Difference between revisions of "Ditos e frases feitas - e outros apuntamentos"
From Proxecto Trasno
Miguelbranco (talk | contribs) (→Ditos e frases feitas: Vero Guillín) |
Miguelbranco (talk | contribs) (→Ditos e frases feitas) |
||
Line 384: | Line 384: | ||
;Fillos criados, traballos dobrados | ;Fillos criados, traballos dobrados | ||
: | : | ||
+ | |||
+ | ;O corvo nunca foi máis negro cas alas | ||
+ | :Para dar ánimos, dicindo que se estea tranquilo que nada peor pode pasar | ||
== Recuperadas de tempos pasados ou apenas sen uso na actualidade == | == Recuperadas de tempos pasados ou apenas sen uso na actualidade == |
Revision as of 01:31, 15 December 2012
Contents
Ditos e frases feitas
- Ir ao conto
- Falar do asunto que realmente importa
- Caer de chope
- Caer tendido de maneira brusca, de golpe. P.ex. Bateu e caeu de chope
- Quitar(lle) lobos (a algo)
- Non exaxerar (sobre algo)
- Chóvelle, choverlle a alguén
- Persoa que fai cousas sen sentido
- Andar (ou estar) na inopia
- Andar a velas vir
Estar totalmente despistado e torpe nalgo que se está a facer, ou non comprender aquilo do que se está a falar.
En realidade «inopia» en latín significa pobreza, polo que estar na inopia é estar a dúas velas, non ter que comer e por extensión non ter coñecemento algún de nada.
- Saberlle a un/ha á teta
- Resultarlle a un/ha algo moi saboroso, delicioso.
- Tamén cho digo!
- Xa che digo!
- Árdelle o eixo
- Aplícase cando alguén leva unha carga excesiva, por similitude coa roda dun carro sobrecargado que se quenta co rozamento co eixo (zona de Bande-Ourense)
- Nunca choveu que non escampase
- Co tempo... todos os males teñen remedio, ...todo o malo acaba pasando
- De tal pano, tal saia
- O carácter e os costumes xustifícanse en cuestións hereditarias.
- Chorar ás cuncas, Chorar aos sete chorares
- Chorar sen consolo.
- Ás carreiras
- Con moita presa, a correr.
- Estar de bo ano
- Estar/ser de bo ver.
- Dar a roncha
- Dar a tabarra.
- Cada moucho no seu souto
- Cada quen ao seu.
- Saír dun souto para caír (meterse) noutro
- (castelán: ir de guatemala a guatepeor)
- A máis non dar
- A toda presa, a correr, ás carreiras, a todo canto lle daba
- Orneadas de burro non chegan ao ceo
- Desacredita o que se está a escoitar.
- Acabou/morreu o conto
- Dar por rematada unha polémica, non se fale máis
- Falar do xato e esquecer o trato
- Saírse do tema, falar das nubes, falar dos biosbardos
- Andar aos biosbardos ou estar nos biosbardos
- Estar completamente distraído, estar nas nubes, fóra da realidade.
- Non sexa o demo
- Por si acaso, po lo que poida pasar.
- Andar con tino
- Ter precaución.
- Tras do que non corro non canso
- Non che me importa nada.
- Quen ten cu ten medo!
- Quen as fai ten medo, está intranquilo.
- O aforro do pirixel
- (castelán: El chocolate del loro)
- Estar coma un rei nunha cesta
- Estar moi ben, cómodo.
- Andar a paso de boi
- Andar paseniño, con lentitude.
- Vai nun correndiño!
- Vai enseguida.
- Aínda non lle caeu a casca do cu
- Ser inmaduro, infantil.
- De tales pais, tales fillos
- O carácter e os costumes xustifícanse por cuestións herditarias.
- Pola boca pequena
- Por detrás, as agochadas
- Vaillo contar a túa avoa
- Non crer nada do que se está a dicir.
- Estar feito un abril
- Estar lucido, fermoso, galán.
- Bótalle terra!
- Esquécete diso!
- Non dar palabra
- Calar, gardar silencio, non replicar. (castelan: No decir ni pio)
- Quentar a carracha
- Facer moito calor.
- Mollar a palleta
- Beber alcohol.
- Custar ferro e fariña
- Resultar moi difícil.
- O meu can pillou unha mosca!
- Acertar de casualidade.
- Pór/poñer pingando
- Falar mal de alguén.
- Facer a rosca
- Gabar a alguén para obter algo.
