Propostas de actividades feitas polos trasnegos

From Proxecto Trasno
Revision as of 14:16, 22 May 2010 by Miguelbf (talk | contribs)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Proposta DESCRICIóN_CURTA[edit]

(Substituide DESCRICIÖN_CURTA polo que proceda) Proposta de: (aquí o alcume ou o nome, o que prefirades) Data de proposta: 00/00/00

Desenvolvemento:[edit]

(Detallade ao máximo a vosa proposta, nomes de quen pode/debe participar, lugares onde realizala, orzamento estimado, etc... todo aquilo nos poida axudar a avaliala.)


Proposta - Simposio galego-lusófono ou ibérico de localización[edit]

Xustificación[edit]

Os proxectos de localización de software libre ao galego arrincan bastante cedo comparativamente e cun pulo máis ou menos considerable, tal que hoxe en día o traballo do equipo galego foise colocando entre os grupos de tradución máis destacados e activos. Porén, organizativamente e en materia de innovación os localizadores galegos temos moito que aprender doutros grupos de localización. Os eventos que brindan a oportunidade de reunir a equipos de diferentes lugares son un lugar idóneo para compartir experiencias e reevaluar a dirección do propio grupo. Por iso, creemos conveniente realizar un evento que reúna ao equipo galego con outros grupos de tradución

Este evento podería orientarse de varios xeitos. Unha posibilidade é reunir ao grupo galego cos grupos da lusofon ́ pois o galego e o portugu ́s nacen do mesmo tronco lingüístico e ambas linguas teñen moito por compartir. Outra orientación podería ser a de reunir aos grupos de tradución da Península Ibérica: o grupo galego cos grupos do aranés-occitano, o asturiano, o do castelán, o catalán e o valenciano, o euskera, e o do portugués.

Descrición[edit]

Realización dun simposio de localización das linguas ib ́ricas ou galego-lusófono.

Obxectivo[edit]

Dar a coñecer a experiencia da localización galega no conxunto de grupos de tradución e aprender da xestión e proxectos doutros grupos. Así mesmo, compartir coñecemento técnico na área da internacionalización de software libre e a localización.