Difference between revisions of "Termos frecuentes"

From Proxecto Trasno
Line 1: Line 1:
 
Este é o noso dicionario informático de termos máis frecuentes. Para cada palabra inglesa, pode haber varias posíbeis traducións ao galego (indicadas con números). Cada unha delas leva a categoría gramatical que lle corresponde, e nalgúns casos indícase se é unha forma recomendada sobre as outras. Ademais, inclúese ás veces un comentario para clarexar pequenos matices sobre as traducións, ou facer mención de formas incorrectas.
 
Este é o noso dicionario informático de termos máis frecuentes. Para cada palabra inglesa, pode haber varias posíbeis traducións ao galego (indicadas con números). Cada unha delas leva a categoría gramatical que lle corresponde, e nalgúns casos indícase se é unha forma recomendada sobre as outras. Ademais, inclúese ás veces un comentario para clarexar pequenos matices sobre as traducións, ou facer mención de formas incorrectas.
 
Podes baixar o dicionario orixinal en formato {{trasno:trasnodicc.sgml.tar.gz|SGML}}. Para usalo, necesitarás o {{trasno:dicc.dtd.tar.gz|DTD}}, o convertedor a {{trasno:dicc2html.htm|HTML}} e o script para o {{trasno:flt_html.pl.tar.gz|SGMLSPL}}, feitos por [[jtarrio@trasno.net|Jacobo Tarrío Barreiro]].
 
  
 
Podes consultar outros dicionarios informáticos en:
 
Podes consultar outros dicionarios informáticos en:

Revision as of 17:39, 25 December 2009

Este é o noso dicionario informático de termos máis frecuentes. Para cada palabra inglesa, pode haber varias posíbeis traducións ao galego (indicadas con números). Cada unha delas leva a categoría gramatical que lle corresponde, e nalgúns casos indícase se é unha forma recomendada sobre as outras. Ademais, inclúese ás veces un comentario para clarexar pequenos matices sobre as traducións, ou facer mención de formas incorrectas.

Podes consultar outros dicionarios informáticos en:

   * [de Lingüística Informática da Universidade de Vigo]

Termos informáticos máis frecuentes

Índice alfabético

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

A

    • abort**
  1. v.i. abortar
  2. v.i. cancelar
    • about**
  1. prep. acerca de (recomendada)
  2. prep. sobre
  ~ to: a piques de (recomendada); a punto de
  "acerca de" recoméndase para cando nas interfaces gráficas se mostra información sobre o programa, os seus creadores...
  Noutros contextos pódese traducir de moitos outros xeitos que non poñemos neste glosario.
    • accelerator**
  1. n.m. atallo (de teclado)
    • account**
  1. n.f. conta
    • add**
  1. v.t. engadir
     Non son correctos 'añadir' nin 'adicionar'
    • add on**
  1. v.t. engadir
  2. v.t. agregar
  3. v.t. amecer
    • add-on**
  1. n.m. complemento
   Véxanse tamén: complement, extension e plug-in 
    • address**
  1. n.m. enderezo (recomendado)
  Non se aceptan 'dirección' nin 'direción'
    • alias**
  1. n.m. alcume
  2. n.m. alcuño
  3. n.m. sobrenome
  4. n.m. alias
    • align**
  1. v.t. aliñar
    • allocate**
  1. v.t. asignar
     Evitar os barbarismos 'alocar' ou 'alocatar'
    • appearance**
  1. n.f. aparencia
     'Apariencia' é castelanismo
    • applet**
  1. n.f. applet (recomendado)
  2. n.f. miniaplicación
  3. n.m. trebello
  4. n.m. cachivache
  5. n.m. chintófano


     Non traducir como 'aplicacionciña' nin como 'aplicadela'. 'Applet' é de xénero femininino por vir de 'aplicación'.
     'Trebello', 'cachivache' e 'chintófano' son para as miniaplicacións do escritorio.
    • archive**
  1. v.t. arquivar
    • archive**
  1. n.m. arquivo
    • arrow**
  1. n.f. frecha
     'Flecha' é incorrecto
    • attach**
  1. v.t. incluír (recomendado)
  2. v.t. anexar
  3. v.t. achegar
     Usar 'anexar' ou 'achegar' cando 'incluír' poida resultar ambigua
    • attachment**
  1. n.m. anexo
     A palabra 'adxunto' non está recomendada
    • attribute**
  1. n.m. atributo
     A palabra 'característica' non está recomendada
    • authenticate**
  1. v.t. autenticar (recomendado)
  2. v.t. autentificar
     'Autenticar' é a única opción que recolle o VOLG.
    • authentication**
  1. n.f. autenticación (recomendado)
  2. n.f. autentificación
    • axis**
  1. n.m. eixe
     'Eixe' é a forma recomendada pola RALG en vez de 'eixo'.



