KDE

From Proxecto Trasno
Revision as of 16:28, 25 December 2009 by Mgl.branco (talk | contribs) (Nova páxina: "== Tradución de KDE a galego == Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio [http://www.kde.org|KDE]. Se queres colaborar, vai directamente a s…")
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Tradución de KDE a galego

Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio [1]. Se queres colaborar, vai directamente a sección Como podo colaborar? como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución.

 * [trasno:estilo|Guía de estilo] para as traducións 
 * [trasno:glosario|Dicionario técnico inglés-galego] 
 * [kde:kbabel|Pequena guía] para KBabel e o seu xestor de catálogos. 


Que é KDE?

O K Desktop Environment, ou KDE, é un ambiente de escritorio baseado nas librarías Qt, amplamente empregado nas distribucións Linux, FreeBSD e NetBSD, así como noutras plataformas. (Máis información)

Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [gnome:inicio| Gnome], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento, xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.

Template:Kde:kde 41 aya.jpeg?500 Template:Kde:kde 41 oxygen.jpeg?500

O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no Proxecto Trasno, tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática Koffice e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como K3b, Amarok , Digikam ou Kaffeine, entre outros moitos agrupados en torno ao apartado [Extragear].

A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [trasno:faq|preguntas frecuentes] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.


Como podo colaborar?

O único requisito para colaborar é ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e un coñecemento alto de galego en rexistro formal (apreciaríase tamén un pouco de coñecemento básico de sistemas UNIX).

Na sección de [trasno:recursos|recursos para tradutores] atoparás información xeral sobre como facer as traducións. En concreto paga a pena ler a [trasno:guia|Guía para a tradución] se é a primeira vez que se aborda este tema e ter a man o glosario de termos técnicos para despexar dúbidas. Tamén se recomenda ler previamente a [trasno:estilo|guía de estilo] para adquirir (ou queixarse!) os convenios que adoitamos ter.

Para asignar ou desasignar apartados diríxete directamente ao coordinador. Faino sen teimas se tamén tes algunha queixa ou suxestión. A tradución divídese en [2]] os cales á súa vez divídense en paquetes ou programas. Como o número de apartados xa é grande, a cada tradutor asígnaselle un apartado no que traballará indefinidamente ou non, segundo queira. Cando o colaborador queira traducir un programa distinto que non se atope nos apartados que ten asignados, entón deixará libre un apartado e tentará que se lle asigne, se é posíbel, o apartado correspondente ao programa en cuestión.

Axuda específica para traducir KDE

Se les a [trasno:guia|guía xeral] para a tradución de programas hai un punto no que se menciona o repositorio como vía para manter actualizadas as traducións e ter maior control do traballo en conxunto. Desde o grupo de KDE recoméndase ter un repositorio local (copia local do servidor de KDE onde están as traducións oficiais e as mensaxes sen traducírense) para manter ao día en conxunto todas as traducións (e de paso poder usar funcionalidades como o xestor de proxectos do Lokalize para simplificar o proceso de tradución). Deste xeito, terás no teu ordenador unha copia exacta, que poderás actualizar cando queiras, do conxunto de traducións e poderás traballar sen necesidade de facer as descargas manualmente. Para facer isto crea un cartafol no teu disco duro adicado á tradución (un cartafol "Traducións" no cartafol persoal) e unha vez dentro executa dende a consola as seguintes ordes (precísase ter instalado un cliente de Subversion, SVN):

Versión simple

 * Obtén unha copia do ficheiro "trasno_firsttime.sh", que se pode obter KDE
 * Executa tal ficheiro:
   $ bash trasno_firsttime.sh gl
 * Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en "$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts"
    Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir.
    Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido.

Para afoutos

 * Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin):
  mkdir -p $HOME/Traducion/KDE
 * Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl):
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl
 * Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates):
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates
 * É moi útil dispor tamén dos scripts
  svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts


Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é:

 * cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o xis é o número da versión na que se estea a traballar
 * svn update ./templates
 * ./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución


O coordinador debe realizar esta operación dun xeito diferente.

Tamén podes, no proxecto de Lokalize, indicar a rota a estes dous cartafoles e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeches a copia local do repositorio (paso anterior) lé a documentación de Lokalize.

Quen é o coordinador?

O coordinador actual do grupo é Marce Villarino. Envíalle unha mensaxe se queres colaborar ou para calquera cuestión, ou ponte en contacto por medio da lista de correo.


Estado das traducións

Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego en máis dun 90% (ver [de linguas] por orde). A última versión estábel, a 4.3, atópase traducida ao galego nun 90%.

Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais:
 * Póla 4.3 (estábel) http://l10n.kde.org/stats/gui/stable-kde4/team/gl/
 * Póla 4.x (en desenvolvemento ou "trunk") http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/

Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez (esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal.

Historia

 * Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores.
 * Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego.
 * Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %.
 * Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla "trunk" acada o 80%
 * Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel.
 * Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%.
 * Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%.
 * Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook.
 * Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolventes é case imposíbel de seguir.