Uso de TBXcheck para comprobar se un ficheiro .tbx é válido

From Proxecto Trasno

A veces pode ser útil comprobar se un ficheiro TBX é válido. Isto pode realizarse empregando a ferramenta TBXcheck:

  • Descargar desde o sitio de TBXcheck
  • Se Java non está instalado, instalalo
  • Descargar o ficheiro DTD for the core structure module (normative) (TBXcoreStructV02.dtd) e gardalo no mesmo directorio onde está o ficheiro TBX a comprobar
  • Abrir un terminal e ir ao directorio onde está o ficheiro .jar de TBXcheck (o que se descargou no primeiro paso)
  • Executar java -jar tbxcheck-1.2.9.jar (onde «tbxcheck-1.2.9.jar» se debe cambiar polo nome do ficheiro .jar descargado)
  • Opcional: Seleccionar o nivel de «logging» desexado, por exemplo SEVERE
  • Premer no botón Open... e seleccionar o ficheiro TBX que se desexa validar
  • Se o ficheiro é válido mostrarase unha mensaxe indicando «... is a TBX conformant file.» e unha xanela con información co rexistro de accións.


Nota: TBXcheck dará fallos como «Invalid language for tag: gl at termEntry...» porque non é capaz de validar o idioma galego, polo tanto será necesario marcar a opción No xml:lang validation..