Talk:Coordinación do desenvolvemento do corrector Hunspell de galego

From Proxecto Trasno
Revision as of 11:52, 20 June 2012 by Meixome (talk | contribs) (Roi González Villa enviou unha mensaxe empregando o formulario de contacto en http://www.trasno.net/contact)

M. Villarino recupera todas as palabras que están asociadas ao tecnolecto «informática» do DRAG

clave (de acceso) clic código compilador compilar consola cursor delimitador descritor devasa directorio disco disquete disqueteira dixital editar emular escáner exportar ficheiro fiestra folla de cálculo formato icona importar indexar análise interactivo interface linguaxe matricial (impresora) maximizar menú microinformática microordenador microprocesador minimizar módem multiprocesador multiprograma octeto operando aplicación perforadora periférico procesador procesador de textos procesar programa programación programar rato rede arquivo servidor sistema operativo soporte soporte físico soporte lóxico subrutina tarxeta terminal tratar unidade ventá virus xanela autoestrada da información base de datos bifurcación bit bucle bus buscador byte campo cargar

Roi González Villa enviou unha mensaxe empregando o formulario de contacto en http://www.trasno.net/contact

O corrector ortográfico que ven con LibreOffice e con Ubuntu, que se eusa para o Firefox, ten erratas. Dá por voas palabras como: estáche, vinteún

Pero en cambio o corrector que hai na páxina de mozilla (www.mozilla.org) está correcto, aínda que habería que incluír algunhas novas palabras, como: navegador. https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/corrector-de-galego/

Pois solicito que substituïades o corrector de Ubutnu e LibreOffice polo corrector ortográfico da páxina web de mozilla https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/corrector-de-galego/ . E tamén engadir algunhas palabras como: navegador.

Xosé

suxire "conversár" ? A versión que está nas extensións de LibO, dá ese problema.

M.bouzada

incluír xiria

Anxela.ma informe núm 3. do 17 de abril

Con corrector https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/840/hunspell-gl-23-01-2009.tar.gz

“a oferta de esta empresa incursa en causa de ser considerada desproporcionada ou temeraria” Debería suxerir incorre.

“no mirador do edificio” Debería suxerir miradoiro.

“...os contidos da web e a que sexan máis asequibles” Suxire adquiribles, pero no dicionario da RAG suxire accesible, alcanzable.

“sobretodo para a xente máis nova” Debería suxerir Por enriba de todo.

“priorizando as dotacións públicas” O corrector marca priorizando como incorrecto. Busqueir o verbo priorizar no dicionario da RAG pero non aparece... e no Opentrad traduce como priorizar (e teño marcado “Marcar palabras desconocidas”) @profe_galego díxome isto https://twitter.com/#!/profe_galego/status/190350485302161408

“para atender unha demanda veciñal que plantexaron os residentes” Suxire: plantaron, explanaron, planearon, contemplaron Pero non suxire: expuxeron (expoñer/expor, presentar, propoñer/propor...)

“Os turnos e horarios que dos cursos son os seguintes” Non suxire as quendas

“cun toque grisáceo” O corrector non avisa de que é incorrecto, nin suxire agrisado.

“que discurrirá polas inmediacións ” Debería suxerir discorrerá.

“el aforo de la sala ” O corrector non avisa de que non existe a palabra e non a atopei no DRAG.

“redución de costes innecesarios” O corrector avisa de que é incorrecta, pero tampouco teño moi claro se as suxestións que fai están ben... se é custe/custo...

“que se ubicará no novo centro social” Debería suxerir situar.

“as suxerencias dos menores ” Debería suxerir suxestións.

Anxela.ma informe num. 2, do 10 de abril

(Con LibO 3.5 e corrector https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/840/hunspell-gl-23-01-2009.tar.gz)

“con financiación do Plan” Debería suxerir financiamento.

“O Alcalde destacou que se sinte orgulloso” Debería suxerir sente.

“que esa calidade ben envolta” (refírese a envoltorios de produtos) Non debería marcalo porque entendo que envolta é correcto.

“en Lugo temos boa calidade, bo prezo e ben envoltos” Non debería marcalo porque entendo que envoltos é correcto.

“Servizo de perruquería (corte, secado e peiteado)” Debería suxerir barbería ?

“2,5 Kg por usuario mes” Se Kg é o símbolo do quilogramo, por que o marca como incorrecto ? Só por que lle falta o punto ?

“líneas estratéxicas” Debería suxerir liñas.