B

    • backend**
  1. n.m. motor
    • background**
  1. n.m. fondo
    • backup**
  1. n.f. copia de seguridade (recomendado)
  2. n.m. backup
    • backup**
  1. v.t. facer (unha) copia de seguridade
    • ban**
 1. v.t. (xeral) excluir, inhabilitar, recusar, vedar
    • banner**
 1. n.m. cartel (publicitario)
    • baseline**
  1. n.f. liña base dos caracteres
    • bell**
  1. n.f. campá
     'campana' é castelanismo
    • bind**
  1. v.t. asociar
    • binding**
  1. n.f. asociación
  2. n.f. asignación
  3. n.m. atallo (de teclado)
    • bitmap**
  1. n.m. mapa de bits
    • bitrate**
  1. n.m. taxa de bits
    • blame**
 1. v.t. (repositorios) responsabilizar, atribuir a autoría, culpar
    • blink**
  1. v.i. pestanexar (recomendado)
  2. v.i. palpebrexar
  3. v.i. escintilar
    • block**
  1. n.m. bloque
     'Bloco' é lusismo
    • blog**
  1. n.m. blogue
  2. n.f. bitácora


    • blur**
  1. v.t. desenfocar
  2. v.t. esvaecer
     Non usar 'difuminar'
    • bold**
  1. adx. grosa
  2. adx. negra
    • bookmark**
  1. n.m. marcador (recomendado)
  3. n.m. marcapáxinas
  2. n.m. favorito
    • boot**
  1. v.t. arrincar
  2. v.t. iniciar
  3. v.t. arrancar
    • bootloader**
  1. n.m. cargador de arrinque
  2. n.m. cargador de inicio
  3. n.m. xestor de arrinque
  4. n.m. xestor de inicio
    • border**
  1. n.m. bordo
     'Borde' é castelanismo
    • bot**
  1. n.m. robot (programa informático que se fai pasar por unha persoa)


    • breakpoint**
 1. n.m. Punto de interrupción [recomendado]
 2. n.m. Punto de parada
    • browse**
  1. v.t. buscar
  2. v.t. procurar
  3. v.t. examinar
  4. v.t. navegar
  5. v.t. explorar
     É unha palabra que aparece en moitos contextos. Pode servir para "browse a webpage/manpage" (navegar, explorar), "browse
     a list of entries" (examinar, explorar), "Browse..." (para atopar un ficheiro) (buscar, procurar, examinar, explorar)
    • browser**
  1. v.t. navegador (recomendado)
  2. v.t. explorador
    • buddy**
  1. n.m. colega
  2. n.m. amigo
    • buddy icon**
  1. n.f. imaxe persoal
    • buffer**
  1. n.m. búfer (recomendada)
     Desaconséllase usar as traducións "memoria intermedia", "almacenador intermedio" ou "buffer". "Búfer" leva til no u.
    • bug**
  1. n.m. erro (recomendado)
  2. n.m. bug
    • build**
 1.v.t. e v.i (desenvolvimento; xeral) construir [recomendado]
 2.v.t. e v.i. (desenvolvimento) compilar
 3. v.t. e v.i. (procesamento de información) xerar
    • build-in**
 1. v.t.(xeral) incorporar
     Evítese traducir como incrustar ou análogas
    • built-in**
 1.n.m. e n.f (xeral) Incorporado, -a
    • button**
  1. n.m. botón
    • byte**
  1. n.m. byte (recomendado)
  2. n.m. octeto

C

    • cache**
  1. n.f. caché
  2. n.f. memoria caché
    • calendar**
  1. n.f. axenda
  2. n.m. calendario
     Moitos programas usan 'calendar' para se referir ó lugar onde se apuntan as cousas que hai que facer nun plano horario.
     Isto denomínase comunmente en galego, portugués e castelán como 'axenda', malia que algúns coñecidos programas de
     Microsoft usen 'calendario'.
    • cancel**
  1. v.t. cancelar
    • canvas**
  1. n.m. lenzo
    • card**
  1. n.f. tarxeta (recomendado)
  2. n.f. placa
    • caret**
  1. n.m. acento circumflexo
  2. n.m. cursor, ponto de inserción, sinal de inserción
     Por "cursor" normalmente enténdese un punto que é estabelecido mediante o rato e que adoita ter forma de
     frecha ou de cruz. Porén "caret" é o sinal gráfico dos editores que indica onde se escrebe texto, e
     adoita ter a forma dunha barra vertical con dúas gallas en riba e outras dúas en baixo, horizontais,
     a cada lado da vertical.
    • cell**
  1. n.f. cela
     'Celda' é castelanismo
    • change**
  1. v.t. trocar (recomendado)
  2. v.t. mudar
  3. v.t. cambiar
    • channel**
  1. n.f. canle (recomendado)
  2. n.m. canal
     Na maioría das situacións no contexto da informática pódese usar 'canle'.
    • charset**
  1. n.m. xogo de caracteres
    • check**
  1. v.t. comprobar
  2. v.t. verificar
  2. v.t. marcar (un cadro)
    • childframe**
 1. n.f (gui) subxanela, subfiestra.
     É un modo das interfaces gráficas, algo arcaico, no cal unha fiestra aparece incluída dentro de outra.
    • choose**
  1. v.t. escoller
  2. v.t. elixir
     'Elexir' é castelanismo
    • click**
  1. v.t. premer
  2. v.t. calcar
  3. v.t. facer clic
     Evítense os barbarismos 'clicar' ou 'cliquear'.
     Usar 'facer clic' cando sexa necesario (por exemplo, traducir 'double click' por 'facer dobre clic')
    • clipboard**
  1. n.m. portarretallos (recomendado)
  2. n.f. área de transferencia
  3. n.m. portapapeis
    • clock**
  1. n.m. reloxo
     'Reloxio' non é correcto.
    • close**
  1. v.t. pechar (recomendado)
  2. v.t. fechar
  3. v.t. cerrar
**closed captioning**
 1.n.m subtítulos opcionais
     O sistema de subtítulos opcionais diferénciase do de subtítulos convencionais
     en que non forman parte integral da imaxe mostrada no televisor, senón que poden
     mostrarse ou non á vontade do espectador. Para velos fai falla un descodificador especial, que
     ven integrado nalgúns televisores. Van codificados na liña 21 do (VBI).
    • cluster**
  1. n.m. cluster (recomendado)
  2. n.m. bloque
    • color**
  1. n.f. cor (recomendado)
  2. n.f. color
     Ámbalas dúas formas son femininas.
    • column**
  1. n.f. columna
    • command**
  1. n.m. comando (recomendado)
  2. n.f. orde
     Aconséllase 'comando' por ser 'orde' confusa, aínda que o seu significado sexa máis exacto
    • complement**
  1. n.m complemento
  Véxase tamén: add-on, extension e plug-in
    • completion**
  1. n.m. completado
    • computer**
  1. n.m. ordenador (recomendado)
  2. n.m. computador
    • connector**
  1. n.m. conectador
     Non usar 'conector'
    • control**
  1. n.m. control
     'controlo' é lusismo
     O plural irregular é 'controles', non 'controis'
    • convert**
  1. v.t. converter
     'Convertir' é castelanismo
    • core file**
  1. n.m. ficheiro core
     'Núcleo' non é correcto neste contexto.
    • cryptography**
  1. n.m. cifrado
  2. n.f. criptografía
    • cursor**
  1. n.m. cursor
    • customize**
  1. v.t. personalizar
     'Persoalizar' é pseudo-galeguismo.
     Evita-lo barbarismo 'customizar'

