Kazehakase
From Proxecto Trasno
Revision as of 05:23, 26 December 2009 by 193.146.208.64 (talk) (Nova páxina: "* Descripción: '''Kazehakase''' é un navegador web moi lixeiro, aínda en fase de desnvolvemento que emprega os motores Gecko e WebKit (nás últimas versións > 0.5.7) * Páxina w…")
- Descripción: Kazehakase é un navegador web moi lixeiro, aínda en fase de desnvolvemento que emprega os motores Gecko e WebKit (nás últimas versións > 0.5.7)
- Páxina web: Kazehakase
- Traducido por: Miguel Anxo Bouzada
- Última versión traducida: 0.5.8
- Descarga da tradución : gruvi.galpon.org
O desenvolvemento de Kazehakase é moi lento e despois de moitos intentos, os desenvolvedores non integran as traducións que lles foron enviadas, polo que se estás interesado en empregar Kazehakase en galego, e non sabes como facelo, podes seguir estas instrucións:
- Visita este repositorio
- Escolle, de entre as versións dispoñíbeis, a máis parecida á que use a túa distribución
- Localiza o ficheiro ".mo" (pode aparecer como kazehakase.mo, ou 5.6-gl.mo -5.6 a día de hoxe é o empregado po las versións 0.5.6 até a 0.5.8)
- Gárdao, co nome kazehakase.mo, na ruta adecuada no teu sistema. Esta ruta debería ser /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo , sempre que non esteamos a empregar o Kazehakase compilado por nós mesmos.
Para poder gardalo nesa ruta, terás que ter permisos de administración. Descárgao no teu cartafol persoal, e logo móveo aló empregando "sudo", ou co usuario "root":
cd <cartafol onde gardases o ficheiro> sudo cp <ficheiro> /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo
Outras rutas nas que pode ser preciso gardar este ficheiro poderían ser:
- /usr/share/locale/gl_ES/LC_MESSAGES/kazehakase.mo (no -raro- caso de que a nosa distro empregue o código de idioma gl_ES para o galego)
- /usr/local/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo (se compilamos á man Kazehakase, este normalmente instalarase dentro de /usr/local)