Trasnada 12.1

From Proxecto Trasno

Descrición[edit]

Evento rotatorio para o avance na coordenación dos proxectos de localización ao galego, toma de decisións e mellora das traducións. Cunha área aberta de formación para novos tradutores e demostración de equipos localizados. Este evento é unha nova repetición primeiro celebrado no 2010 e pretende selo punto de xuntanza dos traductores de software libre galego e de difusión deste tipo de voluntariado.

Publico obxectivo e impacto[edit]

Preténdese que o acto teña dúas dimensións:

  • Pública, para dar a coñecer o Proxecto Trasno, os seus proxectos e como colaborar con el e formación.
  • Comunidade de traductores ou persoas con vontade de colaborar na discusión de terminoloxía.

Lugar e Data[edit]

Lugar[edit]

Pazo da Cultura, Pontevedra

Como chegar?[edit]

Localización en Google Maps

Datas[edit]

  • 13 de outubro do 2012

Programa[edit]

Actividades[edit]

  • 9:30 a 11:00 - Preparación do evento

Asemblea da AC Proxecto Trasno[edit]

  • 11:30 - Detabate da AC

Debate de terminoloxía[edit]

  • De 12:45- 13:30 e de 16:00-20:00
  • Obxectivo
    • Orientación do debate: asentar unha maior cantidade de termos ou pararse en menos termos pero de maior relevancia
    • Empregar Terminator e facer unha demostración práctica de utilización de Pology ou outras ferramentas para axilizar posteriormente asentar teminoloxía
  • Procedementos de traballo
    • Previo ao evento
      • antes da Trasnada crearase unha lista de termos máis comúns
      • a partir desa lista crearanse grupos de aproximadamente 50 termos
    • Durante o evento
      • chegados á Trasnada repartiranse os termos entre os asistentes en individual ou por grupos de traballo
      • cada participante ou grupo buscará todos os datos relevantes respecto de cadaun dos termos asignados a el (discernir se o termo se corresponde con varios conceptos, crear definición ou definicións, buscar traducións empregadas nas traducións ao galego, etc...)
      • cada participante incluirá todos os datos recollidos no Terminator

Lista de termos a debater[edit]

Ideas[edit]

(anotar aquí propostas varias)

Grupos de traballo[edit]

Difusión & Merchandising[edit]

Difusión por redes sociais e publicitarias[edit]

  • Difundir aos medios (periódicos/redes sociais): feito (si/NON)
  • Difundir entre as asociacións culturais da zona (si/NON)
  • Difusión por cartelería (si/NON)

Cartelería[edit]

200px|thumb|right|Cartel 300px|thumb|right|Web banner alongado, para cabeceiras 300px|thumb|right|Web banner cadrado, para laterais

Cores brancas e azuis. como a bandeira da cidade. Calquera complemento irá en vermello. Escolleuse un eficio ou característica da cidade que a define: A Ponte dos Tirantes dá inspiración de avance e suxire a parte nova da cidade.

  • Deseñar cartel

Baseado na cartelería de eventos anteriores pero co cambio de introducir un elemento caracterísito da cidade.

  • Banner
  • Distribuir:
    • Polas universidades (si/NON)
    • A outras asociacións culturais ou centros sociais (si/NON)
    • Outros LUGs (si/NON)

Material promocional[edit]

  • Merchandinsing
  • Web específica para o evento?