A ISO 639 identifica a cada idioma cun código de dúas letras mentres que a 639-2 amplía a tres para permitir acoller a tódalas linguas existentes. Así o galego recibe os identificadores gl e glg na 639-1 e 639-2, respectivamente. Outros exemplos:  
+
A ISO 639 identifica a cada idioma cun código de dúas letras mentres que a 639-2 amplía a tres para permitir acoller a tódalas linguas existentes. Así o galego recibe os identificadores gl e glg na 639-1 e 639-2, respectivamente. Outros exemplos importantes:  
  
 
{| class="wikitable" style="text-align:center; margin: 1em auto 1em auto"
 
{| class="wikitable" style="text-align:center; margin: 1em auto 1em auto"
!ISO 639-1!!ISO 639-2!!Name!
+
!ISO 639-1!!ISO 639-2!!Name
 
|-
 
|-
 
|gl||glg||Galician||
 
|gl||glg||Galician||
Line 38: Line 38:
 
# Cambios de horario de verán (de aforro enerxético)
 
# Cambios de horario de verán (de aforro enerxético)
 
# Moeda
 
# Moeda
 +
 
== Aplicacións para a tradución ==
 
== Aplicacións para a tradución ==
 
Editores de texto vs ferramentas especializadas
 
Editores de texto vs ferramentas especializadas

Revision as of 16:18, 26 December 2009

Conceptos previos

O Inglés como lingua da computación

O fin do período colonial e o resultado das grandes guerras do século XX fixeron que a lingua de uso internacional, que ata ven entrado o pasado século fora o francés, pasara a ser o inglés, pois os Estados Unidos de Norte América colócanse coma a nova gran potencia mundial. Se a finais do século XIX e comezos do XX os primeiros grandes avances na enxeñaría e informática comezaron no mundo anglo-xermano, despois da primeira gran guerra os avances prodúcense no lado dos EUA. O resultado da segunda guerra mundial, que pon na quebra as economías europeas, e o resultado da guerra fría, permítenlle aos EUA consolidarse coma un potencia tecnolóxica. Con isto, non é de estranar que o inglés sexa a lingua estándar na computación.

Internacionalización e localización

As aplicacións informáticas son desenvoltas adaptadas cultural e lingüisticamente ao inglés. Dende o texto que o usuario ve e os caracteres dese texto, as datas, o fuso horario, formatos numéricos, nomes, direccións, unidades de medida... Por isto existe a necesidade de adaptar cada aplicación informática ás realidades culturais e lingüísticas de cada rexión. As aplicacións non adaptadas, non localizadas, impiden o uso desa aplicación a persoas que non coñecen o inglés.

O proceso de de internacionalización (que se abrevia como i18n) é o proceso polo cal se adapta unha aplicación con tal de que permita esta permita outras linguas, tipografías ou convencións locais.

O proceso de axustar o software xa internacionalizado a unha lingua ou rexión cultural concreta chámase localización, que se abrevia como l10n. A i18n das aplicacións é un requisito previo á localización. Por medio da localización créanse versión da aplicación sen necesidade de cambiar o código fonte da aplicación. Isto conséguese externalizando as mensaxes de texto ou imaxes específicas que logo os localizadores se encargarán de cambialos segundo a lingua ou os convenios culturais precisos.

O proceso de globalización (g11n) emprégase habitualmente para englobar os procesos de internalización e localización. O proceso abranga ao deseño, implementación e localización.


Lingua, "Locale", sistemas de escritura e elementos susceptibles de localizar

As linguas están recollidas nunha serie de estándares internacionais co fin de identificalas. A serie ISO 639 recolle os códigos que identifican a cada lingua. Estes códigos son empregados varios ámbitos informáticos. A ISO 639 consiste da 639-1, 639-2, 639-3 e 639-5. Foron redactados en diferentes momentos con variacións.

A ISO 639 identifica a cada idioma cun código de dúas letras mentres que a 639-2 amplía a tres para permitir acoller a tódalas linguas existentes. Así o galego recibe os identificadores gl e glg na 639-1 e 639-2, respectivamente. Outros exemplos importantes:

ISO 639-1 ISO 639-2 Name
gl glg Galician
pt por Portuguese
es spa Spanish
en eng English

Un "locale" denota unha lingua específica xunto cos convenios culturais de data, moeda, formato de número.... O locale nclúe o seguinte:

  1. Lingua
  2. Formatos numéricos
  3. Convencións de data e hora
  4. Fusos horarios
  5. Cambios de horario de verán (de aforro enerxético)
  6. Moeda

Aplicacións para a tradución

Editores de texto vs ferramentas especializadas

Aplicacións de escritorio

  • Poedit
  • Virtaal
  • Lokalize

Aplicacións en liña

  • Pootle