Difference between revisions of "Control de calidade"

From Proxecto Trasno
(Trasno)
(Trasno)
Line 21: Line 21:
 
== Trasno ==
 
== Trasno ==
  
O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptao aos procesos de tradución e localización de software así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre e consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación,  aprobación e integración.
+
O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptalo aos procesos de tradución e localización de software á lingua galega así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre. Consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación,  aprobación e integración.
  
 
A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000.
 
A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000.

Revision as of 13:30, 3 June 2012

A certificación EN 15038 - Engadir valor a provedores de servizos de tradución

Con efectividade desde agosto de 2006, o novo estándar europeo EN 15038 regula os requirimentos dos servizos de tradución e substitúe o antigo 2345 de 1997. O oficio de "tradutor" non é un termo protexido, de modo que hai poucas maneiras de estabelecer a competencia dos servizos de tradución. Agora, ao contar co novo estándar EN 15038 defínese os recursos técnicos e humanos, as condicións contractual do marco de traballo, o fluxo de documentación, a xestión de proxecto e de calidade asi como as condicións de revisión por un 'segundo par de ollos'.

Sobre o EN 15038

O EN 15038: 2006 foi desenvolvido polo European Committee for Standards (CEN) para estabelecer e definir os requirimentos da provisión de servizos de fornecedores de servizos de tradución (FST ou TSP, polas súas siglas en inglés). O estándar acompaña o núcleo da tradución que inclúe o encargo, tradución, corrección, revisión, xestión de proxecto, control de calidade, trazabilidade e entrega. Axuda a describir e definir o servizo por completo e ofrece un conxunto de procedementos e boas prácticas relativas a todos os aspectos do proceso de tradución. O estándar EN 15038 non se pode aplicar a fornecedores de servizos de interpretación.

Beneficios da certificación EN 15038

O estándar EN 15038 pretende unificar a terminoloxía usada no campo da tradución, definir requirimentos básicos para os servizos lingüísticos e para crear un marco de interacción entre clientes e fornecedores de servizos en termos dos seus dereitos e obrigas.

Outros beneficios de certificación inclúen:

  • Alta confidencialidade co cliente
  • Mellora continua dos servizos
  • Resultados de alta calidade grazas a fluxos de traballo ben organizados
  • Marca de certificación que serve como proposta de única de venda (unique selling proposición, USP) en comunicacións corporativas.

Trasno

O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptalo aos procesos de tradución e localización de software á lingua galega así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre. Consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación, aprobación e integración.

A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000.

Ligazóns de interese

EN 15038