Trasnada 11.0

From Proxecto Trasno
Revision as of 12:41, 29 April 2011 by Unho (talk | contribs) (Actividades: Engado posibilidade de obradoiro de Pology de 10 minutos)

Descrición

Evento rotatorio para o avance na coordenación dos proxectos de localización ao galego, toma de decisións e mellora das traducións. Cunha área aberta de formación para novos tradutores e demostración de equipos localizados. Este evento é repetición do celebrado no 2010 e pretende asentarse como o escaparate da localización galega ao público xeral e colectivos particulares, como tradutores profesionais ou mestrado.

Publico obxectivo e impacto

Preténdese que o acto teña dúas dimensións: unha pública e outra propia da comunidade. En canto á dimensión pública do evento, preténdese ofrecer dúas cousas:

  • formación en localización, que forneza dos suficientes coñecementos aos asistentes como para poder comezar a localizar coa comunidade
  • facer unha demostración de aplicativos localizados, que poida interesar a colectivos con necesidade de equipos galeguizados ou con soporte multilingüe

Lugar e Data

  • 14 ou 21 de Maio
  • Cidade de Ourense. Opcións:
    • Campus de Ourense. UVIGO
    • Instalacións de OpenHost

Actividades

Asemblea da AC Proxecto Trasno

  • Lectura e aprobación, se proceder, das actas da asemblea anterior
  • Revisión das contas do 2010
  • Lectura da Orde do día
  • Aplicación da orde do día

Obradoiro de Pology

Pequeno obradoiro práctico de 10 minutos sobre uso de Pology para que aqueles tradutores que descoñezan a ferramenta ou o seu funcionamento aprendan a usala para mellorar a calidade das súas traducións e aplicar máis rapidamente os consensos terminolóxicos.


Discusión de terminoloxía

(líguese aquí cunha páxina con termos a debater)

  • Terminación en -bel/-ble
  • dende/desde
  • Pechar discusión «complemento» e «engadido» (mirar no gdoc)
  • Os nomes das teclas van todo en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?


  • firewall
  • password
  • log off/log in/log out/sign in/sign out/...
  • backend/frontend
  • applet (varios ambitos: miniaplicativo vs trebello)
  • clipboard
  • gradient
  • highlight
  • online/offline (verbo/substantivo)
  • file/archive (verbo/substantivo)
  • Accións sobre as xanelas (maximize, unmaximize, minimize, shade, roll up, ...)
  • Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools, window, options, preferences, ...)
  • attach/attachment (no significado de conectar periféricos, p.ex.)
  • detach(enchufar cables, desprender widgets de dock, ¿desasociar unha cousa de outra?)
  • tab(tablature) (para rematar con «tab»)
  • abort/cancel
  • about
  • environment
  • removable device
  • delete/remove/erase
  • height/width/length
  • path (trust path/debuxo vectorial/ruta)
  • chat (verbo e substantivo)
  • download/upload (verbo e substantivo)
  • «host»/«computer»/«hostname»
  • case sensitive
  • match case
  • match (verbo/substantivo)
  • port (verbo/substantivo: portaxe e porto) (adaptar?, migrar?)
  • enter (tecla)
  • Nomes de teclas (shift, insert, end, arrow key, ...)

Todos estes termos e máis están en: https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?hl=en&authkey=CPG9uaIG


(decídase un método de resolución áxil para cumplir no día do evento)

Deberíanse discutir certas cuestións de estilo (as tres primeiras liñas a discutir), seguida dunha discusión de termos que probablemente sexan problemáticos, para ao final discutir termos que sexan de fácil acordo xa sexa por estar discutidos xa, ou por estar asentados desde hai moitos anos xa (isto é para reducir tensións e aumentar máis rapidamente o tamaño do glosario de consensos).

Expositor

  • PCs demostración?

Curso de introdución á localización

Ideas

(anotar aquí propostas varias)

Grupos de traballo

Áreas dispoñibles:

  • Área O (Recepción de público)
  • Área I (Asemblea e debate terminolóxico)
  • Área II (Introdución á localización)

Grupos de traballo: en función das áreas. TBD.

Difusión & Merchandising

(Todo o tema de cartelería e difusión vaia aqui)

  • Merchandinsing
    • Libro de "Comezar con Ubuntu"
    • DVDs con openSUSE
    • CDs con Ubuntu
    • Trípticos xenéricos de trasno