“políticas de sostibilidade e xestión” Debería suxerir sustentabilidade.

“por unha banda un efecto incentivador” Non atopo incentivador no dicionario.

“Club Tríatlon” A palabra é correcta, non debería facer outras suxestións.

“programas desenvoltos pola Casa da Muller” Entendo que a palabra é correcta (participio de desenvolver: desenvolvido/desenvolto)

“trastornos xeralizados” As suxestións que fai penso que non son correctas, e non sei se debe ser xeralizados ou xeneralizados.

“democracia participativa” Marca parcitivativa, pero penso que é correcto.

“Xóvenes Empresarios” Debería suxerir novos ?.

“Evitar a marxinalidade e a creación de guetos” Marca marxinalidade, pero penso que é correcto.

“sería convinte” Debería suxerir conveniente.

“unha ceremonía no río ” Non suxire cerimonia .

“que aínda teña algún perxuizo ” Non suxire prexuízo.

“a súa ubicación” “que se ubicará no Centro Social” Non suxire localización.

“que poderán disfrutar de máis de 60 actuacións” Non suxire gozar.

“nas taquillas do auditorio” Portelo de venda de entradas do auditorio ?

“os cursos de seguridade vial” Debería suxerir viaria ?.


Outras palabras que o corrector sinala e, ou ben non atopo no dicionario http://www.realacademiagalega.org/dicionario, ou ben a suxestión que fai paréceme incorrecta.

dietista ? conectividade ? tíñase detectado penso que “tíñase” está correcto drogodependencia ? emprendemento Esta palabra non existe no dicionario. É correcta? monologuista Monólogo existe, pero non sei se monologuista é correcto siniestralidade sinistro ▻ sinistralidade ? badén http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=bad%C3%A9n

Anxela.ma informe núm. 1, do 2 de abril

“A Armada celebra o 30 aniversario da entrega e donación da Bandeira do Tercio do Norte por parte do Concello de Lugo” Debería suxerir doazón.

“da que puideron desfrutar numerosos lucenses” Entendo que desfrutar é correcto.

“un cornetín de órdenes do Tercio do Norte, dúas seccións” Debería suxerir ordes.

"Así, e según sinalou fulanito" Debería suxerir segundo.

“os problemas máis acuciantes” Debería suxerir perentorio?

“en distintas ubicacións da cidade” Debería suxerir localizacións.

“para conquerir unha mellora da calidade” Debería suxerir conquistar.

“o paradigma da sostibilidade” Debería suxerir ?

“que os locais se subasten ó mellor postor” Debería suxerir poxen e ofertante

“...formativas dirixidas a persoas desempleadas” Debería suxerir desempregadas ?

“tres locais máis vacíos e sen uso” Suxire bacío e outras palabras, pero debería suxerir baleiro.

“Unha especie de pilón de auga que vertía líquido” Suxire pión e outras, pero debería suxerir pío.

“de acuerdo con” Non detecta ben a loc. adv. e suxire acueduto

“no está en plantilla en la fábrica” Debería suxerir cadro de persoal ?

“eficacia recadatoria” Debería suxerir recadatoria ?

“nova tanda de embalaxes” Debería suxerir quenda ou serie.

“ratio económico” Debería suxerir coeficiente.


Outras palabras que o corrector sinala e, ou ben non atopo no dicionario http://www.realacademiagalega.org/dicionario, ou ben a suxestión que fai paréceme incorrecta.

autoestima suxire autoestrada ex-directora a marca como incorrecta, e dá varias suxestións que non entendo sustentabilidade a marca como incorrecta, e da varias suxestións que non son o mesmo medioambiental non a debería marcar como incorrecta, xa que está no diccionario implementar nin idea :-( semidestruído nin idea :-( protagonizar nin idea :-( aportación debería suxerir achega ? archivo debería suxerir arquivo e suxire arxivo editable non suxire editable, e non o atopo no dicionario tilde non suxire nin acento nin tache ocurrir non suxire ocorrer callejón nin idea :-( casas adosadas encostadas ? peldaños debería suxerir banzos tutorización titorización ? buzón caixa de correos

Anxela.ma informa o 29 de febreiro

- Na frase “a cultura tamén xenera emprego” o corrector non ofrece a posibilidade de substituír por “xera” (penso que é a correcta). - Na palabra “infantiles” suxire “infantiis” - Para "bache" non suxire "fochanca" - Para "desperfectos" non suxire "danos" - Para "ocurrir" non suxire "ocorrer"