KDE

De Proxecto trasno

(Diferenzas entre revisións)
(Que é KDE?)
Liña 3: Liña 3:
'''KDE''' ofrece por unha banda un ambiente de escritorio completo, que logo de 12 anos de traballo ininterrompidos avanza pola súa versión 4, e toda unha serie de aplicacións, instalables en diferentes ambientes de escritorio e plataformas, que cobren as necesidades de xestión de ficheiros, reprodución de son e vídeo, produción de textos, follas de cálculo, bases de datos ou presentacións, navegadores web e comunicación pola web, xestión de calendarios, correo electrónico e novas, produción e manexo de datos científicos, videoxogos, etc.

-
== Tradución de KDE a galego ==
+
== O proxecto KDE ==
 +
 
 +
O K Desktop Environment, ou [http://www.kde.org| KDE], é un ambiente de escritorio baseado nas librarías [http://www.qtsoftware.com/| Qt], amplamente
 +
empregado nas distribucións [http://www.linux.org| Linux], [http://www.freebsd.org| FreeBSD] e [http://www.netbsd.org| NetBSD], así como noutras plataformas. [http://gl.wikipedia.org/wiki/KDE| Máis información]
 +
 
 +
Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [gnome:inicio| Gnome], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas
 +
operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel
 +
de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os
 +
ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento,
 +
xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.
 +
 
 +
O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no ''Proxecto Trasno'', tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática [http://koffice.kde.org| Koffice] e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como [http://www.k3b.org| K3b], [http://amarok.kde.org| Amarok] , [http://digikam.org| Digikam] ou [http://kaffeine.sourceforge.net| Kaffeine], entre outros moitos agrupados en torno ao apartado [http://extragear.kde.org|KDE Extragear].
 +
 
 +
A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas  extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [trasno:faq|preguntas frecuentes] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.
 +
 
 +
== Tradución de KDE ao galego ==
Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio [http://www.kde.org| KDE].
Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio [http://www.kde.org| KDE].
Liña 20: Liña 35:
Para unirse ao grupo contacta co [mailto:mvillarino@gmail.com coordinador] ou pregunta nas [mailto:proxecto@trasno.net listas do proxecto].
Para unirse ao grupo contacta co [mailto:mvillarino@gmail.com coordinador] ou pregunta nas [mailto:proxecto@trasno.net listas do proxecto].
-
=== Que é KDE? ===
 
-
 
-
O K Desktop Environment, ou [http://www.kde.org| KDE], é un ambiente de escritorio baseado nas librarías [http://www.qtsoftware.com/| Qt], amplamente
 
-
empregado nas distribucións [http://www.linux.org| Linux], [http://www.freebsd.org| FreeBSD] e [http://www.netbsd.org| NetBSD], así como noutras plataformas. [http://gl.wikipedia.org/wiki/KDE| Máis información]
 
-
 
-
Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [gnome:inicio| Gnome], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas
 
-
operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel
 
-
de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os
 
-
ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento,
 
-
xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.
 
-
 
-
O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no ''Proxecto Trasno'', tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática [http://koffice.kde.org| Koffice] e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como [http://www.k3b.org| K3b], [http://amarok.kde.org| Amarok] , [http://digikam.org| Digikam] ou [http://kaffeine.sourceforge.net| Kaffeine], entre outros moitos agrupados en torno ao apartado [http://extragear.kde.org|KDE Extragear].
 
-
 
-
A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas  extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [trasno:faq|preguntas frecuentes] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.
 
=== Como podo colaborar? ===
=== Como podo colaborar? ===

Revisión como estaba ás 19:02, 25 decembro 2009

O KDE (K Desktop Environment) é un proxecto internacional de software libre no que traballan centos de enxeñeiros informáticos e outros voluntarios de tódalas partes do planeta a través da internet para desenvolver un ambiente de escritorio completo, repleto de funcións mais sinxelo de usar, e máis toda unha serie de aplicacións destinadas a diversos usos.

KDE ofrece por unha banda un ambiente de escritorio completo, que logo de 12 anos de traballo ininterrompidos avanza pola súa versión 4, e toda unha serie de aplicacións, instalables en diferentes ambientes de escritorio e plataformas, que cobren as necesidades de xestión de ficheiros, reprodución de son e vídeo, produción de textos, follas de cálculo, bases de datos ou presentacións, navegadores web e comunicación pola web, xestión de calendarios, correo electrónico e novas, produción e manexo de datos científicos, videoxogos, etc.

