Trasnada '10

From Proxecto Trasno

Trasnada '10[edit]

Evento de traballo semipúblico para o avance da localización ao galego e formación de novos tradutores.

Lugar e Data[edit]

Ordes, Galicia. 16 de Outrubro do 2010

Responsables[edit]

Descrición[edit]

Evento de mellora, colaboración, debate de procesos e proxectos de localización de aplicativos libres ao Galego. Con apoio particular (iniciación guiada) a novos interesados na localización.

Obxectivos[edit]

  • Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a aplicación dos cambios acordados.
  • Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das traducións ao galego de aplicativos libres.
  • Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o precisen.
  • Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de aplicativos libres.
  • Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica, gramatical e técnica das cadeas.
  • Revisión dos principais aplicativos.
  • Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos (Ubuntu, Suse, Fedora).
  • Sesión de titorización de novos localizadores.

Tarefas propostas[edit]

  • Estado dos proxectos máis importantes do software libre: GNOME, KDE, LXDE, Mozilla, oOo, e outros [formato de Lightning Talks con 2 horas conxuntas para todos os proxectos]:
    • Nivel de tradución (%)
    • Nivel de verificación contextual das traducións e procesos aplicados
    • Nivel de verificación técnica e procesos aplicados
    • Nivel de cohesión con proxectos downstream
  • Debate terminolóxico [2 horas]
    • É preciso que os asistentes leven preparadas as súas dúbidas, problematicas encontradas e vogablos/traducións que é preciso consensuar entre todos os escritorios.
  • Remisión de traducións a upstream [3 horas]
    • LP a Translation project
    • LP a Debian
    • LP a KDE, e informe do estado da tradución (moitas cadeas en LP sen traducir)
    • Revisión de partes importantes
  • Apt, aptitude, dpkg, debutils...
    • LP a GNOME extras (GNOME core debería estar completo)
  • Descrición de procesos de localización en cada proxecto (scripts empregados, proceso de verificación, ) e procura de problemáticas comúns
    • GNOME
    • KDE
    • Mozilla
    • OOo
    • LXDE, e outros escritorios
  • Debate interno de prioridades de Trasno. Onde, cando e como atacar.
  • Presentación de ferramentas e/ou calquera estudo que fora desenvolto polos membros do grupo e que poida axudar na mellora da calidade das l10n.
  • Espazo para titorizar a novos localizadores [2 horas]

Persoas ás que vai dirixido[edit]

  • Actuais tradutores de proxectos de software libre.
  • Persoas involucradas diretamente na localización de software libre.
  • Membros da comunidade de l10n de software libre.
  • Novos localizadores que xa contactaron con Trasno.

Recursos necesarios[edit]

A previsión inicial de aforo é dunhas 18 persoas para as que é necesario:

  • Local
    • Salas dispoñibles:
      • Espazo 1
        • No 3º andar, local de Inestable
        • 1 mesa para 6 persoas, 4 mesas para 2 persoas cada unha
        • Conexión ADSL
        • Proxector
        • Climatización (ventiladores) e iluminación axeitada
      • Espazo 2
        • No 2º andar, aula
        • Aula con mesas para aprox. 20 persoas
        • Pizarra
        • Climatización (ventiladores) e iluminación axeitada
      • Espazo 3
        • Loft con mesas
        • Área de descanso e debate
    • Aseos, con ducha
    • Cociña

Horarios[edit]

Horarios e actividades por espazo
Espazo 1 Espazo 2 Espazo 3
Andar
11:00 a 11:30 Apertura Apertura Apertura
11:30 a 12:45 Actividades Inestable Trasno: debate I (*) Área de descanso
Descanso
12:45 a 14:00 Actividades Inestable Trasno: debate II (*) Área de descanso
Xantar
16:00 a 17:00 Inestable: axuda a novos tradutores Trasno: hackfest Área de descanso
17:00 a 20:00 Trasno: taller de localización Trasno hackfest Área de descanso

(*) Estas actividades está pensadas como pechadas ao público. Nas outras áreas desenvolveranse outras actividades de interese, incluidas algunhas lúdicas.

Comidas[edit]

  • Xantar
    • Restaurante o Asador: 25€/persoa

De balde para os asistentes

  • Cea
    • Por determinar

Cada un do seu peto

Cattering interno[edit]

Destinado ao confort dos asistentes. Bebidas non alcoholicas e picotes varios para 20 persoas.

Colaboracións[edit]

Colabora a AC Inestable e o Concello de Ordes, brindando lugar e organización do envento.

Orzamento e Patrocinadores[edit]

Os gastos do evento serán pagados case na súa totalidade pola asociación e polos patrocinadores. A cea e aloxementos e desprazamento correrá a cargo dos asistentes. Posibilidade de patrocinio:

  • Mabishu Studio e asociadas
  • outras