User talk:Roi González Villa

From Proxecto Trasno

RE:Corrector ortográfico[edit]

Pois precisamente agora estou coa sección Erros e propostas pendentes, e pretendo ter esas correccións listas esta noite. Non sei cales son as túas, pero se están nesa categoría, non hei tardar en poñerme con elas. O resto das categorías non as vou tocar por motivos obvios, e descritos na páxina (o lles faltan fontes que as acrediten como palabras válidas, ou fontes que listen as palabras a engadir, ou simplemente “están en discusión”).

Porén, ten en conta que aínda que o solucione no código fonte, logo ten que alguén empaquetar os fontes para a túa distribución e navegador web, e iso non o vou facer eu (salvo que sexas usuario de Chakra). Estaría ben que te informases de quen empaqueta o complemento para Firefox, e se esa persoa está moi ocupada, que considerases facelo ti no seu lugar.

Un saúdo! ─ Adrián (e logo?) 20:03, 28 xaneiro 2013 (UTC)

Firefox[edit]

O da páxina de Firefox non sei quen o leva. Deberías comentalo na lista de correo de Trasno. ─ Adrián (e logo?) 19:39, 31 xaneiro 2013 (UTC)

virxe[edit]

Por favor, comproba a lista de correcións antes de engadir novas entradas. A correción de «virxe» xa está lista. Para máis detalles: https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/30. ─ Adrián (e logo?) 15:37, 2 febreiro 2013 (UTC)

Ten en conta que os cambios que se fagan estes días poden tardar en chegar ao LibreOffice. Creo que é Antón Méixome quen se encarga de empaquetar o corrector para LibreOffice. O bo é que Antón é precisamente quen coordina os esforzos do corrector Hunspell, que é no que estou a traballar, e que non é máis que unha das pezas que logo leva o complemento de corrección ortográfica de LibreOffice. ─ Adrián (e logo?) 16:14, 2 febreiro 2013 (UTC)


Hardware e software[edit]

E eu falando de comprobar as entradas corrixidas antes de engadilas… En fin, deixarei «internet» porque ten que introducirse en minúscula e non en maiúscula, e quitarei as outras dúas da lista. Grazas polo aviso! ─ Adrián (e logo?) 20:35, 2 febreiro 2013 (UTC)

aluguer[edit]

Corrixido, grazas polo aviso! ─ Adrián (e logo?) 19:21, 2 febreiro 2013 (UTC)

Sinatura no wiki[edit]

Por favor, vai á páxina de configuración da túa conta e cambia a túa sinatura para que apunte á túa páxina de conversa. Agora tes:

--[[Usuario:Vivaelcelta|Vivaelcelta]] ([[Conversa usuario:Vivaelcelta|conversa]])

Debería ser algo como:

--[[Usuario:Roi González Villa|Vivaelcelta]] ([[Conversa usuario:Roi González Villa|conversa]])

Rio, rios[edit]

Pois son correctas, si. Concretamente, son o imperativo de 2P (ri ti) cun pronome complemento de 3P e 6P. Dado que o verbo rir pode funcionar como transitivo, pode levar eses pronomes. Por xe che axuda a ententelo, os equivalentes en castelán serían: ríelo, ríelos. ─ Adrián (e logo?) 06:28, 5 febreiro 2013 (UTC)