Trasnada 12.0

From Proxecto Trasno
Revision as of 19:16, 4 May 2012 by Unho (talk | contribs) (Lugar: cambio unha letra)

Descrición

Evento rotatorio para o avance na coordenación dos proxectos de localización ao galego, toma de decisións e mellora das traducións. Cunha área aberta de formación para novos tradutores e demostración de equipos localizados. Este evento é unha nova repetición primeiro celebrado no 2010 e pretende selo punto de xuntanza dos traductores de software libre galego e de difusión deste tipo de voluntariado.

Publico obxectivo e impacto

Preténdese que o acto teña dúas dimensións:

  • Pública, para dar a coñecer o Proxecto Trasno, os seus proxectos e como colaborar con el e formación.
  • Comunidade de traductores ou persoas con vontade de colaborar na discusión de terminoloxía.

Lugar e Data

Lugar

Será no centro Ágora Centro Ágora, A Coruña. Dispón de:

  • Amplo espazo público con sofás e mesas
  • Dispoñibilidade de conexión wifi aberta

Como chegar?

Datas

  • Xoves 17 ou venres 18 de maio e sábado 26 de maio
    • Sala de exposición pública, ata 80 persoas
  • Sábado 26 de maio
    • Sala de exposición pública, ata 80 persoas
    • Sala informática con 20 computadores e espazo para usuarios con portátiles

Programa

Venres 18

  • Destinada:
    • Difundir a localización de software libre e o papel do Proxecto Trasno na l10n ao galego
    • Ensinar o impacto da l10n ao galego
    • Introducir aos conceptos básicos de l10n
    • Chamar a unirse ao proxecto e/ou a redifundilo
    • Promocionar a xornada do sábado 26.
  • Lugar: Aula 9
    • 19:00 - 21:00 Qué é o Proxecto Trasno? Que é o a localización?. Experiencias e como unirse ao proxecto. (título por definir)
  • Relatores e xestión:
    • Xestión: L. Regueiro (?) & M. Branco
    • Relatores: TBD

Sábado 26

Espazo I

  • Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática
Sesión da mañá
  • Lugar: Sala Informática
    • 10:00 Apertura da Xornada
      • Inición do proxecto de redacción dunha "Guía de localización ao galego"
    • 13:00 Asemblea AC Proxecto Trasno
    • 14:00 Descanso para xantar

Sesión da tarde

  • Lugar: Sala Informática (por confirmar)
    • 16:00 Reapertura da xornada
      • Discusión de terminoloxía
    • 20:00 Peche da xornada

Espazo II

  • Destinado a: persoas interesadas en introducirse á localización de SWL
  • Lugar: Aula 9
  • Horas: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
    • Ao comezo da mañá e ao comezo da tarde defínese grupos de traballo coas persoas que chegaran interesadas en aprender a l10n e marcase o uso do espazo reservado para iso.

Actividades

Asemblea da AC Proxecto Trasno

  • Aprobación das actas das anteriores asembleas
  • Revisión das contas
  • Debate sobre o funcionamento da AC e obxectivos

Lista de termos a discutir

Lista de termos a discutir

Curso de introdución á localización

  • Introducción á tradución
    • Conceptos básicos
    • Obradoiro práctico con ferrametas CAT
    • Procedemento:
      • Pedir presubcripción e día preferido, e así axustar cando se realiza
  • Tutor: (por definir)

Guía de Localización

  • Inicio da creación dunha guía de localización de software para o galego, similar a de SoftCatalá.
  • Bases para que a guía sexa breve, de non máis de 10 páxinas, e que sirva aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter que ler moita documentación.

Ideas

(anotar aquí propostas varias)

Grupos de traballo

Coordinación do evento

  • Leandro (?)
  • M. Branco

Coordinación dos debates terminolóxicos e guía de localización

  • Antón (?)

Difusión & Merchandising

Difusión por redes sociais e publicitarias

  • Difundir aos medios (periódicos/redes sociais): feito (si/NON)
  • Difundir entre as asociacións culturais da zona (si/NON)
  • Difusión por cartelería (si/NON)

Cartelería

200px|thumb|right|Proposta de cartel 300px|thumb|right|Proposta de web banner

  • Deseño de cartelería
    • Proposta repetindo o deseño empregado ata o de agora (primeira imaxe á dereita)
      • Escóllese a cor azul por identificarse co escudo da cidade e cadrar co do logotipo trasnego.
  • Banner
    • 728*90, Proposta repetindo deseño (segunda imaxe a dereita)
  • Distribuir:
    • Polas universidades (si/NON)
    • A outras asociacións culturais ou centros sociais (si/NON)
    • Outros LUGs (si/NON)

Material promocional

  • Merchandinsing
    • DVDs con openSUSE (dispoñibles)
    • CDs con Ubuntu (por solicitar)(si/NON)
    • Trípticos xenéricos de trasno (dispoñibles na Coruña menos de 100, que pase Antón por Galpon/Tegnix e recolla a caixa?)
  • Web específica para o evento?