Difference between revisions of "KDE"
Mgl.branco (talk | contribs) |
Mgl.branco (talk | contribs) |
||
Line 1: | Line 1: | ||
+ | O '''KDE''' (''K Desktop Environment'') é un proxecto internacional de [[software libre]] no que traballan centos de enxeñeiros informáticos e outros voluntarios de tódalas partes do planeta a través da [[internet]] para desenvolver un [[ambiente de escritorio]] completo, repleto de funcións mais sinxelo de usar, e máis toda unha serie de [[programa informático|aplicacións]] destinadas a diversos usos<ref>{{Cita Web |url=http://www.kde.org/whatiskde/project.php |título=KDE Project |dataacceso=17/06/2009 |autor= |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= |mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua=[[Lingua inglesa|inglés]] |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>. | ||
+ | |||
+ | '''KDE''' ofrece por unha banda un [[ambiente de escritorio]] completo, que logo de 12 anos de traballo ininterrompidos avanza pola súa versión 4, e toda unha serie de aplicacións, instalables en diferentes ambientes de escritorio e plataformas, que cobren as necesidades de xestión de ficheiros, reprodución de son e vídeo, produción de textos, follas de cálculo, bases de datos ou presentacións, [[Navegador web|navegadores web]] e comunicación pola web, xestión de calendarios, correo electrónico e novas, produción e manexo de datos científicos, [[videoxogo]]s, etc. | ||
+ | |||
== Tradución de KDE a galego == | == Tradución de KDE a galego == | ||
Line 4: | Line 8: | ||
Se queres colaborar, vai directamente a sección ''Como podo colaborar?'' como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución. | Se queres colaborar, vai directamente a sección ''Como podo colaborar?'' como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución. | ||
− | + | * [trasno:estilo|Guía de estilo] para as traducións | |
− | + | * [trasno:glosario|Dicionario técnico inglés-galego] | |
− | + | * [kde:kbabel|Pequena guía] para KBabel e o seu xestor de catálogos. | |
Line 42: | Line 46: | ||
== Versión simple == | == Versión simple == | ||
− | + | * Obtén unha copia do ficheiro "trasno_firsttime.sh", que se pode obter [http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/trasno_firsttime.sh|de KDE] | |
− | + | * Executa tal ficheiro: | |
$ bash trasno_firsttime.sh gl | $ bash trasno_firsttime.sh gl | ||
− | + | * Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en "$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts" | |
Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir. | Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir. | ||
Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido. | Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido. | ||
== Para afoutos == | == Para afoutos == | ||
− | + | * Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin): | |
mkdir -p $HOME/Traducion/KDE | mkdir -p $HOME/Traducion/KDE | ||
− | + | * Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl): | |
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl | svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl | ||
− | + | * Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates): | |
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates | svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates | ||
− | + | * É moi útil dispor tamén dos scripts | |
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts | svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts | ||
Line 67: | Line 71: | ||
Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é: | Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é: | ||
− | + | * cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o xis é o número da versión na que se estea a traballar | |
− | + | * svn update ./templates | |
− | + | * ./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución | |
Line 89: | Line 93: | ||
Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais: | Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais: | ||
− | + | * Póla 4.3 (estábel) http://l10n.kde.org/stats/gui/stable-kde4/team/gl/ | |
− | + | * Póla 4.x (en desenvolvemento ou "trunk") http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/ | |
Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez (esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal. | Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez (esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal. | ||
Line 96: | Line 100: | ||
==== Historia ==== | ==== Historia ==== | ||
− | + | * Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores. | |
− | + | * Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego. | |
− | + | * Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %. | |
− | + | * Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla "trunk" acada o 80% | |
− | + | * Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel. | |
− | + | * Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%. | |
− | + | * Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%. | |
− | + | * Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook. | |
− | + | * Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolventes é case imposíbel de seguir. |
Revision as of 20:53, 25 December 2009
O KDE (K Desktop Environment) é un proxecto internacional de software libre no que traballan centos de enxeñeiros informáticos e outros voluntarios de tódalas partes do planeta a través da internet para desenvolver un ambiente de escritorio completo, repleto de funcións mais sinxelo de usar, e máis toda unha serie de aplicacións destinadas a diversos usos<ref>Template:Cita Web</ref>.
KDE ofrece por unha banda un ambiente de escritorio completo, que logo de 12 anos de traballo ininterrompidos avanza pola súa versión 4, e toda unha serie de aplicacións, instalables en diferentes ambientes de escritorio e plataformas, que cobren as necesidades de xestión de ficheiros, reprodución de son e vídeo, produción de textos, follas de cálculo, bases de datos ou presentacións, navegadores web e comunicación pola web, xestión de calendarios, correo electrónico e novas, produción e manexo de datos científicos, videoxogos, etc.
