Trasnada 11.0

From Proxecto Trasno
Revision as of 12:24, 18 April 2011 by Miguelbranco (talk | contribs)

Descrición

Evento rotatorio para o avance na coordenación dos proxectos de localización ao galego, toma de decisións e mellora das traducións. Cunha área aberta de formación para novos tradutores e demostración de equipos localizados. Este evento é repetición do celebrado no 2010 e pretende asentarse como o escaparate da localización galega ao público xeral e colectivos particulares, como tradutores profesionais ou mestrado.

Publico obxectivo e impacto

Preténdese que o acto teña dúas dimensións: unha pública e outra propia da comunidade. En canto á dimensión pública do evento, preténdese ofrecer dúas cousas:

  • formación en localización, que forneza dos suficientes coñecementos aos asistentes como para poder comezar a localizar coa comunidade
  • facer unha demostración de aplicativos localizados, que poida interesar a colectivos con necesidade de equipos galeguizados ou con soporte multilingüe

Lugar e Data

  • 14 ou 21 de Maio
  • Cidade de Ourense. Opcións:
    • Campus de Ourense. UVIGO
    • Instalacións de OpenHost

Actividades

Asemblea da AC Proxecto Trasno

  • Lectura e aprobación, se proceder, das actas da asemblea anterior
  • Revisión das contas do 2010
  • Lectura da Orde do día
  • Aplicación da orde do día

Discusión de terminoloxía

(líguese aquí cunha páxina con termos a debater) (decídase un método de resolución áxil para cumplir no día do evento)

Expositor

  • PCs demostración?

Curso de introdución á localización

Ideas

(anotar aquí propostas varias)

Grupos de traballo

Áreas dispoñibles:

  • Área O (Recepción de público)
  • Área I (Asemblea e debate terminolóxico)
  • Área II (Introdución á localización)

Grupos de traballo: en función das áreas. TBD.

Difusión & Merchandising

(Todo o tema de cartelería e difusión vaia aqui)

  • Merchandinsing
    • Libro de "Comezar con Ubuntu"
    • DVDs con openSUSE
    • CDs con Ubuntu
    • Trípticos xenéricos de trasno