D

    • daemon**
  1. n.m. daemon
    A palabra galega 'demo' equivale habitualmente en inglés a 'demon'. 'Daemon' é un latinismo empregado no mundo Unix como un acrónimo co significado 
    de 'Disk And Execution MONitor'. Aínda que a escolla da palabra ten relación co seu significado orixinal de 'divindade adscrita ó destino dunha persoa' (que en 
    calquera caso non se corresponde co máis habitual en galego), é aconsellable non traducila para así mante-lo termo como un acrónimo.
    • data**
  1. n.m. datos
     'Data' en inglés é plural
    • date**
  1. n.f. data
     'Fecha' é castelanismo.
    • debug**
  1. n.f depuración (recomendado)
  2. n.m. debug
    • debug**
  1. v.t. depurar
    • decrypt**
  1. v.t. descifrar
    • default**
  1. adx. por defecto
  2. adx. por omisión
  3. adx. predeterminado
  4. adx. predefinido
    • default**
  1. n.m. predefinición
    • delete**
  1. v.t. borrar
    • deliver**
  1. v.t. entregar
  2. v.t. enviar
    • description**
  1. n.f. descrición
     'Descripción' é castelanismo
    • deselect**
  1. v.t. deseleccionar
    • desktop**
  1. n.m. escritorio
    • develop**
  1. v.t. desenvolver
     Non se pode utilizar 'desenrolar' con este significado
    • development**
  1. n.m. desenvolvemento
    • device**
  1. n.m. dispositivo
    • directory**
  1. n.m. directorio
    • disable**
  1. v.t. desactivar
  2. v.t. deshabilitar
    • diskette**
  1. n.m. disquete (recomendado)
  2. n.m. disco
     Só usar disco cando non haxa confusión con outra clase de discos
    • display**
  1. v.t. amosar
  2. v.t. mostrar
  3. v.t. escribir
  4. v.t. visualizar
    • display**
  1. n.f. pantalla
  2. n.m. visualización
  3. n.m. display
    • dock**
  1. v.t. acoplar
    • download**
  1. v.t. baixar
  2. v.t. descargar
  3. v.t. recibir
    • download**
  1. n.f. descarga
    • draft**
  1. n.m. borrador
    • drag**
  1. v.t. arrastrar
    • draw**
  1. v.t. debuxar
     'Dibuxar' é castelanismo
    • drive**
  1. n.f. unidade
    • driver**
  1. n.m. controlador (recomendado)
  2. n.m. driver
     Usar 'driver' só cando a forma 'controlador' sexa confusa.
    • drop**
  1. v.t. soltar
    • dump**
  1. v.t. envorcar
     'Volcar' é castelanismo


E

    • edge**
  1. n.f. beira
  2. n.m. límite
  3. n.m. bordo
    • e-mail**
  1. n.m. correo-e
  2. n.m. correo electrónico
  3. n.m. e-mail
     Usar 'mensaxe' cando sexa contable (ver o comentario de 'mail')
    • emboss**
 1. n.m. (procesamento de imaxe) relevo, elevación
 2. v.t. (procesamento de imaxe) elevar
     Úsase en xeral como nome dunha extensión ou filtro de procesamento de imaxes que dá
     un efeito de profundidade ou saliencia a unha superficie.
    • empty**
  1. adx. baleiro
    • empty**
  1. v.t. baleirar
    • enable**
  1. v.t. activar
  2. v.t. habilitar
    • encrypt**
  1. v.t. cifrar
     'Encriptar' non é correcto (segundo as interpretacións, poderíase entender como
     'meter nunha cripta')
    • encryption**
  1. n.m. cifrado
    • enter**
  1. v.t. introducir ('Enter your name' = 'Introduza o seu nome')
  2. v.t. entrar ('Enter directory' = 'Entrar no directorio')
    • environment**
  1. n.m. ambiente (recomendado)
  2. n.m. contorno
     'Entorno' é castelanismo
    • expire**
  1. v.t. caducar
    • extended partition**
  1. n.f. partición estendida
     'Estendida' ven de 'estender', polo que se grafa con 's'.
    • extension**
  1. s.f. extensión (recomendada)
  2. s.m. engadido
  Véxase tamén: add-on, complement e plug-in