Índice

O proxecto KDE

O K Desktop Environment, ou KDE, é un ambiente de escritorio baseado nas librarías Qt, amplamente empregado nas distribucións Linux, FreeBSD e NetBSD, así como noutras plataformas. Máis información

Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [gnome:inicio| Gnome], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento, xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.

O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no Proxecto Trasno, tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática Koffice e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como K3b, Amarok , Digikam ou Kaffeine, entre outros moitos agrupados en torno ao apartado Extragear.

A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [trasno:faq|preguntas frecuentes] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.

Tradución de KDE ao galego

Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio KDE. Se queres colaborar, vai directamente a sección Como podo colaborar? como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución.

  • [trasno:estilo|Guía de estilo] para as traducións
  • [trasno:glosario|Dicionario técnico inglés-galego]
  • [kde:kbabel|Pequena guía] para KBabel e o seu xestor de catálogos.

Grupo de traballo

A tradución de KDE está a ser coordinada por Marce Villarino. Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez, Chema Barcala (e alguén máis?).

Colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal.

Para unirse ao grupo contacta co coordinador ou pregunta nas listas do proxecto.

Como podo colaborar?

O único requisito para colaborar é ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e un coñecemento alto de galego en rexistro formal (apreciaríase tamén un pouco de coñecemento básico de sistemas UNIX).

Na sección de recursos para tradutores atoparás información xeral sobre como facer as traducións. En concreto paga a pena ler a Guía para a tradución se é a primeira vez que se aborda este tema e ter a man o glosario de termos técnicos para despexar dúbidas. Tamén se recomenda ler previamente a guía de estilo para adquirir (ou queixarse!) dos convenios que adoitamos ter.

Para asignar ou desasignar apartados diríxete directamente ao coordinador. Faino sen teimas se tamén tes algunha queixa ou suxestión. A tradución divídese en [1] os cales á súa vez divídense en paquetes ou programas. Como o número de apartados xa é grande, a cada tradutor asígnaselle un apartado no que traballará indefinidamente ou non, segundo queira. Cando o colaborador queira traducir un programa distinto que non se atope nos apartados que ten asignados, entón deixará libre un apartado e tentará que se lle asigne, se é posíbel, o apartado correspondente ao programa en cuestión.

Axuda específica para traducir KDE

Se les a guía xeral para a tradución de programas hai un punto no que se menciona o repositorio como vía para manter actualizadas as traducións e ter maior control do traballo en conxunto. Desde o grupo de KDE recoméndase ter un repositorio local (copia local do servidor de KDE onde están as traducións oficiais e as mensaxes sen traducírense) para manter ao día en conxunto todas as traducións (e de paso poder usar funcionalidades como o xestor de proxectos do Lokalize para simplificar o proceso de tradución). Deste xeito, terás no teu ordenador unha copia exacta, que poderás actualizar cando queiras, do conxunto de traducións e poderás traballar sen necesidade de facer as descargas manualmente. Para facer isto crea un cartafol no teu disco duro adicado á tradución (un cartafol "Traducións" no cartafol persoal) e unha vez dentro executa dende a consola as seguintes ordes (precísase ter instalado un cliente de Subversion, SVN):

Versión simple

  • Obtén unha copia do ficheiro "trasno_firsttime.sh", que se pode obter KDE
  • Executa tal ficheiro:
   $ bash trasno_firsttime.sh gl
  • Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en "$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts"
    Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir.
    Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido.

Para afoutos

  • Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin):
  mkdir -p $HOME/Traducion/KDE
  • Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl):
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl
  • Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates):
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates
  • É moi útil dispor tamén dos scripts
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts

Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é:

  • cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o xis é o número da versión na que se estea a traballar
  • svn update ./templates
  • ./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución

O coordinador debe realizar esta operación dun xeito diferente.

Tamén podes, no proxecto de Lokalize, indicar a rota a estes dous cartafoles e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeches a copia local do repositorio (paso anterior) lé a documentación de Lokalize.

Estatísticas

Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego en máis dun 90% (ver lista de linguas por orde). A última versión estábel, a 4.3, atópase traducida ao galego nun 90%.

Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais:

Historia

  • Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores.
  • Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego.
  • Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %.
  • Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla "trunk" acada o 80%
  • Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel.
  • Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%.
  • Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%.
  • Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook.
  • Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolventes é case imposíbel de seguir.
Ferramentas persoais