- Andar en bocas do mundo
- Ser obxecto de faladurías. Andar en boca de todo el mundo.
- Non dar puntada sen fío
- Obrar con intención, dun xeito calculado.
- Con cara de ferreiro
- Enfadado.
- Confundir o allo co bugallo
- Mesturar conceptos parecidos e así obter conclusións erradas.
- Andar con díxome díxomes, Andar con disque disques
- Murmurar.
- Andar ás agarradas
- Pelexarse.
- Andar como a gaita na festa
- Estar moi enfadado ou furioso.
- Andar coa area no zoco
- Estar escamado, sobre aviso ou receloso de algo.
- Nun chiscar de ollos
- Enseguida. Nun abrir e pechar de ollos.
- É (es) o demo
- É (es) demasiado perverso, traveso ou hábil.
- Outra vaca no millo, Outra vaca vai no millo, Outra vaca entre o (no medio do) millo
- Indica que unha persoa parecese a outras nalgún defecto, ou que se repite algunha acción negativa que xa fixo outro con anterioridade.
- Coma quen oe chover
- Sen facer caso.
- Quedar en auga de fregar
- Acabar todo en nada.
- Outro que tal baila
- Alguén que se parece a outra ou otras persoas nun vicio ou nunha cualidade pouco axeitada.
- Botar fume
- Estar moi anoxado ou furioso.
- Ir (vou, vas) a fume de carozo
- Is ás presas, a todo correr
- Cortar o bacallau
- Mandar, dispor.
- Dar xenio
- Da gusto (oír falar a alguén, ver a alguén moi fermoso, p.ex.).
- Boa fora!
- Xa podía ser!
- Agora si que foi!
- Agora si que a fixeches boa! (p.ex.) Expresión de sorpresa e desgusto, de algo que polo xeral xa non ten remedio.
- Ter o porco polo rabo
- Ter a tixola polo mango.
- Éche o que hai
- Expresión de resignación, de conformismo.
Relacionado: Non che hai outra
- Pedir o demo e a aña
- Pedir imposibles (castelán: Pedirle peras al olmo)
- Non che hai outra
- Expresión de resignación. Algo así como «Non queda más remedio».
Relacionado: Eche o que hai
- Non sei que che/lle faga!
- Expresión de impotencia ante un mal comportamento. Non sei que facer contigo (con el)! ou Non sei que facerche/lle!
- Aí non me coma o demo!
- Expresión de gran sorpresa. Polo xeral amosa sorpresa e mais desgusto. Pronúnciase toda moi seguida como se fose unha única palabra, co «a» de «coma» case omitida e énfase no «e» de «demo»: algo así Ainonmecom’odémo!
Relacionado: Aí non me falte deus!
- Era boa, se coase
- Dise cando alguén nos tenta facer crer unha mentira ou algo incrible.
- Andar de cacho para cribo/cabazo
- Andar dun lado para outro
- Andar á/de xaneira
- Estar os gatos en celo.
Tamén se lle chama «A xaneira» a lúa de xaneiro, e tamén ás cántigas populares que se cantan na véspera do aninovo.
Pode indicar así mesmo, tempo de festa, tempo no que "se anda á xaneira"
- Foderasme cando teñas tempo
- Xa me foderas cando teñas tempo.
O que a di considérase hábil ou listo abondo como para que ninguén o engane.
- Malo deus que te fixo
- Expresa rabia contra alguén que fixo algo mal, algunha trasnada. Adoita usarse con ironía.
- Malía o demo que te fixo/dou!
- Non valer un patacón
- Non ter, algo ou alguén, ningún valor, ou ser de moi mala calidade.
- Poñer o carro diante dos bois
- Botar o carro diante dos bois
- Facer as soltas antes de ter as cabras
- Facer as cousas ao revés, con precipitación ou seguindo unha orde diferente á debida
- Levado/a dos demos
- Ser ou estar moi rabiado.
- Teima dos demos que...
- Expresión coa que se expresa a teimosía dunha persoa nun desexo ou actitude.
- Sabe que adoece!
- Sabe moi ben!
- Vai o demo co/coa ...!
- Vai a merda co/coa ...!
- Encher o ollo
- Cando un gusta doutra persoa, ou cousa, e se lle nota.
-María é unha moza ben feitiña.
-Éncheche o ollo eh?
- Entrar polo ollo
- Gustarlle unha cousa ou unha persoa a alguén. «Non te deixes aconsellar, escolle aquel que che entre polo ollo»
- Ter alguén de ollo
- Ter antipatía por alguén. «Nin me fala porque xa hai tempo que me ten de ollo»
- Aínda queda/resta moito millo no canastro
- Algo que aínda non esta decidido. A situación pode variar e moito.