F

    • fail**
  1. v.t. fallar
  2. v.t. errar
     'Faiar' é incorrecto
    • fail**
  1. n.f. falla (recomendado)
  2. n.m. erro (recomendado)
  3. n.m. fallo
     'Fallo' non está aconsellado por algúns diccionarios, pero está admitido no da Real Academia.
    • fallback**
 1. adx. de reserva
 2. adx. de emerxencia
    • fatal error**
  1. n.m. erro moi grave (recomendado)
  2. n.m. erro fatal
    • favicon**
  1. n.f ícona de páxina
     O nome "favicon" procede do inglés "favorites icon" e reférese ás pequenas imaxes
     no formato *.ico com de cerca de 16x16 píxeles que fican gardadas nun sitio web
     para ser mostrados xunto ao URL ou ao nome da páxina, no navegador.
    • feature**
  1. n.f. funcionalidade
  2. n.f. característica
  3. n.f. capacidade
  4. n.f. función
    • file**
  1. n.m. ficheiro (recomendado)
  2. n.m. arquivo
     Recoméndase deixar 'arquivo' para 'archive', para poder traducir cousas do inglés como 'Compress files in an archive'
     'Ficheiro' e 'fichero' son as formas ibéricas do portugués e o castelán. A presencia de 'arquivo' e 'archivo' débese á
     influencia sudamericana. As traduccións castelás son comúns e optan por 'archivo'. As traduccións portuguesas son
     distintas ás brasileiras, e manteñen por iso a forma 'ficheiro'. Nas outras linguas románicas, úsase sempre a forma con
     esa raíz: francés (fichier), catalán (fitxer), italiano (file), romanés (fisier), occitano (fiquier) valón (fitchî) file


    • file**
  1. v.t. arquivar
     Non temos nada semellante a 'ficheirar', así que temos que usar 'arquivar'. É un verbo pouco habitual
    • fill**
  1. v.t. encher
  1. v.t. completar
     A tradución depende do contexto.
    • fill**
  1. n.m. recheo
    • find**
  1. v.t. buscar
  2. v.t. atopar
     Depende do contexto. Os ingleses usan 'find' co senso de 'buscar'
    • firewall**
  1. n.m. cortalumes (recomendado)
  2. n.f. devasa (recomendado)
  3. n.f. barreira de control
    • flag**
  1. n.m. flag
  2. n.f. bandeira
  3. n.f. marca
  4. n.m. sinalador
  5. n.m. indicador
    • floppy disk**
  1. n.m. disquete
    • folder**
  1. n.f. cartafol (recomendado) pl. cartafoles (Palabra composta por carta e fol. Fol é monosílabo e forma o plural con foles)
  2. n.f. pasta
    • font**
  1. n.f. fonte
  2. n.m. tipo de letra
     Non usar 'tipografía'. Non usar 'fonte' en contextos onde sexa preferible usar 'tipo de letra'
    • foreground**
  1. n.m. primeiro plano
    • format**
  1. n.m. formato
    • format**
  1. v.t. formatar
  2. v.t. dar formato
     'Formatear' non é unha tradución correcta
    • frame**
  1. n.m. fotograma
  2. n.m. marco
    • friendly**
  1.-[xeral] adx. simpático
  2.-[xeral] adx. acolledor
  user ~: fácil de usar; de manexo simples
  printer ~: versión para imprimir; formato para imprimir
    • frontend**
  1. n.f. interface
    • full screen**
  1. n.f. pantalla completa


G

    • gateway**
  1. n.f. pasarela (recomendada)
     Non usar 'gateway'
    • gesture**
  1. n.m [xeral] aceno
  2. n.m [xeral] xesto
   Rocker ~ : [gui] aceno cos botóns
   Shape ~  : [gui] aceno co rato
     Os acenos feitos cos botóns e co rato son dous xeitos diferentes de activar funcións
     dun programa mediante un sistema de atallo que non emprega máis que o rato. No
     primeiro caso é a secuencia na que se premen os botóns a que serve de atallo, no
     segundo é a figura que se debuxa do rato, mantendo unha tecla premida. Son
     habituais en navegadores web, están disponíbeis en konqueror, firefox e Opera.
    • glossy paper**
  1. n.m. papel brillante
     En galego non existe a palabra 'satinado'
    • glyph**
  1. n.m símbolo
  2. n.m glifo
    • gradient**
  1. n.m. degradado (recomendado)
  2. n.m. gradiente
    • grid**
  1. n.m. enreixado
     'Rexiña' e 'relliña' non son correctos.
    • guideline**
  1. n.f. liña-guía
     Non confundir con 'guidelines'.
    • guidelines**
  1. n.f. liñas mestras
  2. n.f. directivas
  3. n.f. normativa
  4. n.f. orientacións
  5. n.f. liñas-guía (mirar 'guideline')