Contents
Tradución de KDE a galego
Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio KDE. Se queres colaborar, vai directamente a sección Como podo colaborar? como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución.
- [trasno:estilo|Guía de estilo] para as traducións
- [trasno:glosario|Dicionario técnico inglés-galego]
- [kde:kbabel|Pequena guía] para KBabel e o seu xestor de catálogos.
Que é KDE?
O K Desktop Environment, ou KDE, é un ambiente de escritorio baseado nas librarías Qt, amplamente empregado nas distribucións Linux, FreeBSD e NetBSD, así como noutras plataformas. Máis información
Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [gnome:inicio| Gnome], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento, xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.
Template:Kde:kde 41 aya.jpeg?500 Template:Kde:kde 41 oxygen.jpeg?500
O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no Proxecto Trasno, tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática Koffice e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como K3b, Amarok , Digikam ou Kaffeine, entre outros moitos agrupados en torno ao apartado [Extragear].
A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [trasno:faq|preguntas frecuentes] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.
Como podo colaborar?
O único requisito para colaborar é ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e un coñecemento alto de galego en rexistro formal (apreciaríase tamén un pouco de coñecemento básico de sistemas UNIX).
Na sección de [trasno:recursos|recursos para tradutores] atoparás información xeral sobre como facer as traducións. En concreto paga a pena ler a [trasno:guia|Guía para a tradución] se é a primeira vez que se aborda este tema e ter a man o glosario de termos técnicos para despexar dúbidas. Tamén se recomenda ler previamente a [trasno:estilo|guía de estilo] para adquirir (ou queixarse!) os convenios que adoitamos ter.
Para asignar ou desasignar apartados diríxete directamente ao coordinador. Faino sen teimas se tamén tes algunha queixa ou suxestión. A tradución divídese en [1]] os cales á súa vez divídense en paquetes ou programas. Como o número de apartados xa é grande, a cada tradutor asígnaselle un apartado no que traballará indefinidamente ou non, segundo queira. Cando o colaborador queira traducir un programa distinto que non se atope nos apartados que ten asignados, entón deixará libre un apartado e tentará que se lle asigne, se é posíbel, o apartado correspondente ao programa en cuestión.
Axuda específica para traducir KDE
Se les a [trasno:guia|guía xeral] para a tradución de programas hai un punto no que se menciona o repositorio como vía para manter actualizadas as traducións e ter maior control do traballo en conxunto. Desde o grupo de KDE recoméndase ter un repositorio local (copia local do servidor de KDE onde están as traducións oficiais e as mensaxes sen traducírense) para manter ao día en conxunto todas as traducións (e de paso poder usar funcionalidades como o xestor de proxectos do Lokalize para simplificar o proceso de tradución). Deste xeito, terás no teu ordenador unha copia exacta, que poderás actualizar cando queiras, do conxunto de traducións e poderás traballar sen necesidade de facer as descargas manualmente. Para facer isto crea un cartafol no teu disco duro adicado á tradución (un cartafol "Traducións" no cartafol persoal) e unha vez dentro executa dende a consola as seguintes ordes (precísase ter instalado un cliente de Subversion, SVN):
Versión simple
- Obtén unha copia do ficheiro "trasno_firsttime.sh", que se pode obter KDE
- Executa tal ficheiro:
$ bash trasno_firsttime.sh gl
- Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en "$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts"
Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir. Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido.
Para afoutos
- Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin):
mkdir -p $HOME/Traducion/KDE
- Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl):
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl
- Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates):
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates
- É moi útil dispor tamén dos scripts
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts
Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é:
- cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o xis é o número da versión na que se estea a traballar
- svn update ./templates
- ./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución
O coordinador debe realizar esta operación dun xeito diferente.
Tamén podes, no proxecto de Lokalize, indicar a rota a estes dous cartafoles e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeches a copia local do repositorio (paso anterior) lé a documentación de Lokalize.
Quen é o coordinador?
O coordinador actual do grupo é Marce Villarino. Envíalle unha mensaxe se queres colaborar ou para calquera cuestión, ou ponte en contacto por medio da lista de correo.
Estado das traducións
Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego en máis dun 90% (ver [de linguas] por orde). A última versión estábel, a 4.3, atópase traducida ao galego nun 90%.
Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais:
- Póla 4.3 (estábel) http://l10n.kde.org/stats/gui/stable-kde4/team/gl/
- Póla 4.x (en desenvolvemento ou "trunk") http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/
Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez (esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal.
Historia
- Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores.
- Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego.
- Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %.
- Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla "trunk" acada o 80%
- Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel.
- Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%.
- Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%.
- Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook.
- Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolventes é case imposíbel de seguir.