- Xa non chove coma chovía
- Cambiou/cambiouche o conto
Unha situacion cambiou radicalmente e a avantaxe que levaban uns, por exemplo nunha partida de mus, esvaeceuse.
- A mancheas
- A mans cheas
- Non se move unha palla!
- Usase para indicar que fai moi bo tempo. «Hoxe en Pontevedra non se move unha palla!»
- Botarlle moito papo, Ter moito papo
- Comportarse/ser unha persoa de forma moi atrevida, moi descarada. Que fai sempre o que lle peta.
Botarlle moita cara ao asunto
- Non ter paraxe
- Aplicase ás persoas que non paran de moverse.
- Pagar a pena
- Merecer a pena, valer a pena. «Non paga a pena que vaias, non ha ser interesante»
- Petarlle a alguén facer algo
- Darlle la gana a alguén de facer algo. «Fágoo porque si, porque me peta»
- Botar un foguete
- Botar un "polvo".
- Vaiche boa! / Érache boa!
- A boas horas que o lembras!
- Bótao polos pes!
- Expresión maleducada coa que se rexeita un prato de comida ofrecido.
- Deitarse como as pitas /coas pitas
- Deitarse moi cedo.
- Comer coma un pisco, Comer como un pito / os pitos
- Comer moi pouco, ser alguén de pouca comida
- Sacudirlle a polaina a alguén
- Darlle unha malleira a alguén
- Non rascala / rañala
- Non facer nada, non dar un pau a auga
«Bota moitas horas na oficina, pero non a rasca»
- A rolos, A rebolos
- Rodando polo chan e dando voltas sobre si mesmo.
«Botarse pola herba a rolos»
- Recoiro!
- Expresión de asombro ou sorpresa!
- Volta e dálle!, E dálle!
- Expresión que se lle di a quen insiste moito.
- Sei con que bois aro
- Sei con quen trato.
- Saíulle a burra capada / a galiña choca!
- As cousas resultaron ao contrario do que agardaba.
- Quen tal fixo que tal pague!
- Cada quen que se faga cargo das súas responsabilidades.
- Faltar un roto para un descosido
- Persoa que ten un defecto criticando a outra que ten outro defecto máis lene
- Un home é un home e un gato é un bicho
- Dise cando alguén fai algunha valentía.
«Vou meterme no mar aínda que sexa inverno.
Tamén se dí co engadido, «[...] e unha muller un capricho»
- Estar coma a sardiña pola punta do rabo
- Estar fraco
- Estar coma unha vara verde
- Estar fraco
- Ou nas mans ou nos pés has amitar a quen es
- un parecese fisicamente ou nos comportamentos á famila da que se procede
- Os fillos á beira da casa son coma a cabra na horta
- É dicir, que hai confianza excesiva
- Ser coma un abelurio
- ser inquieto, activo
- Ser coma unha andavía
- ser inquieto, activo
- En terra de lobos, ouvear coma todos
- fai o que vexas, segue o que todos fan
- A cara de pretender nunca máis a volves ver
- A relación de parella ao comezo non será a mesma, tan de conquista e loanza, como de primeiras.
- Ovella que bea, bocado que perde
- Só protestar non funciona, hai que traballar polo que se quere
- Parecer un baile de pandeiretas
- nunha reunión, festa, convite... non haber ninguén, ser poucos
- Non hai doer coma dóeme
- só un se dá de conta das cousas cando lle pasan a un
- Hai que aforrar das risas prás choras
- Cando se ergue e as arañas teñen feitas redes, é tempo de sementar/ de sazón
- Tempo de sazón, estar na sazón
- Estar no tempo de sementeira, estar no tempo oportuno
- Ser un encollido
- Ser vergoñoso e non ser espontáneo, botado para adiante.