H

    • handle**
  1. v.t. manexar
  2. v.t. xestionar
    • handler**
  1. n.m. manexador
  2. n.m. xestor
    • hard disk**
  1. n.m. disco duro (recomendado)
  2. n.m. disco ríxido
    • head**
  1. n.f. cabeceira
  2. n.f. cabeza
    • help**
  1. n.m. axuda
    • hide**
  1. n.m. agochar (recomendado)
  2. n.m. esconder
  3. n.m. ocultar
    • highlight**
  1. v.t. resaltar (recomendado)
  2. v.t. realzar
    • highlight**
  1. n.m. resalte (recomendado)
  2. n.m. realce
    • host**
  1. n.f. máquina
  2. n.m. servidor
     'Hóspede' non é correcto.
    • however**
  1. sen embargo
  2. non obstante
  3. en troques
  4. ainda así
     'Nembargantes' non é correcto.
    • hub**
 1. n.m (hardware, redes) concentrador

I

    • icon**
  1. n.f. icona
     Non son correctos 'icono' nin 'ícone'.
    • iconify**
  1. v.t. iconificar
    • inbox**
  1. n.f. caixa de correo (recomendado)
  2. n.m. buzón
    • inch**
  1. n.f. polgada
     'Pulgada' é castelanismo.
    • incoming**
  1. n.f. entrante
    • indent**
  1. v.t. sangrar
   Evitar o barbarismo 'indentar'
    • indentation**
  1. v.t. sangría
   Evitar 'sangrado' e o barbarismo 'indentado'
    • indexer**
 1. n.m. indexador
 2. n.m. catalogador
 3. n.m. rexistrador
    • inode**
  1. n.m. inode
  2. n.m. inodo
     A palabra orixinal 'node' ten un significado difuso, polo que se lle asigna ó termo 'nodo'.
    • insert**
  1. v.t. inserir (recomendado)
     Non usar 'Insertar'
    • interface**
  1. n.f. interface
     'Interfaz' é castelanismo.
    • invert**
  1. v.t. inverter
     'Invertir' é castelanismo
    • italic**
  1. adx. cursiva
    • item**
  1. n.m. elemento (recomendado)
  2. n.m. obxecto
  3. n.m. ítem

J

    • journaling filesystem**
  1. n.m. sistema de ficheiros transaccional
    • justify**
  1. v.t. xustificar

K

    • kernel**
  1. n.m. kernel (recomendado)
  2. n.m. núcleo
     Usar 'núcleo' cando non haxa posibilidade de confusión
    • kerning**
  1. n.m. kerning
    • key**
  1. n.f. tecla
  2. n.f. clave
    • key binding**
  1. n.m. atallo de teclado
  2. n.f. asignación de teclas
     Véxase a traducción do verbo 'to bind'
    • keyboard**
  1. n.m. teclado
    • keymap**
  1. n.m. mapa de teclado
    • keyring**
  1. n.m. chaveiro
  2. n.m. claveiro


    • keyword**
  1. n.f. palabra clave
    • kickban**
 1. v.t. (redes, irc; recomendado) Expulsar e vedar
 2. v.t (redes, irc) Desterrar

L

    • label**
  1. v.t. etiquetar
  2. v.t. marcar
    • label**
  1. n.f. etiqueta
    • landscape**
  1. adx. apaisado
    • launch**
  1. v.t. lanzar
  2. v.t. executar
    • layer**
  1. n.f. capa
  2. n.m. nivel
    • layout**
  1. n.f. disposición
  2. n.m. formato
    • leader line**
  1. n.f. liña directriz (para o texto)
    • library**
  1. n.f. biblioteca
  2. n.f. librería
     Non hai razón algunha para rexeitar unha palabra como 'librería', que pode ter o mesmo significado que 'biblioteca'
    • line**
  1. n.f. liña
     'Línea' é castelanismo
    • link**
  1. n.f. ligazón (recomendado)
  2. n.m. enlace
    • link**
  1. v.t. ligar (recomendado)
  2. v.t. enlazar
    • load**
  1. n.f. carga
    • load**
  1. v.t. cargar
     'Carregar' é lusismo.
    • log file**
  1. n.m. (ficheiro de) rexistro (recomendado)
  2. n.m. (ficheiro de) log
     Deixa-lo termo inglés só cando 'rexistro' sexa confuso
    • log in**
  1. v.i. facer login, conectar
  2. v.i. entrar no sistema, entrar na conta, etc.
    • login**
  1. n.m. login
  2. n.f. conexión
    • look and feel**
  1. n.m. aparencia e comportamento
  2. n.m. look and feel


M

    • mail**
  1. n.m. correo
  2. n.f. mensaxe
     Non usar 'mail' (só aceptable en e-mail)
     'Correo' é un substantivo incontable, polo que as expresións 'un correo', 'dous correos', etc... non son correctas. Usar 'mensaxe' nesa situación.
    • mail**
  1. v.t. enviar (unha mensaxe)
    • mailbox**
  1. n.f. caixa de correo
     'Buzón' é castelanismo.
    • manage**
  1. v.t. xestionar
    • manager**
  1. n.m. xestor
    • map**
  1. v.t. relacionar (p.ex. relacionar usuarios)
  2. v.t. trazar (un mapa/plano/unha relación)
    • map**
  1. n.f. relación (p.ex. de usuarios)
    • margin**
  1. n.f. marxe
     'Marxe' é xénero feminino.
    • master**
  1. n.m. mestre
  2. n.m. master
     'Maestro' é castelanismo
    • maximize**
  1. v.t. maximizar
    • media**
  1. n.m. soporte, soportes
    • media player**
  1. n.m. reprodutor multimedia
     'reproductor' pertence á antiga normativa.
    • menu**
  1. n.m. menú
    • message**
  1. n.f. mensaxe
     Como tódalas formas rematadas en -axe, é de xénero feminino
    • miner**
 1. n.m (xeral) mineiro
 2. n.m (minaría de datos) analista, extractor [de coñecimento]
     En minaría de datos, o extractor de coñecimento é un programa que vixía ou analisa as
     actividades dun ordenados, e por ende do seu usuario, co propósito de colleitar información.
    • minimize**
  1. v.t. minimizar
    • mixer**
  1. n.m. mesturador
     'Mezclador', 'mesclador' e 'mexturador' non son correctos.
    • mock up**
  1. [xeral;interfaces de usuario]s.f. maqueta 
  2. s.m. prototipo
    • monitor**
  1. n.m. monitor
    • monitor**
  1. v.t. monitorizar
     Evita-la forma 'monitorear'
    • mount**
  1. v.t. montar
    • mount point**
  1. n.m. punto de montaxe

N

    • namespaces**
  1. n.m. espazos de nomes
    • news**
  1. n.f. novas
    • nick**
  1. n.m. alcume
  2. n.m. sobrenome
  3. n.m. nick
    • node**
  1. n.m. nó
  2. n.m. nodo
     Se se está a falar dunha máquina ou outro elemento dunha rede, o significado corresponde ó de 'nó', e non ten ningún
     parecido con 'nodo'
     No caso de estar falando de sistemas de ficheiros, empréguese 'nodo' segundo se explica na traducción de 'inode'
    • nuke**
 1. v.t. (redes, irc) cair, atacar

O

    • offline**
  1. adx. desconectado
    • offset**
  1. n.m. desprazamento (recomendado)
  2. n.m. offset
     Só deixar o termo inglés cando poida haber confusión
    • ok**
  1. v.t. aceptar (recomendado)
  2. interx. ok
    • online**
  1. adx. conectado
    • operating system**
  1. n.m. sistema operativo
     É válido e entendible traduci-la abreviatura 'OS' por 'SO'
    • order**
  1. n.f. orde
     O xénero é sempre feminino
    • order**
  1. v.t. solicitar
  2. v.t. pedir
    • outgoing**
  1. adx. sainte
    • output**
  1. v.t. amosar
  2. v.t. visualizar
  3. v.t. mostrar
  4. v.t. escribir
    • output**
  1. n.f. saída
    • overscan**
  1. (imaxe e son) n.f. marxe de seguridade (arredor da área de visión dunha imaxe)
  2. (imaxe e son) n.m. sobrescaneo
  3. (imaxe e son) overscan
     Refírese a unha área adicional arredor das catro marxes dunha imaxe de vídeo que en condicións
     normais non é vista polo espectador, e que se adiciona por motivos de seguridade.
    • overwrite**
  1. v.t. sobrescribir



P

    • package**
  1. n.m. paquete
     'Pacote' é lusismo
    • package**
  1. v.t. empaquetar
    • packet**
  1. n.m. paquete
    • panel**
  1. n.m. panel (recomendado)
  2. n.m. cadro
    • paragraph**
  1. n.m. parágrafo
     'Párrafo' é castelanismo
    • parse**
  1. v.t. analizar
  2. v.t. procesar
  3. v.t. interpretar
     Evita-lo barbarismo 'parsear'. Non usar 'analisar'
    • parser**
  1. v.t. analizador (sintáctico)
  2. v.t. procesador
  2. v.t. intérprete
    • partition**
  1. n.f. partición
    • partition**
  1. v.t. particionar
    • password**
  1. n.m. contrasinal (recomendado)
  2. n.f. clave (de acceso)
     O xénero de 'contrasinal' é masculino, como o de 'sinal'
    • paste**
  1. v.t. pegar (recomendado)
  2. v.t. colar
     Evita-lo barbarismo 'pastear'
    • path**
  1. n.m. camiño
  2. n.f. ruta
     'Rota', con este significado, está admitida nalgúns diccionarios, pero non polo da RALG.
    • peer**
  1. n.m. parceiro
    • percentage**
  1. n.f. porcentaxe
     Como tódalas formas rematadas en -axe, é feminino
     'Percentaxe' non é correcto.
    • performance**
  1. n.m. rendemento
     O verbo é 'render', polo que 'rendimento' é castelanismo/lusismo
    • pixel**
  1. n.m. punto (recomendado)
  2. n.m. píxel
     Hai que mante-la palabra inglesa nalgunhas situacións, como no tema de impresión.
    • play**
  1. v.t. reproducir (recomendado)
  2. v.t. tocar
     Recoméndase 'reproducir' por harmonía con 'reprodutor'
    • player**
  1. n.m. reprodutor
     'reproductor' pertence á antiga normativa.
    • plot**
  1. n.f. gráfica
    • plot**
  1. v.t. trazar
  2. v.t. representar
  3. v.t. debuxar
    • plugin**
  1. v.t. conectar
  2. v.t. enchufar
    • plug-in**
  1. n.m. engadido (recomendada)
  2. n.f. extensión
  3. n.m. módulo
     'Extensión' gráfase con 'x' e non con 's' por ser cultismo
     Véxanse tamén: add-on, complement e extension
    • pointer**
  1. n.m. punteiro (recomendado)
  2. n.m. apuntador
    • port**
  1. n.m. porto (recomendado)
  2. n.f. porta
    • preferences**
  1. n.f. preferencias
    • preview**
  1. v.t. previsualizar
  2. s.f. vista previa
    • print**
  1. v.t. imprimir
  2. v.t. amosar
  3. v.t. mostrar
  4. v.t. visualizar
  5. v.t. escribir
     Este verbo úsase moitas veces co senso de 'imprimir na pantalla'
    • printer**
  1. n.f. impresora
    • privacy**
  1. n.f. intimidade
    • properties**
  1. n.f. propiedades
    • provide**
  1. v.t. fornecer
  2. v.t. prover
    • provider**
  1. n.m. fornecedor
  2. n.m. provedor
    • proxy**
  1. n.m. proxy
     Fágase o plural segundo as nosas regras como 'proxys'