- Vai tratando xa o cuxo que queremos marchar
- Pedir que se remate, se apure
- O que ten prata, fode e mata
- Os que teñen bens, teñen poder
- Trema do mexo
- Tranquilidade, non apures; acouga
- Ir todo entonado
- Ir ben arranxados, ben vestidos
- A muller e a ovella, polo día na palleira
- Fillos criados, traballos dobrados
- O corvo nunca foi máis negro cas alas
- Para dar ánimos, dicindo que se estea tranquilo que nada peor pode pasar
Recuperadas de tempos pasados ou apenas sen uso na actualidade
- artisteira/o
- aguda/o, intelixente
- axaneirarse
- excitarse, normalmente aplicado á sexualidade
- bandurra/o
- candonga/o
- dar memorias a alguén
- dar lembranzas a alguén
- derrotar o río ou derrotar o pozo
- baleirar o río ou baleirar o pozo
- despreocupar
- co valor de incomodar
- desquerer
- deixar de querer no aspecto afectivo
- encontrarse ñápara/o
- encontrarse delicada/o de saúde
- esculifrarse
- arranxarse, asearse
- esguilar
- escorrer
- espichar
- morrer
- espretuar
- asombrar, asustar, sorprender
- facer algo nun virapau
- facer algo rapidamente
- ficar
- falecer (sin. expirar (máis formal), falecer, fenecer (lit.), finar(se), morrer. cf. perecer.)
- galdaripa/o
- lercha/o, persoa de pouca importancia, persoa que provoca o riso
- gañar medo
- ter medo, coller medo
- madrasta e padrasto
- non hai moito tempo as únicas documentadas no mesmo individuo eran as formas madrastra e padrastro
- mar cordo
- mar tranquilo
- nomear
- antes sempre *nombrar nesa persoa
- non ter somencias de alguén
- non saber nada de alguén
- novez
- mocidade
- pórse malé
- pórse desasosegada/o
- rabuda/o
- maliciosa/o
- remocear
- virar nova/o
- rezar
- ficar no sentido locacional, aparecer nun escrito. No testamento rezaba o nome dos herdeiros
- roncha negra
- tixola
- rotar
- perder auga (un recipiente)
- ter foros
- ter soberbia
- xente lixeira
- xente sen palabra
Outros pequenos apuntamentos
- centolla
- Penso que centola é un hipergaleguismo. Tratase dun crustaceo mariño que semella ter moitos ollos, pois os verdadeiros ollos están na punta dun dos seu múltiples cornos. De aí o seu nome «cent-ollos» tansformado logo en centollo / centolla
- cairo
- Dise das pezas dentais en forma de punta entre as moas e os dentes.«Canino» é termo sinónimo deste, así como cabeiro, canteiro e queiro.
- gabar
- Louvar, ensalzar, decir ben dalguén.
- engabachar
- pór guapo, vestise ben, pór coma un pincel.
- gabacho
- Ir do trinque, ben vestido, coma un pincel, guapo.
- arrubir
- subir trepando
- axuntamento
- Xuntanza, acción e efecto de xuntar, xuntanza carnal de home e muller, macho e femia
Nunca se pode tomar por concello ainda que así o poñan nalgúns concellos galegos «Praza do axuntamento»
- consonte veu/ consante veu
- Segundo veu, tan pronto como veu. Sen esperar a nada
«Consante veu púxose a segalo pan»
- dafeito/de afeito/a eito
- Sen escoller, todo seguido
- Icía
- Nome de muller con fonda tradición na Galiza, preto de Ferro (Narón) celébrase a feira de Santa Icía e moitos pobos teñena como patrona.
- Aine
- Nome de muller, nome de orixe celta, deusa do amor e a fertilidade, figura nun diccionario de nomes galegos editado pola Xunta de Galiza fai anos e ademáis e o nome da miña filla de catro anos (Nota do autor de quen tomo a referencia).
- seareiro
- Significa cliente habitual dunha tenda ou afeccionado a un equipo. Moita xente usa a palabra siareiro, moi semellante a seareiro, pero incorrecta.
- ouca
- sin. Olga, Alga
- Valente
- Valentin
- brosa
- machada/machado
- canouco
- Alga de can
- bexato, bixato, miñato, lamego, lamote
- Especie Buteo buteo, non confundir con Gabián (Accipiter nisus)
- axóuxere
- (nome) [ES] Cascabel, sonajero (sin: arouxo, cascabel, ruxeruxe.)
- acarear
- É a forma correcta, non carear
Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita en presenza mutua, coa fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.
- celmoso
- (adx.) suculento
- apuntamento
- é a forma correcta, e non apunte.
- lagaña
- é a forma correcta, e non legaña. sin. carraña, lepa, remela.
- xuño e xullo
- son as forma correctas, e non xunio e xulio.
- xulgar
- é a forma correcta, e non xuzgar. sin. axuizar.
- xuíz, xulgado
- son as formas correctas, e non xuez e xuzgado
- xemelgo
- é a forma correcta, e non xemelo ou xemeo.