Q

    • query**
  1. v.t. consultar
    • query**
  1. n.f. consulta
  2. n.f. petición
    • queue**
  1. n.f. cola
  1. n.f. fila


R

    • rate**
  1. n.f. taxa
     'Tasa' é incorrecto
    • reboot**
  1. v.t. rearrincar
  2. v.t. reiniciar
    • recipient**
  1. n.m. destinatario
    • record**
  1. n.m. rexistro
    • record**
  1. v.t. gravar
     'Grabar' é castelanismo gráfico.
    • refresh**
  1. v.t. refrescar
  2. v.t. actualizar
    • refuse**
  1. v.t. rexeitar
    • regexp**
  1. n.f. expresión regular
  2. n.f. expr.reg
    • release**
  1. n.f. versión
  2. n.f. edición (cando non conveña usar versión)
    • remove**
  1. v.t. borrar
  2. v.t. eliminar
  3. v.t. quitar
    • rename**
  1. v.t. renomear
  2. v.t. mudar o nome
  3. v.t. cambiar o nome
    • render**
  1. v.t. representar
  2. v.t. debuxar
  3. v.t. producir
    • replace**
  1. v.t. substituír
     'Reemprazar' non é válido. Tampouco o é 'remprazar' nin 'sustituír'. 'Substituír' leva til no i.
    • replay**
  1. v.t. repetir
  2. v.t. reproducir
    • require**
  1. v.t. requirir
     'Requerir' e 'requerer' non son correctos
    • reset**
  1. v.t. restablecer
  2. v.t. reiniciar
    • reverse**
  1. v.t. inverter
     'Invertir' é castelanismo
    • revert**
  1. v.t. recuperar (unha versión anterior p.ex.)
  2. v.t. reverter
     'Revertir' é castelanismo
    • router**
  1. n.m. router
  2. n.m. encamiñador
    • row**
  1. n.f. ringleira (recomendado)
  2. n.f. fileira (recomendado)
  3. n.f. fila
    • run**
  1. v.t. executar
  2. v.t. lanzar
     Procurar non traducir como 'correr'

S

    • sample**
  1. n.f. mostra
    • sample frecuency**
  1. n.f. frecuencia de mostraxe
    • sample rate**
  1. n.f. frecuencia de mostraxe
    • sampling**
  1. n.f. mostraxe
     'Muestreo' é castelanismo.
    • save**
  1. v.t. gardar (recomendado)
  2. v.t. salvar
  3. v.t. gravar
     Evitar 'gravar' por confusión coa traducción de 'record'
    • scan**
  1. v.t. dixitalizar
  2. v.t. examinar
  3. v.t. explorar
    • scanner**
  1. v.t. escáner
    • screen**
  1. n.f. pantalla
     As palabras portuguesas 'ecrã' e 'tela' non son correctas.
    • screensaver**
  1. n.m. salvapantallas
    • script**
  1. n.m. script
     Non traducir coma 'guión'
    • script**
  1. n.m. índice
     Refírese ó tipo de letra que pode ser subíndice (subscript) ou superíndice (superscript)
    • search**
  1. n.f. busca
  2. n.f. procura
     'Búsqueda' é castelanismo.
    • search**
  1. v.t. buscar (recomendado)
  2. v.t. procurar
    • seek**
  1. v.t. ir á posición
  2. v.t. localizar
     Depende moito do contexto
    • segment**
  1. v.t. segmento
  2. v.t. sector (en casos especiais)
    • select**
  1. v.t. seleccionar
  2. v.t. escoller
    • selector**
  1. n.m. selector
    • set**
  1. v.t. establecer
  2. v.t. poñer
    • settings**
  1. n.m. parámetros
  2. n.f. configuración(s)
  3. n.f. propiedades
  4. n.f. preferencias
  5. n.f. opcións
    • share**
  1. v.t. compartir
    • share**
  1. n.m. recurso
  2. n.f. compartimento
    • sharing**
  1. n.m. compartimento
    • show**
  1. v.t. amosar
  2. v.t. mostrar
    • shred**
  1. v.t. (privacidade; documentos; xeral) destruír
  2. v.t. (privacidade; documentos) inutilizar
  3. v.t. (privacidade; documentos; xeral) picotar, dilacerar
     Este é o proceso mediante o cal os contidos dun ficheiro son sobrescritos
     repetidas veces para garantir que se derrame a información que conteña.
     Non implica necesariamente a eliminación do ficheiro como tal.
    • shredder**
  1. s.m. (privacidade; xeral) Dilacerador, eliminador, picotador
    • sign up**
  1. v.t. crear conta
    • signal**
  1. n.m. sinal
     É de xénero masculino.
    • signature**
  1. n.f. sinatura
    • skip**
  1. v.t. omitir
  2. v.t. saltar
  3. v.t. ignorar
    • slot**
  1. n.f. rañura
  2. n.m. oco
    • socket**
  1. n.m. socket
    • sort**
  1. v.t. ordenar
     'Ordear' é hipergaleguismo
    • sound**
  1. n.m. son
     'Sonido' é castelanismo
    • source (code)**
  1. n.m. código fonte
  2. n.m. fontes
    • spelling**
  1. n.f. ortografía
    • standalone**
  1. adx. independiente
    • standard**
  1. n.m. estándar
  2. n.f. norma
     'Estandard' e 'standard' son anglicismos
    • standard**
  1. adx. estándar
  2. adx. normativo
    • standardize**
  1. v.t. estandarizar
  2. v.t. normalizar
    • start**
  1. v.t. iniciar
  2. v.t. executar
  3. v.t. arrincar
     A traducción depende do contexto
    • startup**
  1. n.m. inicio
    • step**
  1. n.m. paso
  2. n.m. nivel
    • stop**
  1. v.t. deter
  2. v.t. parar
    • stop**
  1. n.f. parada
  2. n.f. fase
     Úsase fase para referirse ás cores que conforman un degradado
    • strikeout**
  1. adx. riscado/a
     Refírese ó tipo de letra cunha liña horizontal no medio.
    • swap**
  1. n.m. (espacio de) intercambio
  2. n.m. swap
    • swatches palette**
  1. n.f. paleta de mostras

T

    • tab**
  1. n.f. lingüeta (recomendado)
  2. n.m. separador
  3. n.f. aba
     Non se acepta coma tradución correcta 'pestana'
    • tag**
  1. n.f. etiqueta
  2. n.f. marca
    • template**
  1. n.m. patrón
  2. n.m. modelo
    • timeout**
  1. n.m. tempo de expiración
  2. n.m. tempo de espera
  3. n.m. tempo de vencemento
  4. n.m. tempo esgotado
  5. n.m. timeout
     A traducción depende do contexto. Pódese falar do tempo en si (por exemplo, nunha configuración, 'tempo de expiración'), 
    ou de que ese tempo xa pasou (por exemplo, 'tempo esgotado' para un comando ou transacción)
    • time stamp**
  1. n.f. data e hora
  2. n.f. marca de data e hora; marca de tempo
  3. n.m  selo de data e hora
  4. v.t marcar a data e hora; marcar o tempo
  5. v.t selar a cada e hora
     "Timestamp" pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura
     dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do
     documento asinado ou o seu contido no momento indicado como parte da
     sinatura dixital.
     En outras ocasións refírese á "hora Unix", o número de segundos
     transcorridos desde 19700101T000000Z.
     Asimesmo, tamén é o nome dun tipo de datos dalgúns SXBDR.


    • tool**
  1. n.f. ferramenta (recomendado)
  2. n.f. utilidade
    • tooltip**
  1. n.m. tooltip
    • trace**
  1. v.t. trazar
  2. v.f. calcar
  3. v.t. seguir
  4. v.t. delinear (un debuxo)
  5. v.t. vectorizar (unha imaxe)
    • trash**
  1. n.m. lixo (recomendado)
  2. n.f. papeleira
     No caso de que o contexto requira o uso do substantivo do contedor (ou para traducir 'trashcan'), empréguese a locución 'colector do lixo'
    • turn on**
  1. v.t. acender
  2. v.t. prender

U

    • underline**
  1. v.t. subliñar
     'Suliñar' non é correcto.
    • unlink**
  1. v.t. desligar
    • update**
  1. v.t. actualizar
    • url**
  1. n.m. url
     'URL' significa 'Uniform Resource Locator', e 'URI' 'Universal Resource Identifier'. A traducción dos substantivos é 'localizador' 
      e 'identificador' respectivamente, ambos de xénero masculino, que é polo tanto o que se debe empregar ó usa-lo acrónimo.
    • usage**
  1. n.m. uso
    • utility**
  1. n.f. utilidade

V

    • view**
  1. n.f. vista
    • view**
  1. v.t. visualizar
  2. v.t. ver
    • viewer**
  1. n.m. visualizador
  2. n.m. visor
    • volume**
  1. n.m. volume
     'Volumen' é castelanismo

W

    • wait**
  1. v.i. agardar
  2. v.i. esperar
    • width**
  1. n.f. anchura
  2. n.f. largura
  1. n.f. ancho
    • window**
  1. n.f. fiestra (recomendado)
  2. n.f. xanela
  3. n.f. ventá
    • wireless**
  1. adx. sen fíos
     Non usar nin 'inarámico' nin 'inalámbrico'
    • wizard**
  1. n.m. asistente
    • word wrap**
  1. v.t. dividir a liña
  2. v.t. axustar as palabras
     É a división de liña que fai un editor/procesador de textos cando a liña actual acada unha lonxitude dada,
     sexa a un número fixo de caracteres (static word wrap), habitualmente engadindo un salto de liña, ou unha
     simples división visual (dinamic word wrap), xeralmente inserindo a división nun limiar de palabra.
    • workspace**
  1. n.f. área de traballo (recomendado)
  2. n.m. espazo de traballo
  3. n.m. escritorio
    • wrap**
  1. v.t. partir
  2. v.t. dividir
  3. v.t. envolver
    • wrap search**
 1. s.f. procura cíclica
 2. s.f. procura circular
 3.       procurar ciclicamente
     Modo de procura no cal, ao acadar o final da entidade onde se estexa a procurar,
     a procura é continuada desde o comezo da entidade até o ponto onde comezar o proceso.

Z

    • zoom**
  1. n.f. ampliación